Xosé Luís Blanco Campaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Luís Blanco Campaña
Nacemento14 de marzo de 1948
 Camariñas
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Autónoma de Barcelona
Ocupaciónxornalista, escritor, presentador de televisión e locutor
CónxuxeGuadalupe Vázquez Alvite
Mª del Pilar Barba García
Fillosdous
Premiossen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Xosé Luís Blanco Campaña, nado en Camariñas o 14 de marzo de 1948, é un xornalista, escritor, locutor de radio, presentador de televisión e compositor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito e é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona. Iniciouse en EAJ-1 Ràdio Barcelona. Foi reporteiro da revista Lecturas. Traballou en Radio Peninsular e en Radio Nacional de España en Barcelona e na Coruña. Participou na fundación de Mundo Diario. Foi director de RNE en Santiago de Compostela, fundador e director da RTVG en 1985,[1] director xerente de Televisión de Galicia e director do centro territorial de Televisión Española en Galicia.[2] Tivo unha sección diaria en El Correo Gallego. Foi membro da SGAE[3] e é cabaleiro da Enxebre orde da vieira.[4]

Na TVG presentou Ruada, Con música propia e A noite en Blanco.

É compositor de máis dun cento de cancións en lingua galega, para artistas como Ana Kiro, Sito Mariño ou Petapouco[5] e foi asesor de música popular da Enciclopedia Galega Universal.

Obra escrita[editar | editar a fonte]

  • Camariñas, terra de palilleiras, 1991, Edicións Xerais de Galicia.
  • Cento cartorce cancións galegas, 1992, n.º 67 da Biblioteca 114, El Correo Gallego.
  • Radio e prensa na Galicia exterior, 1995, Xunta de Galicia.
  • Historia da radio en Galicia, 1999, Edicións Lea.
  • Manuel Fraga Iribarne, profesor, político, estadista, redactor da Constitución Española, presidente da Xunta de Galicia, 2001, Ir Indo.
  • Introdución á canción galega, 2004, Xunta de Galicia.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Entre outros, recibiu os seguintes recoñecementos:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]