Saltar ao contido

Servicio de urxencias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Servicio de urxencias
Tiposerie de televisión Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticocomedia de situación Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua galega Editar o valor en Wikidata
Autoría
Director/aXaime Fandiño Editar o valor en Wikidata
GuionistaSuso de Toro Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEspaña Editar o valor en Wikidata
Emisora orixinalTelevisión de Galicia Editar o valor en Wikidata
Datas
Comezo6 de outubro de 1989 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración13 minutos Editar o valor en Wikidata
Contacto
RedesIMDB: tt14193006 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Servicio de urxencias é unha serie de televisión galega realizada pola Televisión de Galicia. Foi a primeira serie de ficción de produción galega propia.[1]

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

A serie era unha minicomedia de situación, de apenas trece minutos, que se emitiu por primeira vez no programa de humor Velaí..., e que se emitiu de novo de xeito independente en 1991. Ambientada no servizo de urxencias dun hospital, parodiábase nun ton de humor negro as relacións entre os médicos e cos doentes con guión de Suso de Toro, algúns publicados en libro cun título homónimo en 2002.