Saltar ao contido

Josito Porto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosito Porto

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de maio de 1967 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , músico Editar o valor em Wikidata

Facebook: josito.porto.7 Instagram: josito_porto Editar o valor em Wikidata

Xosé Antonio Porto, máis coñecido como Josito Porto, nado en Vilagarcía de Arousa o 16 de maio de 1967, é un actor e músico galego.[1]

Ten participado en múltiples obras de teatro, series de televisión e programas como o Luar.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Interesouse dende novo polo teatro e a música, iniciándose na primeira metade da década de 1980 no grupo de teatro Clámide de Arealonga e na banda de gaitas Froalla.[2] En 1988 formou xunto a varios amigos, entre eles Manuel Seixas, a banda de rock Korosi Dansas, de estilo experimental e reivindicativo.[3] Con este grupo, no que cantaba e tocaba o baixo, editou dous discos e participou no Xabarín Club, aportando dous temas ("Os Ghalisáns" e "Xuntos e revoltos") ao compilatorio A cantar con Xabarín.[4] Trala separación da banda en 1997, formou o grupo Magritte xunto a músicos ourensáns.[2]

No ámbito teatral, participou en ducias de obras e dende os anos 90 traballou no Centro Dramático Galego, en Teatro de Adro e en Sarabela Teatro, poñéndose ás ordes de directores como Cándido Pazó, Quico Cadaval ou Lino Braxe.

Ten formación en varios cursos de música e arte dramática. Traballou no Centro Dramático Galego, en Teatro de Adro e en Sarabela Teatro.[5] Polos seus traballos teatrais foi galardoado ata seis veces nos Premios María Casares e resultou finalista en varios máis.[6]

O seu primeiro papel na televisión chegou na serie A familia Pita de 1997 e tras aparecer tamén en Mareas vivas deuse a coñecer ao gran público co seu papel de Tuto na serie de éxito da Televisión de Galicia Pratos combinados, papel que interpretou entre os anos 2000 e 2006.[2]

  • Directamente Paco (1991). Arre Producións
  • Xogos á hora da sesta (1992). Teatro do Malbarate. Dir.: Cándido Pazó
  • Directamente Paco II. O Retorno (1993). Arre Producións. Dir.: Quico Cadaval
  • Petición de man (1994). Teatro de Adro. Dir.: María Armesto
  • Nin me abandonarás nunca (1995). CDG. Dir.: M. Guede
  • Viaxe e fin de Don Frontán (1995). CDG. Dir.: Antonio Simón
  • Teatro Radiofónico (1995). Para a Radio Galega. Dir.: Lino Braxe
  • Mourenza (1996). Librescena. Dir.: X. M. Rabón
  • Nano (1997). Teatro de Adro. Dir.: Cándido Pazó
  • O barbeiro de Sevilla (1997). Librescena. Dir.: X. M. Rabón
  • Unha rosa é unha rosa. Unha comedia de medo (1997). Teatro do Noroeste. Dir.: Eduardo Alonso
  • Círculo (1999). Teatro de Adro. Dir.: Cándido Pazó
  • Bululú do linier (1999). Teatro de Adro. Dir.: Cándido Pazó
  • Se o vello Sinbad volvese ás illas (1999). CDG. Dir.: Fabio Mangolini
  • O lapis do carpinteiro (2000). Sarabela Teatro. Dir. Ánxeles Cuña
  • Sexismunda (2001). Sarabela Teatro. Dir. Ánxeles Cuña
  • Binomio de Newton (2002).Teatro de Adro. Dir.: Cándido Pazó
  • A Conxura dos necios. (2002). Sarabela Teatro. Dir. Ánxeles Cuña
  • Así que pasen cinco anos (2003). Sarabela Teatro. Dir. Ánxeles Cuña
  • Rolda de caricias (2004). Sarabela Teatro. Dir. Ánxeles Cuña
  • García  (2005). Teatro de Adro. Dir.: Cándido Pazó
  • O Heroe (2005). Sarabela Teatro. Dir. Ánxeles Cuña
  • Macbeth (2006). Sarabela Teatro. Dir.: Helena Pimenta
  • Carambola (2006). Lagarta Lagarta. Dir.: Lino Braxe
  • Comida Chinesa (2007). Teatro de Adro. Dir.: Lino Braxe
  • Margar no pazo do tempo (2007). Sarabela Teatro. Dir. Ánxeles Cuña
  • Dame veleno (eu tamén soñar) (2008). Sarabela Teatro. Dir. Ánxeles Cuña
  • A velada (2008). Teatro Proscrito. Dir.: Lino Braxe
  • A esmorga (2009). Sarabela Teatro. Dir. Ánxeles Cuña
  • O Incerto Señor Don Hamlet (2010). Sarabela Teatro. Dir. Ánxeles Cuña
  • Ai Carmela! (2010). Teatro de Adro. Dir.: Tito R. Asorey
  • Teatro Radiofónico do Diario cultural (2010). Para a Radio Galega. Dir.: Ánxeles Cuña.
  • Xeneración Nós (2011). Escénate. Dir.: Ana Carril
  • O Florido Pénsil (2011) Eme2/Tanttaka Teatroa. Dir.: Fernando Bernués e Mireia Gabilondo
  • A Viaxe a Ningunha Parte (2012). Sarabela Teatro. Dir. Ánxeles Cuña
  • Laretadas (2012). Monólogo.
  • As Mil Vidas de Matías Houseman (2013). Teatro de Adro. Dir.: Jose Prieto.
  • Ensaio sobre a cegueira (2015). Sarabela Teatro. Dir. Ánxeles Cuña
  • Cartoons (2021). Con Víctor Mosqueira. Excéntricas e Teatro de Adro
  • Smoke on the water (2022). Ibuprofeno Teatro[8]
  • Made in Galiza, de Séchu Sende (2023). Sarabela Teatro, dirixida por Fina Calleja, coa dramaturxia de Fernando Dacosta e interpretada polo propio Dacosta, Elena Seijo, Sabela Gago e Josito Porto.[9]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  • Korosi Dansas: grupo de 'rock de batea'
  • Magritte: banda pop-vrinciana con sons electrónicos
  • Factoría de Subsitencia: cantautor[6]
  • 1998: Premio María Casares de teatro ao mellor actor protagonista pola obra Nano.
  • 2002: Premio María Casares ao mellor actor secundario por Sexismunda.
  • 2013: Premio María Casares de teatro ao mellor actor protagonista pola obra As Mil Vidas de Matías Houseman.
  1. "Josito Porto". IMDb. Consultado o 2022-07-16. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Frieiro Santaya, Fátima. "Entrevista a Josito Porto, actor e músico". eSmás. Consultado o 23 de xuño de 2024. 
  3. "MANIFESTO "FUNDACIONAL". VERÁN 1988". manuelseixas.com. Consultado o 23 de xuño de 2024. 
  4. "O “rock de batea” de Korosi Dansas" (en castelán). 29 de maio de 2011. Consultado o 23 de xuño de 2024. 
  5. "Josito Porto AVG AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2022-07-16. 
  6. 6,0 6,1 "Josito Porto presenta as súas 'Laretadas' esta fin de semana en Cambados e Gondomar". Galicia Confidencial. Consultado o 2022-07-16. 
  7. "Josito Porto". aaag.gal. Consultado o 2022-07-16. 
  8. "Josito Porto: «Alucino cando vou por espazos que habitaba cando era neno»". La Voz de Galicia. 2022-02-28. Consultado o 2022-07-16. 
  9. Diario, Nós (2023-09-15). "Sarabela leva Sechu Sende ao teatro". Nós Diario. Consultado o 2023-09-16.