Miss Vaca (certame)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Miss Vaca Galicia é un concurso organizado anualmente polo programa Luar da Televisión de Galicia que ten por obxecto decidir cal é a vaca máis fermosa de Galicia do ano en cuestión. A primeira edición do concurso tivo lugar en 2006.
Funcionamento do concurso[editar | editar a fonte]
O concurso consiste de dúas fases claramente diferenciadas:
- Inicialmente, ábrese un período para que os donos das vacas poidan postular a algunha das súas reses como "Miss Vaca" da provincia galega que representan. Posteriormente, o programa designa un xurado que selecciona a unha "Miss Vaca" por cada unha das catro provincias galegas (Provincia da Coruña, Provincia de Lugo, Provincia de Ourense, Provincia de Pontevedra), entre todas as candidaturas presentadas.
- Finalmente, nunha sesión do Luar, as catro vacas finalistas son presentadas ao público e sométese a votación entre os telespectadores a decisión do título de "Miss Vaca Galicia"; isto é, a vaca máis fermosa de Galicia do ano en cuestión.
Resultados dos concursos[editar | editar a fonte]
Os resultados do concurso, ano a ano, foron os seguintes. As vacas gañadoras aparecen destacadas en grosa.
A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra | |
---|---|---|---|---|
2006 | Rubia | Luna | Miranda | Marela |
2007 | Bonita | |||
2008 | Preciosa | |||
2009 | Pantoja | |||
2010 | Cuca | |||
2011 | Linda | |||
2012 | ||||
2013 | Galleira | Lucera | Roxa | Xata |
2014 | ||||
2015 | ||||
2016 | Turi | Toura | Nogueira | Rubia |
2017 | Preciosa | Linda | Muñeca | Corneta |
2018 | Gallarda[1] | Macarena | Princesa | Cuca |
2019 | Pancha | Pastora | Gallarda | Clara |
2020 | Pastora | Mariposa[2] | Bonita | Cereixa |
2021 | Pucha | Teixa[3] | Nogueira | Varela |
2022 | Linda | Cachorra | Lucera | Rubia |
2023 | Blanca | Duquesa | Marela | Rubia |
O palmarés por provincia quedaría de tal maneira
Posto | Provincia | Títulos |
---|---|---|
1 | Lugo | 11 |
2 | A Coruña | 2 |
3 | Ourense | 1 |
3 | Pontevedra | 1 |
Outros premios[editar | editar a fonte]
Á vez do gran premio Miss Vaca, Luar dende 2013 tamén reparte unha serie de galardóns especiais a cada unha das catro vacas participantes, sendo estes galardóns o Miss Aloumiños, Miss Poderosa, Miss Donaire e Miss Lindos Ollos facendo referencia ao trazo máis significativo de cada vaca. Os galardóns dos últimos anos repartíronse da seguinte maneira:
Miss Poderosa | Miss Aloumiños | Miss Donaire | Miss Lindos Ollos | |
---|---|---|---|---|
2013 | Galleira (A Coruña) | Roxa (Ourense) | Lucera (Lugo) | Xata (Pontevedra) |
2014 | ||||
2015 | ||||
2016 | Toura (Lugo) | Turi (A Coruña) | Nogueira (Ourense) | Rubia (Pontevedra) |
2017 | Linda (Lugo) | Corneta (Pontevedra) | Preciosa (A Coruña) | Muñeca (Ourense) |
2018 | Gallarda (A Coruña) | Princesa (Ourense) | Macarena(Lugo) | Cuca (Pontevedra) |
2019 | Pancha (A Coruña) | Clara (Pontevedra) | Gallarda (Ourense) | Pastora (Lugo) |
2020 | Pastora (A Coruña) | Bonita (Ourense) | Cereixa (Pontevedra) | Mariposa (Lugo) |
2021 | Teixa (Lugo) | Pucha (A Coruña) | Nogueira (Ourense) | Varela (Pontevedra) |
2022 | Rubia (Pontevedra) | Cachorra (Lugo) | Linda (A Coruña) | Lucera (Ourense) |
2023 | Blanca (A Coruña) | Marela (Ourense) | Duquesa (Lugo) | Rubia (Pontevedra) |
Miss Poderosa | Miss Aloumiños | Miss Donaire | Miss Lindos Ollos | |
---|---|---|---|---|
A Coruña | 5 | 2 | 2 | 0 |
Lugo | 3 | 1 | 3 | 2 |
Ourense | 0 | 4 | 3 | 2 |
Pontevedra | 1 | 2 | 1 | 5 |
Cabe resaltar que ningunha Miss Donaire gañou o Miss Vaca, pola contra parece que as Miss Poderosa teñen máis posibilidades de gañar o concurso.
Miss Vaca | |
---|---|
Miss Poderosa | 6 |
Miss Aloumiños | 1 |
Miss Donaire | 0 |
Miss Lindos Ollos | 2 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Redacción (23 de xuño de 2018). "Gallarda, da Coruña, proclámase Miss Vaca 2018!". crtvg.es. Consultado o 11 de xullo de 2021.
- ↑ Redacción (18 de xullo de 2020). "Mariposa, de Lugo, 'Miss vaca 2020". crtvg.es. Consultado o 11 de xullo de 2021.
- ↑ Redacción (10 de xullo de 2021). "La corguesa Teixa se corona en Miss Vaca 2021". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2021.