Superamigos
Aparencia
| Superamigos | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
Superamigos foi un programa infantil emitido na TVG entre 1989 e 1990.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]A presentación e dirección do programa corrían a cargo de Rosa María Tebar e contaba coa axuda dun monicreque de nome Espantallo. O programa incluía concursos para os rapaces, contos en galego e inglés e series de debuxos animados como Os Pitufos, Laurel e Hardy, Os Supersónicos, Superman ou Tarzán.