Saltar ao contido

Alalá (programa de televisión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alalá
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Lingua orixinal
Implicados
 Presentador/a
 Director/a
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
14 de febreiro de 2006 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
25 de decembro de 2017 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Duración
 30 min Editar o valor en Wikidata
Nº de episodios218 Editar o valor en Wikidata
Nº de tempadas7 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt0878794 Facebook: Alala.TVG Youtube: UC5vZ66dc0OF1o3mumctAX6A Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Alalá é un programa documental adicado á música tradicional galega, emitido pola Televisión de Galicia. Este espazo semanal, que se emitía os martes a partir das 21:35 h., estivo dirixido por Senén Bernárdez Ferrán e presentado por Pilar García Rego e emitiu sete temporadas.

Acotío, paso a paso e grazas ás iniciativas de xente anónima, moitas xoias do saber tradicional poden incorporarse á vida cotiá moderna, impedindo que se esqueza para sempre este valor cultural. Unha das ideas esenciais de Alalá é a de relacionar a música tradicional galega e outras formas de patrimonio oral co contorno social e laboral de quen se dedica a ela, co fin de expandir a memoria do folclore galego.

O que propón Alalá é unha revisión do xeito en que a televisión difunde esta tradición musical, e así encadra a actuación dun grupo dentro do seu marco social, laboral ou persoal. Amosarase como e por que vías (tradicional, familiar ou aprendizaxe) xorden agrupacións nacidas en circunstancias ben diferentes. Séguese o proceso de recollida de pezas desde as súas fontes -testemuños directos de xente maior- ata a posta en práctica por unha agrupación de xente nova e finalmente obsérvanse as diferenzas, se as hai, dunha determinada expresión na Galicia interior, na marítima ou mesmo no norte de Portugal.

As gravacións realízanse sempre in situ, achegándose aos membros dos grupos nos seus lugares de traballo, familiares ou de lecer, e personalizando a cada un dos seus compoñentes. Coa cámara na man, Alalá busca sempre a espontaneidade nas gravacións e cada programa é unha historia capaz de interesar e de ser percibida con emoción por unha gran parte do público.

Algúns dos entrevistados foron Malvela, Treixadura, as Cantareiras de Laxoso, Rosa de Moscoxo, Leilía, Emilio do Pando, Hermelinda do Muíño, Concha de Luneda, Felicia de Fofe...[1]

Ficha técnica

[editar | editar a fonte]
Pilar García Rego, presentadora do programa.
  • Dirección e creación do formato: Senén Bernárdez Ferrán
  • Realización: Senén Bernárdez, Fernando G. Moreiras e Juliana González.
  • Produción: Fina Cibeira e Manuel Viqueira
  • Guión: Arturo Fernández, Teresa Abuín, Chefi Vázquez e Pilar García Rego.
  • Presentación: Pilar García Rego
  • Asesores musicais: Uxía, Pablo Carpintero Arias, Juanjo Fernández, Félix e Cástor Castro, Xaime Éstévez, Oscar Ibáñez...
  • Sintonía: «O Melro», peza do álbum Unha noite no muíño do grupo Treixadura

Audiencias, críticas, premios

[editar | editar a fonte]

Alalá acadou un grande éxito de audiencia e crítica, superando en porcentaxes de audiencia á media da cadea en prime time e con índices sempre crecentes entre o principio e o fin do programa.[2]

O feito de que un programa cultural se emitise en prime-time (horario de máxima audiencia), constituíu un feito fundamental na traxectoria non só de Televisión de Galicia senón das emisoras públicas en España. Alalá representaba como poucos programas a conciliación entre o necesario éxito de público e a función de servizo público que necesariamente e, segundo a súa intención e definición xurídica, deben ter as televisións autonómicas e públicas en xeral.

Como recoñecemento ó traballo de difusión e preservación da cultura tradicional galega, Alalá recibiu múltiples premios: Premio da Crítica Galega no apartado musical, Premio Galicia de Comunicación 2007 ó mellor programa de televisión[3], Premio da Academia da Televisión Española ó mellor programa musical, Premio do “Recuncho da Palleta” do programa Lume na Palleira, Premios polo seu traballo de difusión da música e cultura tradicional galega “Constantino Bellón”, de Ferrol, e “Gomes Mouro”, de Ourense, o Gaita de Ouro Constantino Bellón do Ateneo Ferrolán[4].

As súas boas audiencias situárono tempada tras tempada entre os 8 primeiros da clasificación dos programas galegos máis vistos. Malia isto, o programa foi eliminado da programación da TVG, despois de 210 emisións, no ano 2013.[5] Aínda que logo se fixeron oito programas adicionais, o derradeiro foi gravado no Mosteiro de Carboeiro e emitido o 25 de decembro do 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]