A mellor televisión do mundo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A mellor televisión do mundo
Creado por Manuel Abad
Presentado por Manuel Abad, Ana Cermeño, Mercedes Suárez e Carmen Rábade
Cadea TVG
Día da estrea 23 de xullo de 1987
Nº de temporadas 1
Páxina web oficial

A mellor televisión do mundo foi un programa semanal da Televisión de Galicia que se emitiu na tempada 1987-1988, dirixíao Manuel Abad quen tamén o presentaba xunto con Ana Cermeño, Mercedes Suárez e Carmen Rábade. O programa estaba dedicado á televisión e nel emitíanse producións, tanto de ficción como documentais, de todo o mundo que polo seu carácter anovador ou polos seus recursos expresivos experimentais constituísen exemplos notorios de televisión de calidade. En cada programa preséntabase unha xustificación da elección da produción que se ía emitir, traducida ou subtitulada, na primeira emisión presentouse o telefilme da Channel Four británica Max Headroom: 20 Minutes into the Future, onde aparecía Max Headroom, unha animación que semellaba xerada por computador e que se converteu nun carácter recurrente do programa.