Conversa modelo:Programación da TVG

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O usuario Cheluco está a crear moitos artigos que perfectamente poderían estar dentro deste modelo. Coido que cumpría amplialo e pechalo por defecto para aquelas páxinas onde o aquelemos. --Atobar (conversa comigo) 18:28, 14 de setembro de 2010 (UTC)

Pero non creo que se deban meter todos os programas da TVG, creo que debería haber unha selección, con que criterios sería cuestión de falalo.--Cheluco 18:53, 14 de setembro de 2010 (UTC)
Por exemplo chama a atención que estean Galicia noticias estea nas versións da mañá e do serán e o Telexornal sexa xeral.--Cheluco 19:16, 14 de setembro de 2010 (UTC)
Tampouco sei se é bo dividilos entre históricos e en antena, moitos programas repítense ben sexa na tvG2 ou nas canles para Europa e América, e a situación pode variar en calquera momento, quizais de dividir fora mellor por décadas ou algo así.--Cheluco 19:24, 14 de setembro de 2010 (UTC)

Se pensas que podes melloralo, mételle man sen medo, Cheluco, que diso se trata. Tamén se pode por para que saia pregado por defecto, e so se despregue cando se prema en [amosar], dígoo para que fora menos "invasivo" nos artigos pequenos. Se queredes facelo e non sabedes... preguntade. O que non entendo moi ben é o que dis ti, Alejandro, a que te refires con "pechalo por defecto"? ó mesmo que dixen eu ou a outra cousa?--. HombreDHojalata.conversa 19:51, 14 de setembro de 2010 (UTC)

Eu entendo que se refire ao mesmo ca ti, Hojalata. O código é: state = collapsed, se non me lembro mal. --Toliño Fala aquí comigo 08:51, 15 de setembro de 2010 (UTC)
Si, a iso que explicaches ti. Pechalo por defecto, 'collapsed'. --Atobar (conversa comigo) 09:04, 15 de setembro de 2010 (UTC)
Podo intentar unha modificación pero para min iso do que falades máis arriba é chino.--Cheluco 13:57, 15 de setembro de 2010 (UTC)
Agora xa o entendín, mira ti que era fácil.--Cheluco 14:03, 15 de setembro de 2010 (UTC)
Que vós parece un modelo dese estilo, o que non sei é como poñer produción propia no modelo para que abranga todas as décadas, agora é cando collo pola man o de se non sabedes ...preguntade.--Cheluco 14:22, 15 de setembro de 2010 (UTC)
Estou a agrupar os programas segundo a data de comezo, así o telexornal vai na década de 1980 por moito que siga existindo, tamén optei por metelo como un só artigo sen especificar edición.--Cheluco 14:41, 15 de setembro de 2010 (UTC)
Agora teño que deixalo ata máis tarde, se alguén quere continuar ata daquela...--Cheluco 14:53, 15 de setembro de 2010 (UTC)

División entre series e programas[editar a fonte]

Creo que sería funcional dividir cada década entre series e programas en xeral, na década dos 80 non fai falta ao non se facer series propias pero no resto das décadas si, o problema é que non sei como facer esa división así que se alguén me di como se fai, ou se me pode botar unha man facéndoo directamente.--Cheluco 19:42, 15 de setembro de 2010 (UTC)

Dentro da list1 tes que ir metendo:


{{Navbox subgroup
           | groupstyle = 
           | liststyle  = 

|group1 = [[Nome do subgrupo1]]
|list1  = artigo - artigo - artigo 

|group2 = [[Nome do subgrupo2]]
|list2  = artigo - artigo - artigo 

... ... ...

          }} 

E así sucesivamente--. HombreDHojalata.conversa 20:09, 15 de setembro de 2010 (UTC)

Gtazas, agora está un pouco atrapallado pero penso que o poderei rematar mañá--Cheluco 20:39, 15 de setembro de 2010 (UTC)
Tranquilo, presa non debe haber--. HombreDHojalata.conversa 22:22, 15 de setembro de 2010 (UTC)

Desfeita[editar a fonte]

Cometín un erro, metín programas dos 90 na década dos 80 creo que xa os corrixín todos pero se vedes algún mal colocado avisade.--Cheluco 18:47, 16 de setembro de 2010 (UTC)

Criterios[editar a fonte]

Seguramente faltarán programas e pode que algún por despiste estea metido nunha década trabucada, optei por non meter animación xa que a maioría se emitiu (de primeiro ou repetida) no Xabarín Club, e engadir todas as series faría o modelo longuísimo, sería mellor que Xabarín Club tivera o seu propio modelo e aínda que polo de agora tvG2 non ten unha personalidade moi acusada no futuro é posible que haxa que facerlle un modelo específico para esa canle. --Cheluco 10:25, 18 de setembro de 2010 (UTC)

Concordo co exposto. --Toliño Fala aquí comigo 10:35, 18 de setembro de 2010 (UTC)