Noelia Rey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNoelia Rey
Biografía
Nacemento9 de abril de 1995 Editar o valor em Wikidata (29 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
Premios

Facebook: Noelia-Rey-100007784745759 Twitter: noeliarrey Instagram: noeliarey Editar o valor em Wikidata

Noelia Rodríguez Rey, máis coñecida como Noelia Rey, nada en Ourense o 9 de abril de 1995, é unha xornalista galega de televisión.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou secundaria no IES Otero Pedrayo e licenciouse en xornalismo na Universidade de Santiago. Ten un Mestrado en Xornalismo en Radio, TV e Multimedia, Xornalismo audiovisual na Escuela Superior de Imagen y Sonido CES de Madrid.

Fixo prácticas en La Voz de Galicia (Ourense) e foi redactora en Mediaset España e bolseira da CRTVG. Xornalista en Produciones Audiovisuales SETE MEDIA SL, colaborou con Galicia Noticias Serán, presentou Cantas ou non, traballou en Adiviña quen ven esta tarde e Aquí Galicia, e como reporteira, guionista e colaboradora en Malicia Noticias,[2] todos na TVG. En 2021 participou no Land Rover[3] e en 2022 tamén no Luar.

En xuño de 2022 comezou a presentar na TVG Vaia troula![4]

O 31 de decembro de 2021 foi a encargada, xunto con Arturo Fernández e Teresa Portela, de dar as badaladas de ano vello na TVG.[5] Repetiu en 2023 con Xosé Ramón Gayoso e Rocío Durán.[6]

Premios[editar | editar a fonte]

  • 2022: Premio europeo CIRCOM como ‘Novo talento en Pantalla’ 2022.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]