Ricardo de Barreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRicardo de Barreiro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de decembro de 1974 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Merelle, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1239263 Allocine: 258489 Editar o valor em Wikidata

Ricardo de Barreiro Calo, nado en Merelle (Tállara, Lousame) o 2 de decembro de 1974, é un actor, pintor, poeta e creador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela, formouse no Teatro do Curro en Noia e en obradoiros de José Campanari.[1]

Como actor traballou en películas como Lobos sucios, O descoñecido, Celda 211, 18 comidas, Encallados, Os xirasoles cegos, Vilamor, Somos xente honrada, Pradolongo ou After, e en series como Matalobos, Luci, Amar es para siempre, Doctor Mateo, Fariña e O sabor das margaridas.

Como pintor expuxo as súas obras por Galicia.[2]

Como escritor é co-autor xunto con Rafael G. García e Xavier Estévez Montoto de Merda, un texto teatral no que exercía como único actor e que lle supuxo a súa entrada na escena teatral. En 2013 publicou o poemario Sobre o desamor e outras mariconadas, que inclúe varios cadros seus e que presentou como proposta escénica canda ao guitarrista Guillerme Fernández. En 2018 publicou A+A, con ilustracións de RdeB.

Libros de poesía[editar | editar a fonte]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Longametraxes[editar | editar a fonte]

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

  • Inútil, como Peras. Dir. Paco Rañal (2001)
  • Lobos, como Thor. Dir. Dani de la Torre (2004)
  • Sin plomo, como Ricardo. Dir. Jorge Saavedra Mancebo (2006)
  • Bos días, elenco. Dir. Dani de la Torre (2006)
  • Servicio a domicilio, como Valentín. Dir. Jorge Saavedra Mancebo (2006)
  • Summons, como un policía. Dir. Mario Carbajosa (2012)
  • Einstein-Rosen, como Teo. Dir. Olga Osorio (2016)

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Merda
  • A piragua. Cía. CGD y Abrapalabra
  • As actas escuras. Cía. CDG
  • Sobre o desamor e outras mariconadas. Cía. Viscirón
  • O tolleito de Inishmaan. Cía. Contraproduccións

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • Mención especial do xurado na VII Mostra de Curtas Vila de Noia por Servicio a domicilio (2005)
  • Premio especial na X Mostra de Curtas de Noia (2008)
  • Terceiro premio de teatro A Pousada das Ánimas de Boiro (2013)

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Filme Resultado
2011 Mellor actor secundario Matalobos (serie) Nomeado
2013 Mellor actor secundario Somos xente honrada Gañador
2015 Mellor actor secundario Lobos sucios Nomeado

Festival de Cans[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Filme Resultado
2006 Premio do xurado ao mellor actor Bos días Gañador
2017 Premio do xurado ao mellor actor (ex aequo Xúlio Abonjo) Einstein-Rosen Gañador

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ricardo de Barreiro". culturagalega.gal. Consultado o 23/12/2018. 
  2. "O actor Ricardo de Barreiro amósanos a súa faceta como pintor". crtvg.es. Consultado o 23/12/2018. 
  3. Estévez Iglesias, Adrián (09/04/2016). "Lecturas desde O Alcouce: 'Sobre o desamor e outras mariconadas'". pontevedraviva.com. Consultado o 22/12/2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]