Mariana Carballal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mariana Carballal
Mariana en pi.jpg
Nome completoMariana Fernández Pérez
Nacemento1962
LugarMonterrei
NacionalidadeEspaña
Educada enUniversidade da Coruña
ProfesiónActriz, directora, guionista e profesora
editar datos en Wikidata ]

Mariana Fernández Pérez, nada en Albarellos (Monterrei) o 10 de febreiro de 1962, é unha actriz e directora galega, máis coñecida como Mariana Carballal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse como intérprete, directora e pedagoga. É licenciada pola Real Escuela Superior de Arte Dramático y Danza (RESAD), en 1983, cun posgrao en estudos teatrais pola Universidade da Coruña, en 2002. Posúe o Diploma de Estudos Avanzados (DEA) en Expresión corporal, teatro e sociedade pola Universidade da Coruña (2006) e mais o de Dirección de actores pola Universidade de San Antonio de Los Baños (Cuba) (2007).

Nos inicios da súa carreira como intérprete adicouse ao teatro traballando co Teatro de Cámara de Madrid, o Teatro Yeses (Teatro de la Cárcel de Elena Cánovas) e o Centro Dramático Galego, baixo a dirección de Ángel Gutierrez, Rafael Magano, Elena Cánovas, Xosé Martíns, Eduardo Alonso ou Manuel Areoso, entre outros. Esta dedicación decrece paseniñamente á medida que aumenta a súa actividade cinematográfica, televisiva e docente.

Traballou como intérprete en diversas series de televisión e películas, e acadaou unha gran popularidade co personaxe de Maribel no Show dos Tonechos. Destacou como directora de casting e primeira directora da serie Libro de Familia, que conserva o récord de permanencia na TVG. Dirixiu, tamén para a TVG, a gale-com da súa creación Escoba!.

Actualmente exerce como profesora de Dirección Escénica na Universidade de Vigo e de Interpretación e Interpretación para Cámara na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

En 2004 foille concedido o premio Galicia en Feminino outorgado pola Xunta de Galicia e o Premio Macara de teatro. No 2016 recibiu o XOCIVIGA de honra.

Obra[editar | editar a fonte]

Películas[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]