Pedro Brandariz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPedro Brandariz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de febreiro de 1978 Editar o valor em Wikidata
San Pedro de Nós, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de febreiro de 2022 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Calo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm3884636 Dialnet: 3349409 Editar o valor em Wikidata

Pedro Brandariz Gómez, nado en San Pedro de Nós (Oleiros) o 11 de febreiro de 1978 e finado en Calo (Teo) o 22 de febreiro de 2022,[1] foi un actor e monologuista galego. Formou parte da compañía teatral galega Teatro do Astracán, fundada en 2012.[2]

No mesmo ano do seu pasamento, recibiu unha homenaxe do concello da Coruña ao ser situada unha silueta súa na céntrica Praza do Humor.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi colaborador da CRTVG, participando en programas como o Luar. No ano 2018, recibiu un Mestre Mateo na 16ª edición dos premios á mellor serie web por Peter Brandon, unha vida pola comedia, na que participaron os actores Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro. No ano 2022, recibiu postumamente un Premio Mestre Mateo na 20ª edición dos premios ao mellor actor pola súa actuación en Jacinto.[4]

Entre os seus espectáculos, salientan Os poderes de Rosalía, Contos Choqueiras e O Inventor das Palabras.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Falece o actor e contacontos Pedro Brandariz". Diario Nós. 22 de febreiro de 2022. Consultado o 22 de febreiro de 2022. 
  2. "Teatro do Astracán". teatrodoastracan.blogspot.com.es (en castelán). Consultado o 2018-04-24. 
  3. "A Coruña disporá unha lembranza eterna na praza do Humor para Pedro Brandariz". El Correo Gallego. 
  4. "'Hierro' triunfa en los Mestre Mateo, que reconocen al fallecido Pedro Brandariz". Quincemil (A Coruña). 20 de marzo de 2022. Consultado o 20 de marzo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]