Saltar ao contido

Cabaleiros con aquel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cabaleiros con aquel
Imaxe
 Instancia de
 Título
The League of Gentlemen (en) Editar o valor en Wikidata
Características
 Xénero artístico
 Formato de distribución
 Lingua orixinal
Implicados
 Creador/a
 Director/a
 Compositor/a
 Distribuidor/a
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
11 de xaneiro de 1999 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
31 de outubro de 2002 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Duración30 min Editar o valor en Wikidata
Nº de episodios19 Editar o valor en Wikidata
Nº de tempadas3 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/015rj8 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt0184135 Allocine: 8072 TV.com: shows/league-of-gentlemen
Musicbrainz: 98d01605-2475-4884-95a5-96091c8d61a6 Discogs: 545719 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Cabaleiros con aquel[1] foi unha comedia producida pola BBC do ano 1999 e emitida pola TVG no ano 2001 e reemitida no 2006 protagonizada por The league of gentlemen, un cuarteto de humoristas formado en 1995 por Jeremy Dyson, Mark Gatiss, Steve Pemberton e Reece Shearsmith, e que colleron sona con ela.

Argumento

[editar | editar a fonte]

Trátase dunha sitcom ambientada nunha pequena vila inglesa do interior. Contén elementos de terror e humor inglés, e segue as vidas de decenas de habitantes bizarros da cidade, interpretados por Gatiss, Pemberton e Shearsmith, usando para iso unha serie de disfraces e maquillaxes. A serie de televisión foi filmada principalmente en Hadfield, pero tamén en Glossop, Gamesley, Marsden, Mottram, Hope Valley (Derbyshire) e Todmorden.

O argumento principal comezaba en torno á construción dunha estrada pola vila de Roston Vasey, pero logo seguía con outros marcos argumentais acerca das relacións entre as distintas personaxes, seguindo a vida dos excéntricos habitantes desta vila, parodiando actos cotiás e mesmo típicas escenas do cinema de terror dos 80.

  1. Ficha da serie en culturagalega.org