Saltar ao contido

Faíscas da lingua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Faíscas da lingua
 Título
   Faíscas da lingua (gl) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Lingua orixinal
Implicados
 Guionista
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
1986 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
1987 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Número de episodios
   124 Editar o valor en Wikidata
 Duración
   3 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Wikidata

Faíscas da lingua foi un programa divulgativo da Televisión de Galicia, o primeiro programa de televisión dedicado á aprendizaxe da lingua galega. Emitiuse durante os anos 1986 e 1987.

O programa tiña unha duración variable, pero moi curta, entre dous e tres minutos. Os seus 124 capítulos principiaban cunha cántiga ou unha unidade fraseolóxica, que ben podía ser un refrán ou unha adiviña, coa que se reflectía algún aspecto do galego, especialmente do léxico. Os textos eran da autoría de Carme Hermida.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Rosario Pérez Magdalena A aprendizaxe da lingua galega no ensino non regrado de adultos. Consello da Cultura Galega, 2002