Saltar ao contido

Arroz con chícharos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arroz con chícharos
 Instancia de
 Lingua orixinal
Autoría
 Presentador/a
Publicación
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
3 de outubro de 1990 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Duración20 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Wikidata

Arroz con chícharos foi un programa da Televisión de Galicia que se emitiu na tempada 1990-1991 dedicado á realización de receitas de cociña e ofrecer información sobre a gastronomía e o mundo do cosumo, dirixíao Xosé Cermeño e presentábao Susana Dans.

En cada programa había un cociñeiro convidado que tras unha primeira presentación realizaba dúas receitas, a colaboradora Carmen Parada falaba dalgún dos produtos que precisaba esas receitas e o doutor Juan Jesús Gestal comentaba as cualidades nutriciais ou medicinais de diversos alimentos.