Camila Bossa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Camila Bossa
Nacemento1973
Lugar de nacementoBogotá
NacionalidadeColombia e España
Ocupaciónactriz
NaiPilar Pereira
Na rede
https://camilabossa.es/
IMDB: nm0098090 Twitter: bossa_ca Instagram: lacamibossa Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Camila Bossa Pereira, nada en Bogotá (Colombia) en 1973,[1][2] é unha actriz galega de cinema, teatro e televisión.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É filla da actriz Pilar Pereira. Comezou actuando en 1994 no teatro universitario en Santiago de Compostela. En 1996 apareceu no programa da TVG Luar e en Pratos combinados, mais o seu éxito definitivo foi no papel de Belinda en Mareas vivas, que interpretou durante case catro anos entre 1999 e 2002.

Ao longo da súa traxectoria participou en numerosas series da TVG, tales como Hospital Real, Serramoura, Escoba!, As leis de Celavella ou Matalobos,[3] que lle valeu o Premio Mestre Mateo 2009 á mellor interpretación feminina secundaria. Recentemente participou na exitosa serie de Netflix El desorden que dejas (2020).

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cinema[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Notas Ref.
1994 Aproba! Curtametraxe [3]
1998 Décimo aniversario Curtametraxe [4]
A caixa negra Curtametraxe [5]
2000 Tanto ten Curtametraxe [4]
2001 Inútil Moza de Andrés Curtametraxe [4]
2002 Bobo Furcia Curtametraxe [4]
2003 Ilegal Mónica [4]
O trasto Lucía Curtametraxe [4][6]
2004 El último peldaño Moza do público Curtametraxe [4]
O ano da carracha Rosa [4]
2005 Heroína Gloria [4]
O don da dúbida Camila [4][7]
2006 Bechos raros Curtametraxe [4]
2007 Rosita y Jacinto Rosita Curtametraxe [4]
2008 A xinecóloga A xinecóloga Curtametraxe [4][8]
A noite que deixou de chover [4]
2009 Conciencias tranquilas Curtametraxe [4]
Coser e cantar Curtametraxe [4]
Dies Dei Curtametraxe [4]
2010 18 comidas Ana [4]
2011 Me llamo Rama Curtametraxe [4]
La increíble historia de Macareno y la puta milagrosa Sarita Curtametraxe [4]
In Memoriam Curtametraxe [4]
Lobos de Arga Reporteira [4]
2012 Conversa cunha muller morta Elena Curtametraxe [4]
Mr. Smith & Mrs. Wesson Mrs. Wesson Curtametraxe [4]
2013 Amateur Ana [4]
2015 Little Galicia [4]
O descoñecido Médico [4]
2016 Share o no share Reporteira Curtametraxe [4]
2017 Paxaro escuro Curtametraxe [4]
2018 El jefe Rosa Campos Curtametraxe [4]

Televisión[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Notas Ref.
1992 Luar Programa de televisión [4]
1997 Pratos combinados Arxentina 1 episodio: "A recomendación" [4]
Galicia terra única Serie de televisión [4]
1999 - 2002 Mareas vivas Belinda Romero Personaxe recorrente. 124 episodios. [4][9]
2003 Código fuego 1 episodio: "Héroes" [4]
2003 - 2005 As leis de Celavella Inés 23 episodios. [4]
2004 Cota vermella Vanessa Telefilme [4]
Máxima audiencia Serie de televisión [4]
2005 Hospital Central Marisa 1 episodio: "Correr tras el viento" [4]
2006 Zapping Comando Varios personaxes [4]
Mundo verbena Presentadora [4]
2008 Cuestión de sexo 1 episodio: "La oportunidad" [4]
A mariñeira María Telefilme [4]
2009 O club da calceta Pitusa Telefilme [4]
2009 - 2011 Matalobos Adriana Calderón Arango Personaxe recorrente. 61 episodios. [4]
2010 Romántica [4]
2011 Piratas 2 episodios: "El tesoro de Yáñez" e "Cómo nace una leyenda" [4]
Sinbad Telefilme [4]
2012-2013 Escoba! 11 episodios [4]
2013 El quid Martina Suárez [4]
2014 Fútbol de Alterne Telefilme [4]
El tiempo entre costuras Sra. Ribeiro 1 episodio: "Regreso al ayer" [4]
Luci Monitora 1 episodio: "Luci no ximnasio" [4]
Casa Manola Susana 1 episodio: "A ilusión do principio" [4]
Códice Sabela Telefilme [4]
2015 Hospital Real Alicia Bermúdez 15 episodios. [4]
2016 Serramoura 4ª tempada, 2 episodios: "Segregos enterrados" e "Os pecados dos pais" [4]
2018 El punto frío Nai Rocío Todos os 6 episodios [4]
Vivir sin permiso Gloria Noya Todos os 7 episodios [4]
2019 Lobos e cordeiros Josefa 3 episodios. [4]
2020 El desorden que dejas Isa Todos os 8 episodios. [4]
2020 - 2022 La unidad Todos os 7 episodios. [4]

Teatro[editar | editar a fonte]

Ano Obra Director/a Ref.
1994 Contrátenos, por favor Pilar Pereira [3]
2000 A burla do galo Xan Cejudo [3]
Un lunar vermello Quico Cadaval [3]
2012 - 2015 Malos hábitos José Prieto [3]
2022 Ás oito da tarde, cando morren as nais Marta Pazos [10]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Título Resultado
2004 Mellor actriz secundaria O ano da carracha Gañadora
2005 Mellor actriz secundaria As leis de Celavella Candidata
2008 Mellor actriz A mariñeira Candidata
2009 Mellor actriz secundaria Matalobos Gañadora
2010 Mellor actriz secundaria 18 comidas Candidata
2011 Mellor actriz secundaria Matalobos Gañadora

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Camila Bossa no Portal do Audiovisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 27 de xuño de 2022. 
  2. "Camila Bossa". formulatv.com. Consultado o 27 de xuño de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Camila Bossa (bio)". camilabossa.es. Consultado o 27 de xuño de 2022. 
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 4,13 4,14 4,15 4,16 4,17 4,18 4,19 4,20 4,21 4,22 4,23 4,24 4,25 4,26 4,27 4,28 4,29 4,30 4,31 4,32 4,33 4,34 4,35 4,36 4,37 4,38 4,39 4,40 4,41 4,42 4,43 4,44 4,45 4,46 4,47 4,48 4,49 4,50 4,51 4,52 4,53 4,54 4,55 4,56 4,57 4,58 4,59 4,60 4,61 "Camila Bossa". Internet Movie Database. Consultado o 27 de xuño de 2022. 
  5. "A caixa negra". culturagalega.gal. Consultado o 27 de xuño de 2022. 
  6. "O trasto". engalecine6. Consultado o 27 de xuño de 2022. 
  7. "O don da dúbida". culturagalega.gal. Consultado o 27 de xuño de 2022. 
  8. "A xinecóloga". engalecine6. Consultado o 27 de xuño de 2022. 
  9. "Historias de Portozás". Nós Diario. 21 de maio de 2019. Consultado o 27 de xuño de 2022. 
  10. ""Ás oito da tarde, cando morren as nais", a estrea máis esperada nesta Semana Santa". erreguete.gal. Consultado o 27 de xuño de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]