Xosé Antonio Touriñán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé Antonio Touriñán
Entrevista en Nós TV
Nome completoXosé Antonio Touriñán Rodríguez
Nacemento16 de marzo de 1980
LugarCastelo
NacionalidadeEspaña
ProfesiónActor, cómico, presentador
Na rede
https://www.tourinhan.gal
IMDB: nm2673123 Facebook: tourinhan Twitter: xatouri Instagram: touri Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Xosé Antonio Touriñán Rodríguez, nado o 16 de marzo de 1980, en Castelo, Culleredo, é un actor, humorista e presentador de televisión galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras formarse no teatro escolar en Tarrío e no Instituto Crucero Baleares (Culleredo), a principios do 2000 creou con Marcos Pereiro o dúo cómico Os 2 de Sempre, unha proposta que acadou sona co espectáculo as Cantareiras de Ardebullo, no que Touriñán interpretaba a Mucha. En 2012 dirixiu e presentou Tourilandia.

No ano 2007 abriu en Carral xunta Marcos Pereiro o local de espectáculos e concertos Sala The Star, que se mantivo activo até 2012. 

No 2009 fundou, tamén con Marcos Pereiro como socio, a súa propia produtora, Airapro Producións, unha pequena empresa con sede en Carral e Betanzos, que traballa no sector audiovisual e da representación artística, xestionando grupos musicais e humoristas como Heredeiros da Crus, Pepo Suevos e as propias Cantareiras de Ardebullo. Licenciado en Filoloxía Galega e pai de dous fillos, Touriñán ten participado noutros programas, series e filmes, como Padre CasaresBotarse ao monteEra visto!Land RoberOs fenómenos ou os premios Mestre Mateo, dos que foi o presentador dous anos consecutivos.

En 2018 traballou na serie de Antena 3 Fariña, baseada no libro homónimo de Nacho Carretero, e onde interpretou a un dos fillos do traficante Manuel Charlín. Dende 2021 presenta xunto con Marta Hazas para TVE o programa de viaxes Rutas bizarras, emitido en La 2.[1]

Filmografía como actor[editar | editar a fonte]

Xosé Antonio Touriñán no espectáculo de Mucha e Nucha, as Cantareiras de Ardebullo, nas festas do Carme de Marín

Como presentador de televisión[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Título Resultado
2009 Mellor comunicador Botarse ao monte Nomeado
2011 Mellor comunicador Un soño de Nadal Nomeado
2012 Mellor comunicador Tourilandia Nomeado
2013 Mellor comunicador A casa da conexa Nomeado
2014 Mellor actor secundario Os fenómenos Nomeado
Mellor comunicador A casa da conexa Nomeado
2018 Mellor actor Land Róber Tunai Show Nomeado
2021 Mellor actor Cuñados Nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "‘Rutas bizarras’ vuelve a La 2 para recorrer el Camino de Santiago". La Opinión A Coruña (en castelán). 19 de abril de 2022. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  2. Tourilandia na páxina da Televisión de Galicia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]