Belén Constenla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Belén Constenla
Belén Constenla.JPG
Belén Constenla
Nome completo María Belén Martínez Constenla
Nacemento 1961
Madrid
Profesión actriz

Belén Martínez Constenla, nada en Madrid en 1961, é unha actriz galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Actriz de teatro, desde o ano 1986 actuou coas compañías Teatro Caritel, Centro Dramático Galego (1989-2001), Teatro do Noroeste, Espello Cóncavo, Ur Teatro, Ollomoltranvía, Teatro do Aquí, Teatro do Morcego, Teatro do Atlántico e Lagarta, Lagarta.

Na TVG colaborou en programas como Magazine Crocante (1991), Luar (1996), Supermartes (1997-1998), Telequexou (2001-2002) e como actriz secundaria en Pratos combinados (1998-1999) e protagonista en Rías Baixas (2000-2003) e A vida por diante (2006-2007), o seu último proxecto televisivo en Galicia ata o momento. Posteriormente, en 2008, colabora nas series de TVE El caso Waninkhof e Guante blanco, dirixida polo responsable d' A vida por diante, o galego Carlos Sedes.

Tamén participou en varias películas e colaborou con papeis episódicos nas series El Comisario e Hospital Central, ambas as dúas de Telecinco.

Filmes[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Título Resultado
2002 Mellor actriz Rías Baixas Nomeada
2006 Mellor actriz A vida por diante Nomeada
2007 Mellor actriz A vida por diante Nomeada
2008 Mellor actriz secundaria Os mortos van á présa Gañadora
  • 2008: Mellor actriz Festival de Curtas de Sada por "Rosa dos Ventos"

Premios María Casares de Teatro

  • 1997: Nomeada á Mellor actriz secundaria por Bailando en verán.
  • 1998: Mellor actriz por Unha rosa é unha rosa.
  • 1999: Nomeada á Mellor actriz secundaria por El embrujado.
  • 2000: Mellor actriz secundaria por Criaturas.
  • 2005: Nomeada á Mellor actriz por Fobias.
  • 2010: Mellor actriz por O Segredo dos Hoffman.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]