Uxía Blanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Uxía Blanco
Nacemento1952
LugarTouro
NacionalidadeEspaña
Profesiónactriz
editar datos en Wikidata ]

María Eugenia Dolores Blanco Iglesias, máis coñedica como Uxía Blanco, nada en Touro en 1952, é unha actriz e presentadora galega, licenciada en Xeografía e Historia, concelleira delegada da área de igualdade, xuventude e normalización lingüística do Concello de Vigo.

M.ª Xosé Queizán recollendo un premio en Vigo de mans da concelleira Uxía Blanco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou sendo actriz de teatro nos 70, dando o salto á gran pantalla na década de 1980. Protagonizou a primeira longametraxe en lingua galega, Sempre Xonxa de Chano Piñeiro. Logo virían outras películas, como Huidos (1993) de Sancho Gracia, Contar (1994) de Manuel Abad ou A lingua das bolboretas (1999), adaptación ao cine da man de José Luis Cuerda dun relato da obra de Manuel Rivas, Que me queres, amor?. Participou en Luar como presentadora e levou o programa de actualidade cinematográfica da Televisión de Galicia, DeZine desde 1997. Tamén presentou As viaxeiras da lúa.

É concelleira no Concello de Vigo como independente nas listas do Partido dos Socialistas de Galicia, delegada da área de igualdade, xuventude e normalización lingüística.[1]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Filmes
Papeleta do PSdG-PSOE de Vigo nas eleccións locais de 2019.
Curtametraxes
  • Atlántico Express (1995), de Alber Ponte. Como Filla.
  • Lorca, Santiago y seis poemas gallegos (1999), de Alber Ponte.
  • Alzheimer (2000), de Álex Sampayo. Como Comisaria Europea.
  • Galáctea: A conquista da via láctea (2001), de Cora Peña.

Televisión[editar | editar a fonte]

Personaxes fixos ou recorrentes
Personaxes episódicos
Presentadora
  • Luar (1992). Colaboración. Televisión de Galicia.
  • Dezine (1998). Televisión de Galicia.

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Ollares de perfil (Teatro libre do Brasil)
  • The Days Before.

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • Premio Zarauz do público por Sempre Xonxa.
  • Premio Agapi á mellor interpretación feminina pol' A lingua das bolboretas.
  • Premio Agapi ó mellor programa de Televisión de Galicia por Dezine.

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Produción Resultado
2002 Mellor comunicador de televisión Dezine Nomeada

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]