Aos nove anos marchou coa familia a Euskadi. Volveu para estudar Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, onde doutorou coa tese O rexurdir da conciencia idiomática en Galicia (1840-1891) (1991). Dende 1995 é profesora titular de Lingua Galega na USC. Foi bolseira do Instituto da Lingua Galega (1983), onde colaborou no Atlas Lingüístico Galego, Glosario de voces galegas de hoxe e no Diccionario de verbos galegos conxugados. Participación na elaboración de libros de texto para o ensino e o coñecemento da lingua galega, colaborou no Diccionario normativo galego-castelán (1988), no Diccionario castelán-galego de frases, usos e sinónimos (1990), no Gran diccionario Xerais da lingua (2000) e no Diccionario Xerais da lingua (2002). Tamén colaborou no espazo Faíscas da lingua (1986) da TVG, coordinou a sección "Mellore o seu galego" de O Correo Galego e dirixiu a colección de literatura infantil e xuvenil de Sotelo Blanco. É membro da Fundación Premios da Crítica Galicia, da Fundación Sotelo Blanco e foi membro fundadora do colectivo cultural Redes Escarlata, do que foi presidenta, tamén fundou e coordina a asociación de Mulleres Galegas na Comunicación (Mugacom). É concelleira de cultura en Teo.
A nosa fala: bloques e áreas lingüísticas do galego, con Francisco Fernández Rei, Consello da Cultura Galega, Arquivo Sonoro de Galicia, Santiago de Compostela, 1996, (2ª ed. 2003).
A gaita gallega, de Xoán Manuel Pintos, Xerais, Vigo, 2003.
A vida das mulleres na Galicia medieval (1100-1500), de María del Carmen Pallares Méndez, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Universidade de Santiago de Compostela, Biblioteca de Divulgación, Serie Galicia, N.° 12, 1993.
A cláusula de conciencia e o segredo profesional dos xornalistas, de Marc Carrillo, 1994