Mercedes Peón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mercedes Peón
MercedsPeon20110926A.jpg
Concerto no Warszawa Cross Culture Festival 2011.
Nome completoMercedes Peón Mosteiro
Nacemento1967
OrixeOza dos Ríos, Galicia Galicia
IrmánsHenrique Peón
OcupaciónCantante, Gaiteira, Pandeireteira
XéneroMúsica tradicional galega,Folktrónica
Relacionado conXacarandaina
Tempo en activo1980 - presente
Na rede
www.mercedespeon.gal
IMDB: nm0679281 Facebook: 100041938582548 Instagram: mercedes_peon Musicbrainz: 279c3bd0-8bd5-4a69-8ccd-cf371108271b Songkick: 178772 Discogs: 795864 Genius: Mercedes-peon Editar o valor em Wikidata

Mercedes Peón, nada en Oza dos Ríos en 1967, é unha música, cantante e instrumentista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos 13 anos escoitou as pandeireteiras da Costa da Morte, o que a impulsou con 17 anos a percorrer as aldeas e vilas de Galicia, entre elas a aldea dos seus avós maternos en Oza dos Ríos, recollendo a música e tradicións do pobo galego para gardalas e transmitilas ás novas xeracións. Formou parte do grupo folclórico Xacarandaina. Ao longo de 17 anos da súa vida dedicouse á ensinanza da música e o baile tradicionais de Galicia, transmitindo todo este coñecemento a través da docencia nas escolas municipais, na Televisión de Galicia e nas Universidades da Sorbona, Oporto, Gales, etc.

Acadou sona como presentadora dunha sección no programa de entretemento Luar da TVG no que traballou mostrando as súas investigacións de máis de 10 anos percorrendo as aldeas galegas na busca da tradición oral e as músicas máis ancestrais.

Primeiras gravacións[editar | editar a fonte]

As súas primeiras gravacións foron colaboración con outros artistas galegos como Xosé Manuel Budiño, Os Diplomáticos de Monte-Alto, Alasdir Fraser, Carlos Núñez, Kepa Junkera ou co antigo grupo de Manu Chao, Mano Negra.

Nesta altura formou o grupo Ajrú, co que unicamente gravaría uns temas recollidos no compilatorio Naciones Celtas II. Probablemente o seu tema máis popular sexa o tema principal da serie Mareas vivas (TVG).

No 2000 deu vida a Isué, no cal dá a súa interpretación persoal aos temas que gardara durante anos na súa gravadora. A innovación é tan sorprendente que as recompensas choven dentro e fóra do país (podemos citar que Isué foi considerado o mellor disco pola revista Folkworld e un nomeamento á Mellor Artista do Ano na BBC Radio 3). Tamén se produciu un cambio no seu look, pois decide raparse ao cero e desfacerse da súa melena (que lle chegaba ata a cintura).

Mercedes Peón participou en dúas edicións do Festival de Ortigueira, nos anos 2002 e 2007, así coma na edición do festival Womex de 2010 en Copenhague.

Discografía[editar | editar a fonte]

Mercedes Peón tocando a gaita no Festival de Lorient de 2019.


Título Detalles Selo discográfico
Isué
  • Lanzamento: 2000
  • Formato: CD, Albúm, Digipak
Resistencia
Ajrú
  • Lanzamento: 2003
  • Formato: CD, Albúm, Digipak
Discmedi
Sihá
  • Lanzamento: 2007
  • Formato: CD, Albúm, Digipak
Discmedi
Sós
  • Lanzamento: 2007
  • Formato: CD, Albúm, Promo
Do Fol Edicións
Déixaas
  • Lanzamento: 2018
  • Formatos: CD, Albúm
Altafonte

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

É unha das artistas galegas máis destacadas dos primeiros anos do século XXI. Ten recibido recoñecementos a nivel internacional no ámbito da música de folk, como son o premio a mellor disco da revista Folkworld (2000) polo disco Isué. Foi finalista na categoría de mellor artista do ano (2000) nos premios da radio BBC3.

Foi Premio Nacional de Música en 2008.

Premio da Crítica de Galicia, categoría Música, 2018.[1]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Produción Resultado
2002 Mellor banda sonora Mareas vivas Nomeada

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]