Bonanza
Bonanza | |
---|---|
![]() | |
Tipo | serie de televisión ![]() |
Xénero artístico | televisión wéstern e drama televisivo ![]() |
Lingua orixinal | lingua inglesa ![]() |
Autoría | |
Creador/a | David Dortort (en) ![]() ![]() |
Compositor/a | Ray Evans ![]() |
Actores
| |
Temática | |
Universo ficticio | Bonanza universe (en) ![]() ![]() |
Publicación | |
País orixe | Estados Unidos de América ![]() |
Compañía produtora | Paramount Pictures ![]() |
Distribuidor/a | National Telefilm Associates (en) ![]() ![]() |
Emisora orixinal | National Broadcasting Company ![]() |
Formato de distribución | vídeo baixo demanda ![]() |
Datas | |
Comezo | 12 de setembro de 1959 ![]() |
Remate | 16 de xaneiro de 1973 ![]() |
Cronoloxía | |
Dimensións | |
Duración | 50 minutos ![]() |
Episodios | 431 ![]() |
Tempadas | 14 ![]() |
Composto por | |
Composto por
| |
Contacto | |
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
Bonanza é unha serie de televisión producida pola NBC e emitida por primeira vez o 12 de setembro de 1959 e até 1973. Foi emitida pola Televisión de Galicia en diversas tempadas. En 2023 é emitida na TvG2.[1]
Argumento
[editar | editar a fonte]Bonanza relata as peripecias da familia Cartwright no rancho da Ponderosa, en Nevada, e está ambientada no afastado oeste de finais do século XIX. Concibida para un público familiar, foxe dos tópicos do xénero para centrarse nos valores familiares e nos problemas do día a día. Amais, a canle decidiu emitila integramente en cor para conseguir chama-la atención dos máis cativos nunha época onde a maioría dos fogares só dispoñían dun receptor en branco e negro.
A familia Cartwright está formada polo patriarca e dono do rancho, chamado Ben (interpretado por Lorne Greene). Ten tres fillos froito de tres matrimonios diferentes dos que enviuvou: Adam (Pernell Roberts), Hoss (Dan Blocker) e Little Joe (Michael Landon). O clan vive folgadamente nun gran rancho chamado Ponderosa na compaña do cociñeiro chinés Hop Sing (Víctor Sean Young) e o sheriff de Virginia City, Roy Coffee (Ray Teal).
A serie converteuse en número un de audiencia durante catorce anos pese á saída de Pernell Roberts no 1965 debido a disputas cos guionistas da serie. Aínda que nun intre a canle planeara deixar os Cartwright con dous irmáns só, o personaxe de Adam foi substituído polo do vaqueiro Candy Canaday (David Canary) e a serie aumentou a súa popularidade.
A repentina morte de Dan Blocker no 1972 significou a fin da serie. Tras algúns intentos da canle por salvala, despediuse da audiencia o 16 de xaneiro de 1973.
Na gran pantalla
[editar | editar a fonte]Pese ó peche da serie, a súa popularidade animou á canle a facer filmes para a televisión. Algúns títulos son:
- Bonanza: Under Attack (1995).
- Bonanza: The Return (1993).
- Back to Bonanza (1993).
- Bonanza: The Next Generation (1988).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "programación TVG". www.crtvg.es. Consultado o 2023-01-03.