Saltar ao contido

Roberto Vilar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRoberto Vilar

Roberto Vilar nos Premios Mestre Mateo 2017.
Biografía
Nacemento5 de xullo de 1971 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Xove Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, presentador de televisión, presentador, actor de televisión Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1365177 Editar o valor en Wikidata

Roberto Vilar Fernández, nado en San Cristovo (Xove) o 5 de xullo de 1971,[1] é un actor, humorista e presentador galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacido e criado en San Cristovo afeccionouse dende novo ao baloncesto e ao OAR Ferrol, chegando a probar como xogador da súa canteira.[2] Estudou en Viveiro e no seminario de Mondoñedo,[3] e comezou a traballar na TVG no programa Con perdón,[4] baseado en bromas feitas a cidadáns anónimos mediante unha cámara oculta e en Pequeno hotel (2001). Pero a fama chegoulle polo seu papel nos Tonechos, un dúo cómico que mantiña co actor Víctor Fábregas. Este dúo empezou actuando no Luar da TVG o 19 de setembro de 2002[3] e logo consolidouse cun programa de seu, O show dos Tonechos. A comezos de xaneiro de 2009 anunciaron a separación dos Tonechos.[5]

Desde o 10 de outubro de 2009 e ata o 24 de novembro de 2011 presentou na TVG o espazo Land Rober, que se emitía os xoves á noite con grande éxito de audiencia.

En 2011 asinou un contrato con Mediaset España para presentar na súa cadea de televisión Cuatro o concurso Salta a la vista, que compaxinou durante unhas semanas co seu traballo en Land Róber.[6] O 23 de novembro, a TVG anunciou a non renovación do contrato con CTV, produtora do programa, e o espazo de humor Land Rober cesou as súas emisións o 24 de novembro.[7]

En outubro de 2013 comezou a presentar o programa da TVG Entre familias anda o xogo, que se emitía os sábados á noite.[8] O 12 de abril de 2014 encargouse de conducir os XII Premios Mestre Mateo.

Roberto Vilar despois do Land Rober
Roberto Vilar tras unha emisión do Land Rober Tunai Show

Na fin de ano do 2014 anunciou a volta de Land Rober, programa que comezou a presentar unhas semanas despois baixo o nome de Land Rober Tunai Show, acompañado de humoristas como Xosé Antonio Touriñán, Manuel Manquiña, Isabel Risco e Pili Pampín.

O 11 de abril de 2015 presentou os XIII Premios Mestre Mateo.

No 2018 presentou La noche de Rober en Antena 3, programa que foi cancelado tras seis emisións.[9]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
AnoCategoríaTítuloResultado
2010Mellor comunicadorLand RoberGañador
2010Mellor ProgramaLand RoberGañador
2011Mellor comunicadorLand RoberGañador
2016Mellor comunicadorLand Rober Tunai ShowGañador
2016Mellor ProgramaLand Rober Tunai ShowGañador
AnoCategoríaTítuloResultado
2017Mellor Programa Autonómico de EntretenimientoLand Rober Tunai ShowGañador
AnoCategoríaTítuloResultado
2018Mellor Programa Autonómico de EntretenimientoLand Rober Tunai ShowGañador

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]