Buck Rogers no século XXV

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Buck Rogers in the 25th Century
Formato Ciencia ficción
Creado por Glen A. Larson
Intérpretes Gil Gerard
Erin Gray
Tim O'Connor
William Conrad
Wilfrid Hyde-White
Thom Christopher
Jay Garner
Mel Blanc
Eric Server
País de orixe Estados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s) Inglés
Episodios 37
Produción
Duración 60 min. aprox. por episodio
Emisión orixinal
Canle de orixe NBC
Primeira emisión 23 de setembro de 1979
Derradeira emisión 16 de abril de 1981
Ligazóns externas
Ficha na IMDb

Buck Rogers no século XXV é unha serie de televisión de ficción científica norteamericana creada por Glen A. Larson e producida por Universal Studios baseada no personaxe de Buck Rogers creado en 1928 por Philip Francis Nowlan e que aparecera en banda deseñada e do que se fixeran versións para a radio e a televisión. A Televisión de Galicia emitiu a serie en 1986.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

A serie emitiuse durante dúas tempadas entre 1979 e 1981, previamente fixérase un episodio piloto que se distribuiu nas salas de cinema meses antes do comezo da serie,o 30 de marzo de 1979, o éxito na taquilla animou á NBC a encargala como serie, comezando a emitila o 20 de setembro de 1979 cun primeiro capítulo en dúas partes de dúas horas de duración que é unha versión modificada do filme en dúas partes, eliminando ou alterando algunhas escenas e engadindo outras así como material de Battlestar Galactica.Logo dun atraso de varios meses debido a unha folga de actores, a segunda tempada comezou o 15 de xaneiro de 1981, os índices de audiencia foron menores e a NBC cancelou a serie no episodio 11, sen ofrecer un final á historia.

Argumento[editar | editar a fonte]

A serie céntras no capitán William Anthony "Buck" Rogers, interpretado por Gil Gerard, un piloto da NASA que está ao cargo do Ranger 3, un transbordador espacial lanzado en maio de 1987, por mor dunha avaría a nave arrédase da súa traxectoria, quedando Buck Rogers conxelado durante 504 anos, regresando á Terra no ano 2491, onde son capaces de revivilo e Buck Rogers descobre que a civilización tivo que ser reconstruída logo dunha devastadora guerra nuclear o 22 de novembro de 1987. Na súa nova vida traballa como patrulleiro auxiliado polo robot Twiki e o computador Dr. Theopolis. Na segunda tempada, Buck, parte nunha nave de exploración científica ao estilo de Star Trek.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]