Heroes (serie de televisión estadounidense)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Heroes

Heroes é unha serie dramática, creada por Tim Kring, que se estreou na NBC no día 25 de setembro de 2006. A serie conta a historia de persoas comúns que descobren ter habilidades especiais tales como telepatía, voo, teletransporte no espazo-tempo ou a invisibilidade, entre outras. Estes individuos logo perciben que están conectados, e teñen como misión evitar a destrución de Nova York e salvar a humanidade[1].

A serie segue o estilo das bandas deseñadas americanas, con acontecementos que se desenvolven en máis dun episodio.

Historia[editar | editar a fonte]

Desde a súa estrea nos Estados Unidos da América, "Heroes" vén gañando admiradores en diversos países. A estrea de novos episodios acontece nas noites de segunda feira no canal americano NBC; na Galiza, a TVG tivo os dereitos de transmisión da serie, que semanalmente daba na noite dos xoves.

O 6 de outubro de 2006, o presidente da NBC Entertainment, Kevin Reilly, anunciou que Heroes fora seleccionada para unha temporada completa[2]. O 17 de xaneiro de 2007, Reilly anunciou que a serie fora seleccionada para unha segunda temporada[3].

No día 14 de maio de 2007, a NBC anunciou que no intervalo entre a primeira e a segunda temporadas exhibiría unha serie chamada Heroes: Origins, que mostraría novas personaxes e ao final desa serie, o público podería votar cal personaxe debía ser incorporado á serie Heroes.[4]

Slogans[editar | editar a fonte]

Os primeiros catro episodios foron promovidos coa frase "Persoas comúns descubrindo habilidades extraordinarias". Ao final do cuarto episodio, hai un evento que lanza a segunda temática, en que o slogan "Salve a animadora, salve o Mundo" aparece moitas veces. Algunhas personaxes presumen de que esa frase está relacionada coa animadora dunha escola en Texas, Claire Bennet, que posúe a habilidade de rapidamente se recuperar de feridas, e coas visións apocalípticas do artista Isaac Mendez sobre Nova York. Comezando na conclusión do episodio "Fallout", unha nova frase apareceu, "Vostede está na lista?", a pesar de tal frase non ser mencionada no avance de "The Fix". Na medida en que os personaxes lentamente descobren as súas habilidades e a existencia doutros como eles, comezan a percibir que precisan xuntarse para impediren unha catástrofe e salvaren a humanidade. Na recta final da primeira temporada a serie asume a chamada "É tempo de salvar o mundo".

Notas de produción[editar | editar a fonte]

A serie filmouse en Os Ánxeles e Santa Clarita, ambas en California.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Claire Bennet (Hayden Panettiere) é unha animadora que mora en Odessa, Texas, e ten o poder de se rexenerar rapidamente.
  • Noah Bennet (Jack Coleman) é o pai adoptivo de Claire. Traballa para unha compañía oculta que investiga as persoas coas habilidades sobrehumanas e tenta secuestralos para implantar un rastreador e catalogar cada un deses super humanos. El non ten habilidades sobrehumanas. Personaxe ficticio da serie de televisión Heroes, é tamén coñecido como Mister (ou Señor) Bennet ou HRG, é interpretado polo actor Jack Coleman, que declarou en entrevista que o nome do personaxe é Noah Bennet, información descoñecida até o 21 de maio de 2007, cando saíu o último episodio da primeira temporada de Heroes.

Noah Bennet é pai adoptivo de Claire Bennet, e a súa esposa, que é personaxe secundario, tampouco ten nome coñecido. Bennet está máis envolvido do que moitos pensan. El sería dono dunha fábrica de papel -Primatech Paper-, mais que na verdade é un centro de estudos de "heroes". El conta coa axuda do haitiano, que ten o poder de facer as persoas esqueceren e bloquea o poder doutros, que é supostamente mudo.

  • Eden McCain (Nora Zehetner) Encontrada polo Sr. Bennett, ten o poder de Persuasión ou convencer as persoas a faceren o que ela quer.
  • Isaac Mendez (Santiago Cabrera) é un artista ex-viciado en heroína que mora en Nova York. El só conseguía pintar o futuro namentres estaba so o efecto de drogas, porén, após incentivo e auxilio de Eden McCain, aprendeu a controlar o seu poder e utilizalo sen que sexa necesario drogarse. Moitos dos seus traballos envolven os outros personaxes da serie, a cidade de Nova York ou até a si mesmo.
  • Niki Sanders (Ali Larter) é unha stripper na internet, que mora en Las Vegas. Presenta unha personalidade alternativa que non consegue controlar. Cando a súa outra personalidade, Jessica, "posúe" o seu corpo, ela demostra unha forza sobrenatural oculta.
  • D.L. Hawkins (Leonard Roberts) é o marido de Niki, co poder de atravesar obxectos sólidos, incluíndo persoas. É un presidiario fuxitivo por un crime que non cometeu, e só quer que as súas acusacións sexan retiradas e poder vivir en paz co seu fillo Micah Sanders e a súa esposa Niki Sanders. D.L. pode atravesar calquera obxecto sólido e nun episodio descobre que pode levar persoas consigo. Só pode fuxir da cadea polo seu poder, e nun dos episodios foxe co seu fillo.
  • Micah Sanders (Noah Gray-Cabey) é o fillo de D.L. e Niki. Ë un neno prodixio co poder de manipular máquinas electrónicas só con tocalas.
  • Hiro Nakamura (Masi Oka) é un traballador do Xapón que ten a habilidade de manipular o tempo-espazo, parando o tempo ou teletransportándose para o pasado ou o futuro. A súa aparición máis memorábel foi no episodio 1, cando consegue teletransportarse de Toquio para o centro de Nova York.
  • Matt Parkman (Greg Grunberg) é un policía de Os Ánxeles que consegue ouvir os pensamentos das persoas. Como unha persoa normal, enfronta problemas no seu traballo e no seu casamento. Sen éxito na tentativa de se cualificar como detective, Matt acorda nun dia común e descobre que pode 'escoitar' o pensamento das persoas. El non entende o que está acontecendo e na tentativa de encontrar respostas, percibe que iso o está axudando cos seus problemas. Ese aprendiz de heroe pasa a usar o seu poder telepático en razón do traballo e en beneficio propio, até percibir un dia outros estraños heroes.
  • Nathan Petrelli (Adrian Pasdar) é un congresista de Nova York que consegue voar. É o pai biolóxico de Claire.
  • Peter Petrelli (Milo Ventimiglia) é o irmán mais novo de Nathan. Ten o poder de absorber os poderes doutros super-humanos. Ao ficar preto de alguén con super-poderes el automaticamente manifesta ese super-poder e pode invocalo despois para o seu uso. Aínda non domina ben esa habilidade, mais está aprendendo rápido. Moi probabelmente é o único capaz de enfrontar de igual para igual o super-humano-psicótico-asasino de nome Sylar, principal vilán da serie.
  • Mohinder Suresh (Sendhil Ramamurthy) é un profesor de xenética indiano que viaxa até Nova York para investigar a morte de seu pai, Chandra Suresh e que procura os heroes para estudalos e descubrir o que causa as mutacións e consecuentemente os poderes.
  • Sylar (Zachary Quinto) é un criminal que posúe o poder de saber como funcionan as cousas e concertalas. Sylar persegue os outros "especiais" para roubar os seus poderes, tendo adquirido varios até o momento. Abre os cerebros das persoas que teñen poderes para aprender como funcionan e adquirir os seus poderes.

Elementos recorrentes[editar | editar a fonte]

Tres elementos aparecen repetidamente ao longo da serie: a cicatriz, a hélice e a eclipse.

A cicatriz[editar | editar a fonte]

A cicatriz é unha marca que consiste en dúas liñas negras paralelas que poden ser encontradas na área próxima ao pescozo de varios personaxes que posúen algún super-poder. De acordo coas bandas deseñadas "Wireless, Part 4" e "How Do You Stop an Exploding Man, Part 1", a marca é unha cicatriz deixada pola agulla dupla dun dispositivo pneumático de inxección. Como se revela nunha biografía da personaxe Hana Gitelman no portal "Heroes 360 experience", a agulla inxecta un radioisótopo que permite que o individuo sexa rastrexado. Todos os personaxes marcados tiveron encontros co Sr. Bennet e/ou o Haitiano.

A hélice[editar | editar a fonte]

Este símbolo aparece moi frecuentemente no decorrer da serie, sexa meramente no escenario ou en situacións ligadas aos personaxes principais. No episodio 12 da primeira temporada, "Godsend", o símbolo é revelado por Ando Masahashi como sendo unha combinación de dous caracteres xaponeses: sai, que significa "grande talento" e yo, que significa "enviado por Deus". Este símbolo tamén lembra moito un segmento de RNA, conectándoo á mutación xenética que dá aos heroes os seus poderes.

A eclipse[editar | editar a fonte]

A eclipse aparece en diversos puntos da historia, sendo o máis coñecido o da abertura do programa. Porén non é unha eclipse común, xa que a imaxe é da Terra cubrindo o Sol, o que só sería posíbel para un observador que estivese na Lúa.

Heroes 360 experience[editar | editar a fonte]

Heroes 360 experience é unha extensión da serie na Internet lanzada o 19 de xaneiro de 2007.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. NBC.com (29-9-2006) Heroes first look[Ligazón morta] Consultado o 29-9-2006.
  2. NBC Universal Media Village (2006-10-5) NBC Rewards Hit Fall Drama 'Heroes' With Full-Season Order For 2006-07[Ligazón morta] Press release. Consultado o 11-4-2007.
  3. NBC Universal Media Village (17-11-2006) NBC renews hit series 'The Office', 'My Name Is Earl', 'Heroes' and 'Law & Order: SVU' for full-season of episodes in 2007-2008 Press release. Consultado o 11-4-2007.
  4. "Nova série vai mostrar personagens que ainda não vimos em 'Heroes'" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2007. Consultado o 20 de xullo de 2007. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]