¿Imos aló?
Aparencia
| ¿Imos aló? | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| |||||
| |||||
| |||||
| |||||
| Wikidata |
¿Imos aló? foi un programa da Televisión de Galicia concibido como un curso de lingua galega que se emitiu en 1989 e 1990.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Para a realización do programa a Televisión de Galicia, en colaboración coa Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convocou un concurso de proxectos para a emisión dun curso de galego no que saíu gañador o presentado por Vídeo Voz TV dirixido e guionizado por Siro[1] . Neste curso varios profesores achegan por medio de monicreques (Antía, Xurxo, Leonardo e don Severo), deseñados por Siro López, leccións para a aprendizaxe da lingua aos telespectadores. En 1990 realizouse unha segunda parte do concurso.