Mucha e Nucha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mucha e Nucha, anteriormente coñecidos como Os dous de sempre, é o nome do dúo humorístico formado polos actores de Culleredo Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán. Tamén se chaman "Cantareiras de Ardebullo" ou "Pandeireteiras de Ardebullo".

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezaron en 2004 a facer actuacións soltas en obras colectivas de humor na sala Nasa de Santiago de Compostela e noutras salas e concursos de humor en Galicia. En 2007 comezan a participar puntualmente en programas da Radio Galega e, posteriormente, no programa de variedades da Televisión de Galicia máis lonxevo, o Luar. Remataron a súa colaboración con Luar o 30 de decembro do 2011, en pleno éxito, cunha emotiva despedida por parte dos seus compañeiros do programa.[1]. En 2013 volveron á TVG protagonizando o programa A casa da Conexa que se mantivo ao longo de tres tempadas, ata 2015.

Forma e estilo[editar | editar a fonte]

Laura Casares, Mucha e Nucha, Xosé Ramón Gayoso e Luis Zahera na gravación da 801ª emisión de Luar.

Baséanse no humor dialogado, en xeral entre os dous actores, de estrutura sinxela e baseado na retranca[2]. O seu sketch básico consiste na adaptación dun tema de fondo, do que sae un rumor que non queren contar, pero que acaban contando. Por último cantan unha canción, normalmente adaptada e ridiculizada.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Mucha e Nucha son dúas irmás dun lugar chamado Ardebullo. Contan que son 13 irmás, e de entre elas, Carmucha forma parte do trío, pero explican que nunca pode asistir. Son fillas da Conexa, muller de reputación por ter as paletas moi longas. Tamén é personaxe de referencia habitual o Padre Nicanor, ó que lle dedican cancións e máis dun rumor.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]