Luís Iglesia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luís Iglesia
Luís Iglesia.JPG
Nome completoLuís Iglesia Besteiro
Nacemento2 de febreiro de 1962 (56 anos)
LugarRiotorto, Galicia Galicia
NacionalidadeEspaña
ProfesiónActor, actor de voz,
actor de dobraxe
e director de dobraxe.
http://www.albaiceta.es/actores/ficha/28/aa-luis-iglesia-b
editar datos en Wikidata ]

Luís Iglesia Besteiro, nado en Riotorto (provincia de Lugo) o 2 de febreiro de 1962, é un actor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Luís Iglesia en Sede de mal.

Traballou no teatro con varias compañías, especialmente con Teatro do Aquí en obras como Rastros[1].

No eido da locución dobra ó galego a Harrison Ford, Robert De Niro, Mel Gibson, Paul Newman, Chuck Norris e Garfield, entre outros.[2] Tamén traballa en publicidade e deu voz ó Dicionario de pronuncia da lingua galega do Instituto da Lingua Galega[3].

No ámbito representativo fixo varias curtametraxes, coma Palíndromo. Participou en varias series, coma Libro de familia, nalgunhas delas en papeis protagonistas, coma Un mundo de historias, Terra de Miranda e a máis importante, e que lle proporcionou fama, Matalobos, onde interpretaba a Carmelo Matalobos[4] En 2010 participou na miniserie española No soy como tú, producida por Antena 3.

Tamén en longametraxes para televisión (Entre bateas, Cota vermella ou Pataghorobí) e para o cine (La promesa ou Heroína).

En 2011 formou parte do elenco da serie Piratas de Telecinco interpretando ao Intendente Gaspar Falcón. Canda el, están no elenco Pilar Rubio, Óscar Jaenada, Silvia Abascal, Luis Zahera e novamente coincide con Xabier Deive e Luísa Merelas, tras Matalobos.

En 2012 estreou outra serie emitida por Telecinco esa temporada, La fuga, protagonizada por María Valverde Rodríguez e Aitor Luna, e que conta no seu elenco coa tamén actriz galega María Vázquez. Tamén no 2012 actúa no filme galego Vilamor, dirixido por Ignacio Vilar e no que interpreta a personaxe de Breixo de adulto.

Filmografía parcial[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Filme Resultado
2009 Mellor actor Matalobos Nomeado
2010 Mellor actor Matalobos Nomeado
2011 Mellor actor Matalobos Nomeado
2012 Mellor actor Matalobos Nomeado

Premios Fetega[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Filme Resultado
2013 Mellor actor de teatro Gaivotas subterráneas Gañador[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Axencia Audiovisual Galega.". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2014. Consultado o 26 de agosto de 2018. 
  2. "Harrison Ford coida que as clases humildes salvaron o galego", artigo en El Progreso, 15 de maio de 2008.
  3. Créditos do Dicionario de pronuncia da lingua galega.
  4. "Matalobos, un «thriller» con acento lucense", artigo en La Voz de Galicia, 12 de abril de 2009.
  5. Luís Iglesia, mellor actor do Festival de Teatro Galego de O Carballiño (Fetega) por Gaivotas subterráneas

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]