Saltar ao contido

Galicia no cine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Galicia no cine
 Instancia de
Autoría
 Creador/a
 Presentador/a
Publicación
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
31 de xaneiro de 1986 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Número de tempadas1 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Wikidata

Galicia no cine foi un programa semanal da Televisión de Galicia emitido en 1986 dedicado ao cine feito en Galicia ou de temática galega, dirixido e presentado por Miguel Anxo Fernández Fernández.

Cada programa xiraba arredor dunha película, en primeiro lugar emitíase unha entrevista a un personaxe relacionado co filme e logo procedíase á súa emisión. Entre as fitas que pasaron polo programa están Botón de áncora, que foi a primeira en ser emitida, A casa da Troia, Sabela de Cambados, A esmorga, Os gozos e as sombras, Intriga ou A casa da choiva.[1]

  1. "Con «Botón de áncora» comienza en TVG el ciclo «Galicia no cine»". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de xaneiro de 1986. p. 62.