Palco da música

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palco da música en Cedeira, Galiza.
Palco da música en Cangas, Galiza.

Un palco da música é unha construción xeralmente rectangular, que consta dun teito sostido por columnas e que serve como lugar de actuación para agrupacións musicais durante as festas. É tamén común que sexa en forma de quiosco[1] coma un pavillón aberto por todos os seus lados, normalmente de planta arredondeada ou poligonal (forma panóptica), que se coloca nun xardín para a interpretación de diversas manifestacións artísticas como música ou danza.

Popularizáronse coma construción festiva no século XIX e comezos do XX, especialmente para acomodar a execución musical das bandas nos concertos ao ar libre. No Reino Unido construíron moito na era Vitoriana cando o movemento británico brass band gañou relevancia. Os palcos máis miúdos non son máis ca gazebos. En Galiza son comúns en todas as vilas para a interpretación de bandas de gaita e de música especialmente nas festas parroquiais.

Descrición[editar | editar a fonte]

O quioscos son construcións abertas, simétricas con relación ao eixo central e de planta poligonal que consta dun zócolo do que o chan máis ou menos elevado forma a escena que debe de cumprir cos requisitos acústicos, mentres que proporciona o abeiro necesario para o tempo variábel. A estrutura é normalmente en madeira ou en metal, cuxas columnetas levan un teito en pavillón de escaso desnivel. Materiais lixeiros forman as armazóns artelladas e normalmente moi enfeitadas. A finais do século XX, co crecemento das bandas, e o seu equipamento, fixo que moitos quioscos quedasen pequenos, polo que se contruíron palcos rectangulares de formigón ou pedra maiores, ou incluso son comúns os portátiles en grandes concertos.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O termo quiosco é máis amplo, pois, ademais do lugar de venda de xornais e lambetadas, como estrutura pode situarse nun xardín só como elemento decorativo. Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]