Serramoura
| Serramoura | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||
|
Instancia de
| |||||
|
Xénero
| |||||
|
Lingua orixinal
| |||||
|
Formato de imaxe
| |||||
| Autoría | |||||
| Publicación | |||||
|
Emisora orixinal
| |||||
|
Premios
| |||||
| Datas | |||||
| |||||
| Dimensión | |||||
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
| |||||
| Wikidata | |||||
Serramoura é unha serie de televisión galega de suspense producida por Voz Audiovisual e emitida na Televisión de Galicia entre o 5 de outubro de 2014 e o 25 de outubro de 2020 en horario de máxima audiencia. Está protagonizada por Lucía Regueiro, Miguel Ángel Blanco, Antonio Mourelos, Isabel Naveira e Uxía Blanco, entre outros.
Do final de Serramoura xorde unha serie derivada, A lei de Santos, protagonizada por Santos, personaxe interpretado por Monti Castiñeiras.
Sinopse
[editar | editar a fonte]En Serramoura, unha pequena aldea ficticia que vive da explotación madeireira, Mónica Triáns (Sara Casasnovas) aparece morta no medio do monte con claros signos de se tratar dun asasinato violento. Perante o homicidio, é enviado á vila Diego Bazán (Miguel Ángel Blanco), que xunto coa sarxento local Marga Neira (Lucía Regueiro), tentarán dar coa solución do caso.
Porén, a idiosincrasia da aldea, o conflito de intereses entre as dúas principais familias, os Soutelo e os Fiúza, que pelexarán polo control do serradoiro, e os segredos que todos os habitantes da aldea gardan, farán da resolución do caso unha tarefa complicada.
Elenco
[editar | editar a fonte]Personaxes principais
[editar | editar a fonte]- Marga Neira (Lucía Regueiro). Sarxento da Garda Civil.
- Diego Bazán (Miguel Ángel Blanco). Sarxento da Garda Civil que chega á vila para resolver o caso de Mónica Triáns.
- Tomás Penedo (Alfonso Agra). Tenente do cuartel.
- Enrique "Quique" Parcero (Miguel Canalejo), cabo da Gardia Civil.
- Raquel Neira (Isabel Naveira). Irmá da inspectora Marga Neira e administrativa do serradoiro dos Soutelo. Estivo casada con Pancho e ten un fillo de Gonzalo Soutelo.
- Dona Teresa (Uxía Blanco). Nai de Gonzalo Soutelo.
- Evaristo Fiúza (Antonio Mourelos). Pai de Román e cacique de Serramoura, dono da meirande parte dos terreos, empresas e propiedades do pobo.
- Román Fiúza (Chechu Salgado). Fillo dos Fiúza. É socio dun invernadoiro e mantén unha relación con Álex.
- Gloria Fiúza/Moscoso (Sabela Arán). Muller de Evaristo Fiúza e madrasta de Román Fiúza.
- Hugo Aradas (Tito Asorey). Avogado da familia Fiúza.
- Mario Piñeiro alias Santos (Monti Castiñeiras). Delincuente habitual de Serramoura
- Francisco "Pancho" Suárez (Xabier Deive). Traballa no empresa de madeira de Evaristo Fiúza, marido Raquel Neira e pai de Álex.
- Ramón "Moncho" Neira (Miguel Borines). Pai de Marga e Raquel Neira.
- Luz (Mariana Expósito). Camareira da taberna de Evaristo Fiúza.
- Peixe (Andrés Giráldez).
- Roi Quiroga (Xúlio Abonjo). Sarxento da Garda Civil que substitúe a Diego Bazán.
- Patri (Sonia Méndez). Cabo da Garda Civil.
Personaxes secundarios
[editar | editar a fonte]
- Mónica Triáns/Márquez (Sara Casasnovas). Asasinada no primeiro capítulo, con aparicións esporádicas ata o capítulo 13. Asasinada por Gonzalo Soutelo.
- Emilio de la Cruz (Xosé Barato). O médico de Serramoura. Asasinado no capítulo 10 por Gonzalo Soutelo.
- Gonzalo Soutelo (Fran Paredes). Ex-propietario do serradoiro de Serramoura. Suicidouse no capítulo 17.
- Don Amancio (Xavier Estévez). O cura de Serramoura.
- Kiko (Kiko Carracedo). Traballador e matón de Evaristo Fiúza.
- Rogelio (César Cambeiro). O alcalde de Serramoura.
- Merche (Ánix Vidal). A muller do exalcalde.
- Raúl Salzar (Xosé Manuel Esperante)
- Tito (Sergio Zearreta). Traballador do serradoiro.
- Andrés (Suso Cortegoso). Pirómano.
- Víctor (Marcos Correa)
- Félix (Pepe Penabade). Dono do club Bolboreta.
- Chisco (Vicente Mohedano). Sicario.
- Sara (Estíbaliz Veiga). Irmá de Luz. (Capítulos 12-17)
- Xuíz Xoaquín (Chencho Campos)
- Xoán (Artur Trillo). Membro da cuadrilla de Evaristo.
- Pablo (Rubén Castro). Irmán de Xoán.
- Inés Carro (Mónica García). Sarxento enviada para levar o caso do secuestrador de rapazas. . (Capítulos 20-23)
- Anxo Rincón (Fernando Dacosta). O secuestrador de rapazas. Morre asasinado por Inés Carro. (Capítulos 20-23)
- Candi (Paulo Serantes) (Capítulos 26-27) Irmán de Iago.
- Iago (Alberto Rolán) (Capítulos 26-28) Irmán de Candi.
- María (María Salgueiro). (Capítulo 14-29)[1]
- Roque (Toño Casais). (Capítulo 14-29)[1]
- Carmen Varela (Iria Pinheiro). A nai de Marga e Raquel.
- Vigairo (Marcos Viéitez).
- Claudio Noriega (Marcos Orsi).
- Lourdes (Carmen Blanco).
- Pepe (Xan Casas).
- Helena (Paula Pier). Filla de María e Roque. (Capítulo 17-29)
- Silvia (Mariña Sampedro). Filla de María e Roque. (Capítulo 17-29)
- Tino Moreira (Ando Caravajal). Un madeirista de Serramoura.
- Marisa (Mariana Carballal). Muller de Tino.
- Álex Suárez Neira (Sheyla Fariña). Filla de Raquel e Pancho. (Capítulos 1-30)
- Ramiro (Iñaqui Rosado). Violador de Luz.
- Martín (Denís Gómez). (Temporada 1,2,3) Novo médico de Serramoura e sobriño carnal de Teresa.
- Solokov (César Aldea). Un dos xefes rusos.
- Mari Carmen «Maca» (Arantxa Treus). A secretaria do alcalde, de Rogelio e Evaristo.
- Olaia Piñeiro (Leire Rodríguez). Olaia é a filla máis vella dos Piñeiro e a única que se salvou do crime tan espantoso que aconteceu na súa familia na cal morreron os seus pais e o seu irmán.
- Martín Piñeiro (Fernando Torres). Pai de Olaia brutalmente asasinado xunto á súa muller e o seu fillo no Capítulo 39 "Contar ata Cen".
- Aurora Garrido (Almudena Ripamonti). A profesora de inglés de Olaia Piñeiro.
- Camilo Currás (Tacho González). O director do colexio.
- Marcial Cesures (Santi Prego)
- Fatmir (José Luis López Sacha)
- Micaela Morais (Melania Cruz). Unha xefa galega da banda dos rusos.
- Clara Durán (Paula Sanmartín). Unha garda civil infiltrada na banda dos rusos.
- África (Cristina Iglesias).
- Abel (Mateo González). Un psicólogo que colabora coa Garda Civil, que volveu corrupto para salvar ó seu irmán Elías.
- Elías (Javier Varela). Un louco que estaba tiña unha relación coa súa irmá, a cal se suicidou porque Abel os separara. E secuestrou varias rapazas para substituíla.
- Alicia (Laura Míguez). A rapaza secuestrada por Elías para substituír a súa irmá Alicia.
- Cabo Beatriz Vara (Marta Lado).
- Daniel Bolaño (Manuel Regueiro). Un dos criminais máis perigosos que pasaron por Serramoura.
- Capitán Sandra Cerqueiro (Mónica Caamaño). Unha capitán da Garda Civil corrupta que emprega métodos ilegais para acabar cos delincuentes.
- Tenente Dolores Rivas (Susana Sampedro). Foi tenente no cuartel de Serramoura. Mantivo unha relación sentimental con Santos. Acaba secuestrada e asasinada por Antía Rey.
- Isabel (Miriam Rodríguez Gallego)
- Aurora (Ledicia Sola)
- Brais (Alejandro Jato)
- Tania Márquez (Magdalena Barro)
- Carla (Raquel Espada). Veterinaria.
- Álvaro (Lino Braxe). Pai de Carla.
- Berta (Carmen Méndez). Propietaria dunha explotación gandeira.
- Rebeca (Ana Conca). Representante dunha multinacional madeireira.
- Matías (Manuel Lorenzo). Abade do mosteiro de Santa Catarina.
- Xerardo (Lucho Penabade). Abade do mosteiro de Santa Catarina.
- Ezequiel (Fran Lareu). Monxe da congregación de Santa Catarina.
- Sabela (Catuxa Leira)
- Darío (Xaquín Domínguez)
- Eduardo (Manuel Sanmartín). Perigoso criminal.
- Emilia (Iris Darriba)
- Kiko (Kiko Carracedo). Cuadrilátero de Evaristo.
Episodios e audiencias
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Lista de episodios de Serramoura.
| Tempada | Nº Episodios | Estrea | Final | Audiencia media | ||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Espectadores | Cota | |||||
| 1 | 24 | 5 de outubro de 2014 | 22 de marzo de 2015 | 181 000 | 15,0% | |
| 2 | 15 | 4 de outubro de 2015 | 17 de xaneiro de 2016[2] | 167 000 | 15,2% | |
| 3 | 9 | 8 de maio de 2016[3] | 10 de xullo de 2016 | 132 000 | 12,3% | |
| 4 | 18 | 2 de outubro de 2016 | 29 de xaneiro de 2017 | 181 000 | 17,4% | |
| 5 | 21 | 5 de febreiro de 2017 | 25 de xuño de 2017 | |||
| 6 | 20 | 22 de outubro de 2017 | 28 de febreiro de 2018 | 122 000 | 12,4% | |
| 7 | 15 | 11 de marzo de 2018 | 17 de xuño de 2018 | 124 000 | 12,2% | |
| 8 | 16 | 7 de outubro de 2018 | 20 de xaneiro de 2019 | 112 000 | 11,5% | |
| 9 | 18 | 27 de xaneiro de 2019 | 9 de xuño de 2019 | |||
| 10 | 10 | 3 de maio de 2020 | 5 de xullo de 2020 | |||
| 11 | 7 | 13 de setembro de 2020 | 25 de outubro de 2020 | 89 000 | 10,6% | |
| Total | 173 | 2014 | 2020 | 133 890 | 12,9% | |
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Nos Premios Mestre Mateo de 2014, Serramoura estivo nomeado a 9 premios en 8 categorías, resultando gañador no premio á mellor serie de televisión. Nos Premios Mestre Mateo de 2015, Serramoura volve estar nomeada a 9 premios en 9 categorías.
| Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2014 | Mellor serie de televisión | Voz Audiovisual para TVG | Gañadora |
| Mellor director | Miguel Conde e Jorge Saavedra | Nomeados | |
| Mellor actriz protagonista | Lucía Regueiro | Nomeada | |
| Mellor actor secundario | Antonio Mourelos | Nomeado | |
| Monti Castiñeiras | Nomeado | ||
| Mellor guión | Alberto Guntín, Víctor Sierra e Xosé Morais | Nomeados | |
| Mellor música orixinal | Manu Conde | Nomeado | |
| Mellor son | Alfonso Couceiro e Víctor Seixo | Nomeados | |
| Mellor fotografía | Xosé Manuel Neira | Nomeado | |
| 2015 | Mellor serie de televisión | Voz Audiovisual para TVG | Gañadora |
| Mellor director | Miguel Conde, Jorge Saavedra e Manuel A. Espiñeira | Nomeados | |
| Mellor actor secundario | Monti Castiñeiras | Nomeado | |
| Mellor guión | Alberto Guntín, Víctor Sierra e Xosé Morais | Nomeados | |
| Mellor dirección de arte | Ángel Amaro | Nomeado | |
| Mellor dirección de produción | Paula Fernández | Nomeada | |
| Mellor montaxe | Marisol Torreiro, Dani Castro, Óscar González, Lu Rodríguez, Pablo Muñoz e Pablo Paz | Nomeados | |
| Mellor música orixinal | Manu Conde | Nomeado | |
| Mellor son | Alfonso Couceiro e Víctor Seixo | Nomeados |
Celtic Media Festival
[editar | editar a fonte]| Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2015 | Mellor serie de drama | Voz Audiovisual para TVG | Nomeado |
Emisión noutros países
[editar | editar a fonte]Desde o 25 de outubro de 2016[4] a canle rusa AXN Sci-Fi emite a serie co título de Черный лес.
Tamén se emitiu nos Estados Unidos baixo o nome de Black Forest.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Unha amiga da infancia de Evaristo chega hoxe a "Serramoura", mentres que Santos intenta facerse co serradoiro dos Soutelo". Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2015. Consultado o 20 de abril de 2015.
- ↑ «Serramoura» despide su segunda temporada con una nueva muerte
- ↑ "Serramoura trae novas tramas e intrigas paras as noites dos domingos na TVG". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2016. Consultado o 08 de maio de 2016.
- ↑ A serie da Televisión de Galicia 'Serramoura' chega ás pantallas rusas CRTVG, 10 de outubro de 2016
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Serramoura, na web da CRTVG