Saltar ao contido

3 por 4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

3 por 4
 Instancia de
 Lingua orixinal
Organizacións
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
27 de agosto de 1988 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración90 min Editar o valor en Wikidata
Número de tempadas1 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Wikidata

3 por 4 foi un programa concurso musical emitido pola Televisión de Galicia en 1988.

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

No programa concursaban por unha banda cantantes solistas e pola outra grupos de rock e pop que tiñan que cantar en directo catro temas, deles un mínimo do 50% en galego. A orquestra do programa acompañaba os cantates solistas que podían levar temas propios ou alleos mentres os grupos tiñan obrigatoriamente que levar temas propios. Un xurado elixía os gañadores de cada programa mediante a visulización dunha cinta de vídeo, formábano o cantante Alberto Comesaña, o membro da Orquestra Os Player's José Meroño, o presentador de Radio Catro Marcos López, a cantante Uxía e o presentador de Radio Popular de Vigo Alfonso López. Os 10 con máis puntos de cada categoría pasaban á rolda final. O primeiro premio consistía en 1 000 000 de pesetas.