Trisha Fernández
Trisha Fernández | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 19 de novembro de 1994 |
Lugar de nacemento | Luanda |
Nacionalidade | España |
Ocupación | actriz, modelo e presentadora |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Trisha Fernández de Jesús, coñecida como Trisha Fernández, nada en Luanda (Angola) o 19 de novembro de 1994, é unha actriz, modelo e presentadora galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Filla de galego e angolana, a súa nai morreu cando tiña dous anos e ela e seu pai viñeron para Galicia onde se criou entre Filgueira (Crecente) e A Cañiza.[1] Despois marchou a Vigo estudar, IES da Guía, comezou a facer traballos de modelo[2] e en 2013 representou a Galicia no certame de Miss España, ademais de xogar a balonmán.[3] Logo marchou a Madrid durante 8 anos e foise facendo coñecida polo seu papel de Marcia en Acacias 38[4]. Antes da pandemia do coronavirus abrira o local de hostelaría La Lola Albacería.
Volveu a Galicia e en setembro de 2021 comezou a presentar o Luar da TVG con Xosé Ramón Gayoso. Participou noutros programas da TVG como Land Rover, Atrápame se podes, Comando G ou Tupper Club.
Filmografía[5][editar | editar a fonte]
- Ocultos (2015). Curtametraxe.
- Aquelarre (2016). Curtametraxe.
- Chistes de amor (2017). Curtametraxe.
- Serás mi novia (2018). Curtametraxe.
- Todo por el juego (2018). Serie TV.
- Cuentos cortos de Carlos Cabero (2018). Serie TV.
- Cuando florezca el cerezo (2018), de Carlos Cabero.
- Fariña (2018). Mini serie TV. Como a moza da piscina.
- Bernarda (2018), de Emilio Ruiz Barrachina.
- Nunca fuimos ángeles (2019), de Carlos Cabero.
- En el corredor de la muerte (2019). Mini serie TV.
- Acacias 38 (2019-2020). Serie TV. Como Marcia Sampaio.
- No muertos (2020). Serie TV.
- Encerrados (2021), de Carlos Cabero.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ López, Belén (2022-01-10). "Trisha Fernández: "Dende que entrei no 'Luar' sentinme como na casa"". Diario de Pontevedra. Consultado o 2022-01-10.
- ↑ "Flash Moda - Trisha Fernández, un estilo casual que siempre triunfa" (en castelán). 2021-05-17. Consultado o 2022-01-10.
- ↑ "«Es un orgullo trabajar en gallego»". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-09-28. Consultado o 2022-01-10.
- ↑ "Trisha Fernández, la nueva presentadora del programa Luar de la Televisión de Galicia". Quincemil (en castelán). Consultado o 2022-01-10.
- ↑ "Trisha Fernández". IMDb. Consultado o 2022-01-10.