Son de estrelas
| Son de estrelas | |||
|---|---|---|---|
|
Título
| |||
|
Instancia de
| |||
|
Xénero
| |||
|
Lingua orixinal
| |||
| Autoría | |||
|
Presentador/a
| |||
| Publicación | |||
|
Compañía produtora
| |||
|
Emisora orixinal
| |||
| Datas | |||
| |||
| Dimensión | |||
| |||
| Localización | |||
| |||
| Fontes e ligazóns | |||
| Wikidata | |||
Son de estrelas é un programa concurso-reality musical, producido pola empresa Voz Audiovisual, e emitido pola Televisión de Galicia en 2007. Presentado por Teté Delgado, busca seleccionar un cantante de entre 54 participantes de todas as comarcas de Galiza e da emigración.
Descrición
[editar | editar a fonte]O concurso ten como obxectivo elixir o mellor ou a mellor cantante de entre todos os que se presentaron a un proceso de selección, e que actúan como representantes das súas comarcas. A esa primeira selección presentáronse 1.000 concursantes. Destes escolléronse 53, un de cada unha das comarcas de Galiza, e un máis en representación da Galiza da emigración.
O concurso non focaliza o aspecto de formación e adestramento, senón o apoio dos veciños e familiares, a través de documentais emitidos no programa. Polo tanto, está a medio camiño entre o docu-soap e o concurso-reality musical. Con todo, si que existe un asesoramento dos concursantes na preparación das pezas, na coreografía ou o vestiario.
O xurado da primeira edición compúñano Nonito Pereira, Pili Pampín, Anxos Ferradáns e Iria Pinheiro.
O casting da 2ª edición de Son de Estrelas comezou na comarca de Verín o 3 de decembro de 2007. Houbo outros en Caldas de Reis o 26 de decembro de 2007 no hotel Sena, no Porriño o 27 de decembro de 2007 no bar Liceum, e en Cangas o 28 de decembro de 2007 no hotel Jucamar.
Audiencia
[editar | editar a fonte]O programa tivo moito éxito. No mes de abril de 2007, por exemplo, acadou o 18,9% de cota de pantalla media.
Gañadores
[editar | editar a fonte]A gañadora da primeira edición foi Belén Monís, de Cualedro.
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]| Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2008 | Mellor comunicador | Teté Delgado | Nomeada |