Galicia no tempo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°52′54.52″N 08°32′40.03″O / 42.8818111, -8.5444528

Galicia no tempo foi unha exposición realizada en 1991 sobre a arte galega no Mosteiro de San Martiño Pinario.[1] Organizada pola Xunta de Galicia en colaboración coa Generalitat de Cataluña cun orzamento de 600 millóns de pesetas, e con Xosé Manuel García Iglesias como comisario, presentaba arredor de 250 pezas de escultura e ourivaría de entre o século XVI e a idade moderna.

A exposición derivou tamén nunha serie de televisión presentada por Eva Veiga e dirixida por Miguel Piñeiro,[2] a primeira documental da CRTVG,[3] e nun disco homónimo de música ambiental interpretado polo grupo Milladoiro.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]