Festival de Eurovisión 2018
Festival de Eurovisión 2018 | |
---|---|
Datas | |
Semi-final 1 | 8 de maio de 2018 |
Semi-final 2 | 10 de maio de 2018 |
Final | 12 de maio de 2018 |
Anfitrión | |
Lugar | Altice Arena, Lisboa, Portugal[1] |
Presentador(es) | Catarina Furtado Daniela Ruah Filomena Cautela Sílvia Alberto |
Supervisor executivo | Jon Ola Sand |
Produtor executivo | João Nuno Nogueira[2] |
Televisión anfitrioa | |
Acto(s) intermedio(s) | Final: "Amar pelos dois" e outra canción de Salvador Sobral Un dueto entre Salvador Sobral e Caetano Veloso Música electrónica interpretada por Branko ft. Sara Tavares, Mayra Andrade e Dino D'Santiago |
Participantes | |
Participantes | 43 |
Países que retornan | Rusia |
Mapa
| |
Votacións | |
Sistema de votación | Primeiro preséntanse os votos dos xurados nacionais de maneira individual, que outorgan 1-8 e 10 puntos, (aparecen automaticamente nas pantallas) e 12 puntos no formato tradicional, dicindo en voz alta a que país lle corresponden.
En segundo lugar preséntanse os resultados do televoto no que cada país entrega 1-8, 10 e 12 puntos ás cancións preferidas. Todos eses votos súmanse e son entregados a cada país de menor a maior puntuación, de maneira conxunta.[3] |
Canción gañadora | «Toy», Netta Israel |
Festival de Eurovisión | |
◄2017 2019► |
O LXIII Festival da Canción de Eurovisión celebrouse na capital lusa, Lisboa, os días 8, 10 e 12 de maio de 2018.[1][4][5] O certame foi albergado no Altice Arena, tras a vitoria de Portugal na edición anterior.[5][6] Tanto as semifinais coma a final foron presentadas por Filomena Cautela, Sílvia Alberto, Daniela Ruah e Catarina Furtado.
Corenta e tres países participaron na competición, igualando o récord do Festival de Eurovisión 2008 e Festival de Eurovisión 2011. Rusia regresou ao festival trala súa ausencia na edición anterior, e por primeira vez desde o 2011 ningún país deixou o concurso.
Esta edición estivo marcada polo feito de que tanto Azerbaidján, Romanía e Rusia non se clasificaron para a final por primeira vez desde a introdución das semifinais no Festival de Eurovisión 2004. Por outra banda, ningún país da zona do Cáucaso logrou tampouco clasificarse para a final, o que non ocorría desde o Festival de Eurovisión 2005.
O país gañador do Festival de Eurovisión 2018 foi Israel coa canción "Toy", interpretada por Netta. Esta foi a cuarta vitoria de Israel no concurso, sendo as anteriores nos anos Festival de Eurovisión 1978, Festival de Eurovisión 1979 e Festival de Eurovisión 1998. Nesta edición tanto Chipre como a República Checa recibiron as súas mellores puntuacións desde os seus respectivos debuts, obtendo a 2ª e 6ª praza respectivamente, mentres que Portugal, o país anfitrión, quedou último.[7]
Organización
[editar | editar a fonte]Sede do festival
[editar | editar a fonte]Tras a vitoria de Salvador Sobral no Festival da Canción de Eurovisión de 2017 coa canción "Amar pelos dois",[6] a edición de 2018 está programada para ter lugar en Portugal.[8] O supervisor executivo de Eurovisión, Jon Ola Sand, emitiu a invitación de acollida a Rádio e Televisão de Portugal (RTP) durante a conferencia de prensa do gañador, entregando un "dossier" de organizador á RTP.[8]
O 15 de maio de 2017, a RTP declarou que o evento tería lugar en Lisboa, e informou que a Unión Europea de Radiodifusión suxeriulles o MEO Arena como recinto potencial[5][9], aínda que non confirmou este extremo de xeito definitivo.[5] Esta decisión desencadeou críticas polo seu carácter centralista, xa que, nos anos anteriores, todos os países anfitrións elixiron o lugar do festival a través dun concurso. En reacción, o día seguinte, o director de programas de RTP, Daniel Deusdado, volveu atrás e garantiu que "non hai decisión sobre o local" e que a estación pública portuguesa "vai mirar cara ao mapa de Portugal", antes de elixir unha localización, que será determinada polos custos, área cuberta, condicións do contorno e capacidade hoteleira.[10] Os concellos de Lisboa, Guimarães, Faro e Santa Maria da Feira declararon o seu interese en recibir o evento.[11] Pola contra, o concello do Porto, unha seria cidade candidata a recibir o festival, na voz do seu presidente, Rui Moreira, non mostrou interese en recibir o evento xustificando como razóns o custo que iso tería para a cidade e que o concello non estaría diposto a pagar. Así mesmo, o Consello Metropolitano do Porto defendeu, en declaracións do seu presidente, a realización do festival na Área Metropolitana do Porto, pero no municipio de Santa Maria da Feira, onde se sitúa o Europarque, un dos máis grandes centros de convencións de Portugal. O responsable engadiu que, nun radio de 30 quilómetros ao redor do Europarque "hai máis de oito mil camas, quedando próximo do aeroporto e dos principais ferrocarrís", polo que, para a organización do evento, "Lisboa e o Porto están en igualdade, pero xa é tempo de que non quede todo centralizado en Lisboa".[12]
O 25 de xullo de 2017, a RTP e a UER anunciaron en rolda de prensa que Lisboa fora seleccionada como sede, sendo Braga, Gondomar, Guimarães e Santa Maria da Feira as outras candidaturas que se incluíran no proceso de licitación.[1][13]
Sede elixida
Cidade | Sede | Capacidade | Información |
---|---|---|---|
Braga | Parque de Exposições de Braga | 3 000 15 000 (tras reconstrución) |
O Parque de Exposições de Braga é unha estrutura dedicada a feiras, exposicións, congresos e eventos socio-culturais, científicos, recreativos e deportivos. Aínda que a capacidade actual é de 3.000 espectadores, está prevista unha reconstrución que eleve a capacidade a 15.000 persoas. |
Gondomar | Multiúsos Gondomar Coração de Ouro[14] | 8 000 | O pavillón permite realizar múltiples deportes, así como exposicións, espectáculos culturais, actividades de carácter económico-social e concertos de música. Aínda que a capacidade máxima é de 4.400 espectadores, cando o público está de pé pode albergar ata 8.000 persoas. |
Guimarães | Multiusos de Guimarães | 5 000 | Recibe anualmente grandes concertos e eventos internacionais. |
Lisboa | Altice Arena | 20 000 | Recibiu a Expo98,[15] o Mundial de Baloncesto Sub19 de 1999,[16] oos MTV Europe Music Awards de 2005,[17] a Web Summit 2016 e moitos concertos e grandes eventos internacionais. |
Santa Maria da Feira | Europarque[11] | 11 000 | Parte do centro de convencións máis importante da rexión do Porto, recibiu a final do Festival RTP da Canção de 2001 e moitos concertos e eventos internacionais. Foi a sede defendida polo consello da Área Metropolitana do Porto. |
Datas
[editar | editar a fonte]O 25 de xullo de 2017, na mesma rolda de prensa na que se anunciou Lisboa como cidade sede, as datas das semifinais fixáronse o 8 e o 10 de maio de 2018, e a final o 12 de maio.[1]
Lista de participantes
[editar | editar a fonte]País e TV | Título orixinal da canción | Artista | Proceso e data de selección |
---|---|---|---|
Tradución ao galego | Idiomas | ||
Albania[18] RTSH |
«Mall» | Eugent Bushpepa | Festivali i Këngës 56, 23-12-2017 (Presentación da versión final, 16-03-2018) |
«Anhelo» | Albanés | ||
Alemaña[19] NDR |
«You Let Me Walk Alone» | Michael Schulte | Unser Lied für Lissabon, 22-02-2018 |
«Ti me deixastes camiñar só» | Inglés | ||
Armenia[20] AMPTV |
«Qami» (Քամի) | Sevak Khanagyan | Depi Evratesil 2018, 25-02-2018 (Presentación da versión final, 21-03-2018) |
«Vento» | Armenio | ||
Australia[21] SBS |
«We Got Love» | Jessica Mauboy | Presentación da canción, 08-03-2018 (Cantante elixida internamente, 11-12-2017)[22] |
«Temos amor» | Inglés | ||
Austria[23] ORF |
«Nobody but You» | Cesár Sampson | Presentación da canción, 09-03-2018 (Cantante elixido internamente, 05-12-2017)[23] |
«Ninguén máis ca ti» | Inglés | ||
Azerbaidján[24] İctimai |
«X My Heart» | Aisel | Presentación da canción, 04-03-2018 (Cantante elixida internamente, 08-11-2017) (Presentación da versión final, 13-03-2018) |
«X meu corazón» | Inglés | ||
Bélxica[25] VRT |
«A Matter of Time» | Sennek | Presentación da canción, 05-03-2018 (Cantante elixida internamente, 28-09-2017) |
«Cuestión de tempo» | Inglés | ||
Belarús[26] BRTC |
«Forever» | ALEKSEEV | EuroFest 2018, 16-02-2018 (Presentación da versión final, 28-03-2018) |
«Para sempre» | Inglés | ||
Bulgaria[27] BNT |
«Bones» | Equinox | Elección interna, 12-03-2018 |
«Ósos» | Inglés | ||
Croacia[28] HRT |
«Crazy» | Franka Batelić | Presentación da canción, 06-03-2018 (Cantante elixida internamente, 13-02-2018) |
«Tola» | Inglés | ||
Chipre[29] CyBC |
«Fuego» | Eleni Foureira | Presentación da canción, 02-03-2018 (Cantante elixida internamente, 25-01-2018) |
«Lume» | Español e inglés | ||
Dinamarca DR |
«Higher Ground» | Rasmussen | Dansk Melodi Grand Prix 2018, 10-02-2018 |
«Terras altas» | Inglés | ||
Eslovenia[30] RTVSLO |
«Hvala, ne!» | Lea Sirk | Evrovizijska Melodija (EMA) 2018, 24-02-2018[30] |
«Non, grazas!» | Esloveno | ||
España[31] TVE |
«Tu canción» | Amaia e Alfred | Operación Triunfo 2017, 29-01-2018 (Presentación da versión final, 09-03-2018) |
«A túa canción» | Español | ||
Estonia[32] ERR |
«La forza» | Elina Nechayeva | Eesti Laul 2018, 03-03-2018[32] |
«A forza» | Italiano | ||
Finlandia[33] Yle |
«Monsters» | Saara Aalto | Uuden Musiikin Kilpailu (UMK) 2018, 03-03-2018[33] (Cantante elixida internamente, 07-11-2017) |
«Monstros» | Inglés | ||
Francia[34] France 2 |
«Mercy» | Madame Monsieur | Destination Eurovision 2018, 27-01-2018[34] (Presentación da versión final, 12-03-2018) |
- | Francés | ||
Xeorxia[35] GPB |
«For you» | Iriao | Presentación da canción, 13-03-2018 (Grupo elixido internamente, 01-01-2018) |
«Por ti» | Xeorxiano | ||
Grecia ERT |
«Oniro Mou» (Όνειρο Μου) | Gianna Terzi | Elección interna, 16-02-2018 |
«O meu sono» | Grego | ||
Hungría[36] MTVA |
«Viszlát nyár» | AWS | A Dal 2018, 24-02-2018[37] |
«Adeus verán» | Húngaro | ||
Irlanda[38] RTÉ |
«Together» | Ryan O'Shaughnessy | Presentación da canción, 09-03-2018 (Cantante elixido internamente, 31-01-2018)[39] |
«Xuntos» | Inglés | ||
Islandia[40] RÚV |
«Our Choice» | Ari Ólafsson | Söngvakeppnin 2018, 03-03-2018 |
«A nosa elección» | Inglés | ||
Israel[41] IPBC |
«Toy» | Netta | The Next Star 2018, 13-02-2018 (Presentación da canción, 10-03-2018) |
«Xoguete» | Inglés | ||
Italia[42] RAI |
«Non mi avete fatto niente» | Ermal Meta e Fabrizio Moro | San Remo 2018, 10-02-2018[42] |
«Non me ficheches nada» | Italiano | ||
Letonia[43] LTV |
«Funny Girl» | Laura Rizzotto | Supernova 2018, 24-02-2018 |
«Chica divertida» | Inglés | ||
Lituania[44] LRT |
«When We're Old» | Ieva Zasimauskaitė | Eurovizijos Atranka 2018, 11-03-2018[44] |
«Cando sexamos vellos» | Inglés | ||
Macedonia (ARI)> MKRTV |
«Lost and Found» | Eye Cue | Presentación da canción, 11-03-2018 (Dúo elixido internamente, 13-02-2018) |
«Perdidos e atopados» | Inglés | ||
Malta[45] PBS |
«Taboo» | Christabelle | Malta Eurovision Song Contest (MESC) 2018, 03-02-2018 (Presentación da versión final, 09-03-2018) |
«Tabú» | Inglés | ||
Moldova TRM |
«My Lucky Day» | DoReDoS | O Melodi Pentru Europa 2018, 24-02-2018 (Presentación da versión final, 12-03-2018) |
«Meu día de sorte» | Inglés | ||
Montenegro[46] RTCG |
«Inje» | Vanja Radovanović | Montevizija 2018, 17-02-2018 (Presentación da versión final, 11-03-2018) |
«Escarcha» | Montenegrino | ||
Noruega[47] NRK |
«That's How You Write a Song» | Alexander Rybak | Norsk Melodi Grand Prix 2018, 10-03-2018[47] |
«Así é como se escribe unha canción» | Inglés | ||
Países Baixos AVROTROS |
«Outlaw in 'Em» | Waylon
</ref> |
Presentación da canción, 02-03-2018 (Cantante elixido internamente, 09-11-2017) |
«Foraxido neles» | Inglés | ||
Polonia TVP |
«Light Me Up» | Gromee feat. Lukas Meijer | Krajowe Eliminacje 2018, 03-03-2018 |
«Acéndeme» | Inglés | ||
Portugal[48] RTP |
«O Jardim» | Cláudia Pascoal | Festival da Canção 2018, 04-03-2018 |
«O Xardín» | Portugués | ||
Reino Unido[49] BBC |
«Storm» | SuRie[50] | Eurovision: You Decide 2018, 07-02-2018 (Presentación da versión final, 07-03-2018) |
«Tormenta» | Inglés | ||
República Checa[51] ČT |
«Lie to Me» | Mikolas Josef[52] | Eurovision Song CZ 2018, 29-01-2018 (Presentación da versión final, 13-03-2018) |
«Ménteme» | Inglés | ||
Rumania[53] TVR |
«Goodbye» | The Humans | Selecţia Naţională 2018, 25-02-2018 |
«Adeus» | Inglés | ||
Rusia[54][55] C1R |
«I Won’t Break» | Yulia Samoylova | Presentación da canción, 11-03-2018 (Cantante elixida internamente, 29-01-2018) |
«Non me romperei» | Inglés | ||
San Marino[56] SMRTV |
«Who We Are» | Jessika feat. Jenifer Brening | 1in360 show 2018, 03-03-2018 |
«Quen somos» | Inglés | ||
Serbia[57] RTS |
«Nova deca» (Нова деца) | Sanja Ilić e Balkanika | Beovizija 2018, 20-02-2018 (Presentación da versión final, 26-03-2018) |
«Novos nenos» | Lingua construída, serbio e torlak | ||
Suecia[58] SVT |
«Dance You Off» | Benjamin Ingrosso | Melodifestivalen 2018, 10-03-2018 |
«Bailarte» | Inglés | ||
Suíza[59] SRG SSR |
«Stones» | Zibbz | Die Große Entscheidunsshow 2018, 04-02-2018 (Presentación da versión final, 12-03-2018) |
«Pedras» | Inglés | ||
Ucraína[60] UA:PBC |
«Under the Ladder» | Mélovin | Nacionalnij Vidbir 2018, 24-02-2018 |
«Baixo da escaleira» | Inglés |
Sorteo de semifinais
[editar | editar a fonte]Os compoñentes do Big Five (Alemaña, España, Francia, Italia e Reino Unido) e o anfitrión Portugal teñen garantido o seu pase á final do festival, que se celebrará o 12 de maio.
Os outros 37 países gañaranse este posto na semifinal. 19 deles enfrontaranse na primeira semifinal do 8 de maio mentres que os outros 18 restantes farán o propio o 10 de maio. Os dez máis votados de cada semifinal conseguirán o pase á gran final. O sorteo para decidir en que semifinal actuará cada candidatura e en que metade (primeira metade ou segunda metade) levouse a cabo o 29 de xaneiro de 2018 no Concello de Lisboa; para iso os países participantes foron repartidos en seis bombos en razón á súa localización xeográfica e tendencia nas votacións.[61]
Bombo 1 | Bombo 2 | Bombo 3 | Bombo 4 | Bombo 5 | Bombo 6 |
---|---|---|---|---|---|
1.ª semifinal 8 de maio de 2018 |
2.ª semifinal 10 de maio de 2018 | ||
---|---|---|---|
1ª metade: Belarús Bulgaria Lituania Albania República Checa Bélxica Islandia Azerbaidján Israel Estonia |
2ª metade: Suíza Finlandia Austria Irlanda Armenia Chipre Croacia Grecia Macedonia |
1ª metade: Rusia Serbia Dinamarca Romanía Australia Noruega Moldova San Marino Países Baixos |
2ª metade: Montenegro Suecia Hungría Malta Letonia Xeorxia Polonia Eslovenia Ucraína |
Con dereito a voto: España Portugal Reino Unido |
Con dereito a voto: Alemaña Francia Italia |
Festival
[editar | editar a fonte]Semifinais
[editar | editar a fonte]Primeira semifinal
[editar | editar a fonte]A primeira semifinal celebrouse o 8 de maio de 2018 21:00 CEST. Participaron 19 países e só 10 pasaron á Gran Final. Un total de 22 países tiveron dereito a voto: os 19 participantes desta serie máis España, Reino Unido e Portugal, quen xa estaban directamente clasificados ao ser membros de Big Five e o país anfitrión respectivamente.
Os países resaltados obtiveron a clasificación para a Gran Final aparecen resaltados na seguinte táboa:[62]
Nº | País | Intérprete(s) | Canción | Lugar | Puntos |
---|---|---|---|---|---|
01 | Azerbaidján | Aisel | «X My Heart» | 11 | 94 |
02 | Islandia | Ari Ólafsson | «Our Choice» | 19 | 15 |
03 | Albania | Eugent Bushpepa | «Mall» | 8 | 162 |
04 | Bélxica | Sennek | «A Matter of Time» | 12 | 91 |
05 | República Checa | Mikolas Josef | «Lie to Me» | 3 | 232 |
06 | Lituania | Ieva Zasimauskaitė | «When We're Old» | 9 | 119 |
07 | Israel | Netta | «Toy» | 1 | 283 |
08 | Belarús | Alekseev | «Forever» | 16 | 65 |
09 | Estonia | Elina Nechayeva | «La forza» | 5 | 201 |
10 | Bulgaria | EQUINOX | «Bones» | 7 | 177 |
11 | Macedonia (ARI) | Eye Cue | «Lost and Found» | 18 | 24 |
12 | Croacia | Franka | «Crazy» | 17 | 63 |
13 | Austria | Cesár Sampson | «Nobody but You» | 4 | 231 |
14 | Grecia | Gianna Terzi | «Oneiro mou» | 14 | 81 |
15 | Finlandia | Saara Aalto | «Monsters» | 10 | 108 |
16 | Armenia | Sevak Khanagyan | «Qami» | 15 | 79 |
17 | Suíza | Zibbz | «Stones» | 13 | 86 |
18 | Irlanda | Ryan O'Shaughnessy | «Together» | 6 | 179 |
19 | Chipre | Eleni Foureira | «Fuego» | 2 | 262 |
Segunda semifinal
[editar | editar a fonte]A segunda semifinal do Festival de Eurovisión 2018 celebrouse o 10 de maio de 2018, (21:00 horas CEST). 18 países participaron neste evento, en busca dun dos 10 postos para a final. Un total de 21 países tiveron dereito a voto neste semifinal: os 18 participantes máis Alemaña, Francia e Italia, quen xa se atopan directamente clasificados ao ser membros de Big Five.
Os países resaltados obtiveron a clasificación para a Gran Final aparecen resaltados na seguinte táboa:[62]
Nº | País | Intérprete(s) | Canción | Lugar | Puntos |
---|---|---|---|---|---|
01 | Noruega | Alexander Rybak | «That's How You Write a Song» | 1 | 266 |
02 | Romanía | The Humans | «Goodbye» | 11 | 107 |
03 | Serbia | Sanja Ilić & Balkanika | «Nova Deca» | 9 | 117 |
04 | San Marino | Jessika feat. Jenifer Brening | «Who We Are» | 17 | 28 |
05 | Dinamarca | Rasmussen | «Higher Ground» | 5 | 204 |
06 | Rusia | Julia Samoylova | «I Won't Break» | 15 | 65 |
07 | Modelo:Country data Moldaova Moldova | DoReDos | «My Lucky Day» | 3 | 235 |
08 | Países Baixos | Waylon | «Outlaw In 'Em» | 7 | 174 |
09 | Australia | Jessica Mauboy | «We Got Love» | 4 | 212 |
10 | Xeorxia | Iriao | «For You» | 18 | 24 |
11 | Polonia | Gromee feat. Lukas Meijer | «Light Me Up» | 14 | 81 |
12 | Malta | Christabelle | «Taboo» | 13 | 101 |
13 | Hungría | AWS | «Viszlát nyár» | 10 | 111 |
14 | Letonia | Laura Rizzotto | «Funny Girl» | 12 | 106 |
15 | Suecia | Benjamin Ingrosso | «Dance You Off» | 2 | 254 |
16 | Montenegro | Vanja Radovanović | «Inje» | 16 | 40 |
17 | Eslovenia | Lea Sirk | «Hvala, ne!» | 8 | 132 |
18 | Ucraína | Mélovin | «Under the Ladder» | 6 | 179 |
Final
[editar | editar a fonte]A final do Festival de Eurovisión de 2018 celebrarase o 12 de maio e estará composta polos 20 clasificados da primeira e da segunda semifinal, o «Big 5» (Alemaña, España, Francia, Italia e o Reino Unido) e o país anfitrión como gañador da edición anterior, Portugal.
Tal como pasou nas semifinais, a orde de actuación foi decidido polos produtores tras coñecerse a identidade dos 20 semifinalistas clasificados e determinarse por azar en que metade da gala actuarán xunto aos finalistas directos (primeira metade, do 1-13; ou segunda metade, do 14-26); con todo, durante a reunión de xefes de delegación dos 43 países participantes determinouse por sorteo que o anfitrión, Portugal, actuase na oitava posición.
Nº | País | Intérprete(s) | Canción | Lugar | Puntos |
---|---|---|---|---|---|
01 | Ucraína | Mélovin | «Under the Ladder» | 17 | 130 |
02 | España | Alfred García e Amaia Romero | «Tu canción» | 23 | 61 |
03 | Eslovenia | Lea Sirk | «Hvala, ne!» | 22 | 64 |
04 | Lituania | Ieva Zasimauskaitė | «When We're Old» | 12 | 181 |
05 | Austria | Cesár Sampson | «Nobody but You» | 3 | 342 |
06 | Estonia | Elina Nechayeva | «La forza» | 8 | 245 |
07 | Noruega | Alexander Rybak | «That's How You Write a Song» | 15 | 144 |
08 | Portugal | Cláudia Pascoal | «O Jardim» | 26 | 39 |
09 | Reino Unido | SuRie | «Storm» | 24 | 48 |
10 | Serbia | Sanja Ilić & Balkanika | «Nova Deca» | 19 | 113 |
11 | Alemaña | Michael Schulte | «You Let Me Walk Alone» | 4 | 340 |
12 | Albania | Eugent Bushpepa | «Mall» | 11 | 184 |
13 | Francia | Madame Monsieur | «Mercy» | 13 | 173 |
14 | República Checa | Mikolas Josef | «Lie to Me» | 6 | 281 |
15 | Dinamarca | Rasmussen | «Higher Ground» | 9 | 226 |
16 | Australia | Jessica Mauboy | «We Got Love» | 20 | 99 |
17 | Finlandia | Saara Aalto | «Monsters» | 25 | 46 |
18 | Bulgaria | EQUINOX | «Bones» | 14 | 166 |
19 | Moldova | DoReDos | «My Lucky Day» | 10 | 209 |
20 | Suecia | Benjamin Ingrosso | «Dance You Off» | 7 | 274 |
21 | Hungría | AWS | «Viszlát nyár» | 21 | 93 |
22 | Israel | Netta | «Toy» | 1 | 529 |
23 | Países Baixos | Waylon | «Outlaw In 'Em» | 18 | 121 |
24 | Irlanda | Ryan O'Shaughnessy | «Together» | 16 | 136 |
25 | Chipre | Eleni Foureira | «Fuego» | 2 | 436 |
26 | Italia | Ermal Meta & Fabrizio Moro | «Non mi avete fatto niente» | 5 | 308 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Jordan, Paul (25 de xullo de 2017). "Lisbon revealed as Host City of the 2018 Eurovision Song Contest!". eurovision.tv (en inglés). Unión Europea de Radiodifusión. Consultado o 25 de xullo de 2017.
- ↑ Mikheev, Andy. "ESCKAZ – Eurovision 2018 – Event page/ Организация конкурса". esckaz.com. ESCKAZ. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2018. Consultado o 29 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Voting | Eurovision Song Contest". eurovision.tv (en inglés). Unión Europea de Radiodifusión. Consultado o 27 de outubro de 2016.
- ↑ "Lisboa será la sede de Eurovisión 2018". abc (en castelán). 2017-05-15. Consultado o 2017-05-17.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 "RTP vai organizar o próximo Festival da Eurovisão". rtp.pt (en portugués). Rádio e Televisão de Portugal. 15 de maio de 2017. Consultado o 16 de maio de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 Jordan, Paul (14 de maio de 2017). "PORTUGAL WINS THE 2017 EUROVISION SONG CONTEST!". eurovision.tv (en inglés). Unión Europea de Radiodifusión. Consultado o 14 de maio de 2017.
- ↑ "ISRAEL'S NETTA WINS THE 2018 EUROVISION SONG CONTEST!". eurovision.tv (en inglés). 13 de maio de 2018. Consultado o 13 de maio de 2018.
- ↑ 8,0 8,1 M. Escudero, Victor; Jordan, Paul; Kryvinchuk, Yullia (14 de maio de 2017). "Winner's Press Conference with Portugal's Salvador Sobral" (en inglés). Unión Europea de Radiodifusión. Consultado o 17 de maio de 2017.
- ↑ Granger, Anthony (15 de maio de 2017). "Lisbon confirmed as host city of Eurovision 2018". eurovoix.com (en inglés). Eurovoix. Consultado o 16 de maio de 2017.
- ↑ Group, Global Media (2017-05-16). "Eurovisão - RTP garante que ainda não escolheu a cidade e que vai olhar para o mapa de Portugal". DN (en portugués). Consultado o 2017-05-16.
- ↑ 11,0 11,1 Marques, Ana Cristina. "Vem aí a Eurovisão. Que comece a guerra dos pavilhões multiusos". Observador. Consultado o 2017-05-16.
- ↑ Marques, Lusa (20 de maio de 2017). "Conselho Metropolitano do Porto quer Festival Eurovisão da Canção 2018 no Europarque". jornaldenegocios.pt (en portugués). Jornal de Negócios. Consultado o 20 de maio de 2017.
- ↑ Diogo, Joao (16 de xuño de 2017). "ESC2018: RTP já fez visitas técnicas a quatro cidades". escportugal.pt (en portugués). ESCPortugal. Consultado o 25 de xullo de 2017.
- ↑ Estas son las cinco ciudades que compiten por acoger Eurovisión 2018 con Lisboa como favorita Eurovision-spain.com 29 de maio de 2017
- ↑ Nash, Elizabeth (30 de xaneiro de 1998). "Expo 98: Lisbon dreams of turning wasteland into lasting beauty". independent.co.uk. The Independent. Consultado o 15 de maio de 2017.
- ↑ FIBA Archives (25 de xullo de 1999). "1999 World Championship for xuñor Men". FIBA. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2017. Consultado o 15 de maio de 2017.
- ↑ NME (8 de decembro de 2004). "MTV Europe Music Awards announce 2005 venue". nme.com. NME. Consultado o 15 de maio de 2017.
- ↑ "RTSH confirma su participación en Eurovisión 2017". esctoday.com (en inglés). 2 de outubro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2017. Consultado o 2 de outubro de 2017.
- ↑ "Alemaña está trabajando en un nuevo formato de preselección para Eurovisión 2018". eurovisionspain.com (en castelán). 9 de xuño de 2017. Consultado o 29 de setembro de 2017.
- ↑ Carrilho, Nuno (13 de agosto de 2017). "ESC2018: AMPTV aprova participação no Festival Eurovisão 2018". escportugal.pt (en portugués). ESC Portugal. Consultado o 20 de agosto de 2017.
- ↑ "Australia:Australia confirma su cuarta participación en Lisboa 2018". eurovisionspain.com. 24 de agosto de 2017. Consultado o 29 de setembro de 2017.
- ↑ "Australia: SBS has selected the Aussie act for Lisbon; announcement on 11 December". esctoday.com (en inglés). 7 de decembro de 2017. Consultado o 8 de decembro de 2017.
- ↑ 23,0 23,1 Granger, Anthony (7 de xullo de 2017). "Austria: Internal selection process for Eurovision 2018". eurovoix.com (en inglés). Eurovoix. Consultado o 20 de agosto de 2017.
- ↑ "Azerbaijan: Ictimai confirms participation in Eurovision 2018". Eurovision News, Polls and Information by esctoday (en inglés). 11 de agosto de 2017. Consultado o 27 de agosto de 2017.
- ↑ Joel Cava (28 de setembro de 2017). "Bélxica abre Lisboa 2018 con su aFlagiconda Laura Groeseneken". songfestival.be (en inglés). Consultado o 29 de setembro de 2017.
- ↑ "ESC2018: Bielorrússia confirma participação no Festival Eurovisão 2018". www.escportugal.pt. Consultado o 27 de agosto de 2017.
- ↑ Martínez, Javi (22 de abril de 2017). "Bulgaria elegirá internamente para Eurovisión 2018". ESC+Plus España. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2017. Consultado o 1 de xuño de 2017.
- ↑ "HVR confirma la participación de Croacia en Eurovisión 2018". eurosong.hr (en croata). 11 de setembro de 2017. Consultado o 16 de outubro de 2017.
- ↑ Santamaría, Igor (15 de setembro de 2017). "Chipre ficha al compositor del La La Love de Ivi Adamou para Eurovisión 2018". eurovisionspain.com. Consultado o 29 de setembro de 2017.
- ↑ 30,0 30,1 "Eslovenia abre plazo para recibir canciones para EMA 18". eurovision-spain.com. 15 de setembro de 2017. Consultado o 29 de setembro de 2017.
- ↑ Macías, Fernando (4 de decembro de 2017). "¡Operación Triunfo irá a Eurovisión 2018!". rtve.es. Consultado o 5 de decembro de 2017.
- ↑ 32,0 32,1 "Tallin Calling: Estonia ya busca canciones para el Eesti Laul 2018". eurovision-spain.com. 19 de setembro de 2017. Consultado o 29 de setembro de 2017.
- ↑ 33,0 33,1 Sitten, Päivää (31 de xaneiro de 2017). "Osallistu Uuden Musiikin Kilpailun 2018 yleiseen hakuun - haku on helmikuun 2017 osalta päättynyt". yle.fi (en finés). Yle. Consultado o 24 de marzo de 2017.
- ↑ 34,0 34,1 Lopes, Benjamin (17 de maio de 2017). "Mission Eurovision : France 2 veut un talent show pour le successeur d’Alma et Amir en 2018". toutelatele.com (en francés). Toutelatele. Consultado o 17 de maio de 2017.
- ↑ "Xeorxia: GPB confirms 2018 participation". ESCXTRA. 30 de xullo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2019. Consultado o 20 de decebro de 2019.
- ↑ "Hungary: MTVA confirms participation in Eurovision 2018". esctoday.com (en inglés). Esctoday. 9 de outubro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2017. Consultado o 9 de outubro de 2017.
- ↑ "Hungary:A Dal 2018 submission window open". esctoday.com (en inglés). Esctoday. 9 de outubro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2017. Consultado o 9 de outubro de 2017.
- ↑ "Irlanda trabaja ya en Eurovisión 2018 barajando retomar su final nacional". eurovision-spain.com (en castelán). Eurovision-spain. 3 de xuño de 2017. Consultado o 3 de xuño de 2017.
- ↑ eurovision-spain.com. "Ryan O’Shaughnessy, la elección interna de Irlanda para Eurovisión". www.eurovision-spain.com. Consultado o 31 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Iceland: RUV confirms participation in Eurovision 2018". Eurovision News, Polls and Information by esctoday (en inglés). 8 de agosto de 2017. Consultado o 27 de agosto de 2017.
- ↑ "Israel: IPBC confirms participation in Eurovision 2018". esctoday.com (en inglés). 3 de outubro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2017. Consultado o 3 de outubro de 2017.
- ↑ 42,0 42,1 Granger, Anthony (15 de maio de 2017). "Italy: head of RAI 1 reveals ambitions for Eurovision & Sanremo". eurovoix.com (en inglés). Eurovoix. Consultado o 17 de maio de 2017.
- ↑ ago, Anthony Granger • 2 months (27 de xuño de 2017). "Latvia: Confirms Eurovision 2018 Participation". Eurovoix. Consultado o 27 de agosto de 2017.
- ↑ 44,0 44,1 Euan (18 de febreiro de 2017). "Lithuania: Klaipėda to host the next final, and changes to next year's format". eurovoix.com (en inglés). Eurovoix. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2017. Consultado o 24 de marzo de 2017.
- ↑ Leone Ganado, Philip (16 de maio de 2017). "No change to Eurovision selection process despite worst result in 10 years". timesofmalta.com (en inglés). Times of Malta. Consultado o 16 de maio de 2017.
- ↑ "Montenegro sorprende con su primera final nacional en 10 años". eurovisionspain.com (en castelán). Eurovision-spain. 18 de outubro de 2017. Consultado o 18 de outubro de 2017.
- ↑ 47,0 47,1 Hyttebakk, Jon Marius (31 de xaneiro de 2017). "MGP frir til Norges beste komponister". nrk.no (en noruegués). NRK. Consultado o 24 de marzo de 2017.
- ↑ Costa, Nelson (7 de marzo de 2017). "[ENTREVISTA] Daniel Deusdado: "Em 2018 temos outro Festival da Canção"". escportugal.pt (en portugués). ESC Portugal. Consultado o 24 de marzo de 2017.
- ↑ "Reino Unido=El Reino Unido parte a Lisboa y abre la convocatoria de canciones". eurovisionspain.com (en castelán). Eurovision-spain. 29 de setembro de 2017. Consultado o 29 de setembro de 2017.
- ↑ "Sorpresa en Reino Unido: SuRie será la aFlagiconda británica en Lisboa". Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2018. Consultado o 7 de febreiro de 2018.
- ↑ Granger, Anthony (16 de maio de 2017). "Czech Republic: Ceska Televize plans regular Eurovision participation". eurovoix.com (en inglés). Eurovoix. Consultado o 16 de maio de 2017.
- ↑ "Chequia se decanta por Mikolas Josef y Lie to Me para Eurovisión 2018". Consultado o 29 de xaneiro de 2018.
- ↑ "EUROVISION 2017. Ilinca și Alex s-au întors acasă. "Ni se pare că am luat un loc onorabil, am fost favoriții publicului"" (en romanés). Consultado o 17 de xuño de 2017.[Ligazón morta]
- ↑ Granger, Anthony (22 de marzo de 2017). "Russia: regardless of hosting country, Yulia will compete at Eurovision 2018". eurovoix.com (en inglés). Eurovoix. Consultado o 13 de maio de 2017.
- ↑ Cava, Joel (16 de maio de 2017). "Rusia, a la espera del veredicto de la UER el próximo 12 de xuño". eurovision-spain.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 17 de xuño de 2017.
- ↑ "San Marino traerá un proyecto revolucionario a Eurovisión". eurovoix.com (en inglés). Eurovoix. 15 de outubro de 2017. Consultado o 15 de outubro de 2017.
- ↑ "Serbia: RTS confirms participation in Eurovision 2018". Eurovision News, Polls and Information by esctoday (en inglés). 7 de agosto de 2017. Consultado o 27 de agosto de 2017.
- ↑ "Melodifestivalen och Eurovision: Vanliga frågor". svt.se (en sueco). Sveriges Television. 1 de marzo de 2017. Consultado o 13 de maio de 2017.
- ↑ ago, Anthony Granger • 2 months (30 de xuño de 2017). "Switzerland: Eurovision 2018 Participation Confirmed". Eurovoix. Consultado o 27 de agosto de 2017.
- ↑ "Eurovision Ukraine: UA:PBC confirms participation in Eurovision 2018". Eurovision News, Polls and Information by esctoday (en inglés). 23 de agosto de 2017. Consultado o 27 de agosto de 2017.
- ↑ Jordan, Paul (12 de xaneiro de 2018). "All Aboard for the Semi-Final Allocation Draw". eurovision.tv (en inglés). Unión Europea de Radiodifusión. Consultado o 20 de xaneiro de 2018.
- ↑ 62,0 62,1 "Exclusive: The Semi-Final rankings of Eurovision 2018!". eurovision.tv (en inglés). 13 de maio de 2018. Consultado o 13 de maio de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Festival de Eurovisión 2018 |
A Galipedia ten un portal sobre: Eurovisión |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Portugal
- Festival da Canción de Eurovisión
- Festival de Eurovisión Júnior
- Historia do Festival de Eurovisión
- Eurovisión Coro do Ano
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Predecesor: Kiev 2017 |
Festival de Eurovisión Lisboa 2018 |
Sucesor: Israel 2019 |