San Marino no Festival de Eurovisión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Marino

Estación membro SMRTV
Final nacional Elección interna
Aparicións 5
Primeira aparición 2008
Mellor resultado
Final 24º 2014
Semifinal 10º 2014
Peor resultado
Final 24º 2014
Semifinal 19º 2008
Ligazóns externas
Páxina de San Marino en Eurovision.tv

San Marino, xunto con Liechtenstein, Kosovo (un estado parcialmente recoñecido) e a Cidade do Vaticano, era un dos catro únicos países situados completamente en Europa que non participaran nunca no Festival de Eurovisión. Finalmente, o 21 de novembro de 2007 anunciouse que o pequeno país europeo participaría por primeira vez en Belgrado.[1]

San Marino estivo representada na primeira semifinal o 20 de maio de 2008 polo grupo de rock Miodio e a canción Cómplice, obtendo a última posición con tan só 5 puntos (2 puntos de Andorra e 3 de Grecia); ao ano seguinte San Marino decidiu retirarse do Festival de Eurovisión.

En 2011 o país decide volver ao evento tras dous anos sen participar alegando problemas financeiros. Nesta ocasión foi elixida a cantante de orixe eritreo Senit, presentando unha balada coa canción "Stand by" ("Estarei presente"). Tamén participou na semifinal pero non pasou á final aínda que mellorou o resultado obtido na anterior edición con 29 puntos outorgados por oito países. Ademais, si só tivésese en conta a votación do xurado, a canción clasificouse para a final ao quedar en noveno posto con 74 puntos.

Para Eurovisión 2012, SMRTV presentou a canción "Facebook uh, oh, oh (A satirical song)", interpretada por Valentina Monetta. A composición, elixida internamente, foi rexeitada pola Unión Europea de Radiodifusión debido a que a súa letra rompía as regras contra o uso de marcas comerciais ao repetir múltiples veces o nome da empresa Facebook. Finalmente SMRTV presentou unha versión do título sen referencias a Facebook titulada "The social network song (oh oh-uh-oh oh)". Na semifinal quedou no posto 14º con 31 puntos. Malia non conseguir pasar á final, conseguiu votos de países que nunca votaran a San Marino, (Moldavia 7 puntos, Montenegro 4).

Confirmou a súa participación en Eurovisión 2013, sendo a cuarta no certame. O seu representante sería de novo Valentina Monetta, co tema Crisalide (Vola), interpretado en italiano. Participou na segunda semifinal sendo unha das favoritas nas casas de apostas pero con todo non logrou clasificarse.[2] A noite logo da final de Eurovisión déronse a coñecer os resultados das semifinais, onde San Marino clasificar no posto 11 con 47 puntos, a tan só 16 puntos de clasificarse se non fose por Xeorxia que obtivo o posto 10 con 63 puntos. Aínda así o director da SMRTV, Carlo Romeo, quedou moi satisfeito co resultado obtido pola artista, declarando: Bravissima Valentina.

En xuño de 2013 representantes da televisión do país confirmaron a asistencia desta pequena república á edición 2014 en Copenhague, sendo dos primeiros países en facelo. Pronto anunciaron que pensaban insistir con Valentina Monetta como representante[3], o cal confirmouse o 19 de xuño [4] convertendo a Monetta na cuarta persoa en participar tres veces consecutivas no evento. En marzo de 2014 presentouse a canción Maybe (Forse) ("Pode ser")[5], coa cal participou na primeira semifinal do 6 de maio. Nesta ocasión, San Marino conseguiu por primeira vez na súa historia a clasificación para a gran final do Festival de Eurovisión.

Miodio en Belgrado (2008)

Ata 2014, a súa puntuación media é de 28,5 puntos.

Valentina Monetta en Malmö (2013).

España foi o país que máis puntos lle deu a San Marino nunha semifinal (10 puntos).

Participación[editar | editar a fonte]

Ano Sede Artista Canción Final Pts Semifinal Pts
2008 Belgrado Miodio "Complice" 19 5
2009 Moscova Non participou
2010 Oslo Non participou
2011 Alemaña Düsseldorf Senit "Stand by" 16 34
2012 Acerbaixán Bakú Valentina Monetta "The social network song" 14 31
2013 Malmö Valentina Monetta "Crisalide (Vola)" 11 47
2014 Dinamarca Copenhague Valentina Monetta "Maybe (Forse)" 24 14 10 40
2015 Austria Por determinar - - - - - -

Votacións de San Marino 2008-2014[editar | editar a fonte]

Final[editar | editar a fonte]

San Marino deu máis puntos a:

Posición País Puntos
1 Grecia Grecia 32
2 Italia Italia 23
3 Acerbaixán 16
4 Albania 15
5 Noruega Noruega 14
6 Malta Malta 12

Final[editar | editar a fonte]

San Marino recibiu máis puntos de:

Posición País Puntos
1 Hungría Hungría 4
2 Acerbaixán 3
Albania 3
Armenia 3
3 Moldavia Moldavia 1

Semifinal[editar | editar a fonte]

San Marino deu máis puntos a:

Posición País Puntos
1 Grecia Grecia 37
2 Albania 29
3 Armenia 25
4 Malta Malta 22
5 Acerbaixán 14
6 Países Baixos Países Baixos 12
Hungría Hungría 12
Romanía Romanía 12
Irlanda Irlanda 12
Noruega Noruega 12

Semifinal[editar | editar a fonte]

San Marino recibiu máis puntos de:

Posición País Puntos
1 Albania 26
2 Acerbaixán 18
3 Malta Malta 12
4 España España 11
Armenia 11
5 Hungría Hungría 9

12 Puntos[editar | editar a fonte]

Ano Dados Recibidos
Final Semi Final Semi
2008 Grecia Grecia Non clasificado
-
2009 Non participou
2010 Non participou
2011 Italia Malta Non clasificado
-
2012 Albania Irlanda Non clasificado
-
2013 Grecia Grecia Non clasificado
-
2014 Acerbaixán Países Baixos
-
-

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Exclusive: San Marino in Belgrade confirmed". ESCToday.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de febreiro de 2012. Consultado o 21 de novembro de 2007. 
  2. "Así van las apuestas de Eurovisión 2013". 
  3. «ESC 2014, San Marino: “Disposti a riconfermare la Monetta” Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine.» (en italiano).
  4. «Valentina Monetta se perfila una vez más como la representante de San Marino en 2014».
  5. "«San Marino: Snippets of Valentina’s entry online».". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2014. Consultado o 16 de maio de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]