Unión Soviética no Festival de Eurovisión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unión Soviética

Estación membro CT USSR
Final nacional
Aparicións
Primeira aparición
Mellor resultado
Final
Semifinal
Peor resultado
Final
Semifinal
Ligazóns externas
[ Páxina de Unión Soviética en Eurovision.tv]

A Unión Soviética nunca participou no Festival de Eurovisión pero fixo varios intentos a finais dos anos 80's.

En 2009, Eduard Fomin, un antigo empregado do Ministerio de Educación da República Soviética Federativa Socialista de Rusia, revelou que en 1987 George Vaselov, o Ministro de Educación da Unión Soviética presentou a idea da participación soviética no Festival de Eurovisión, debido ao número de reformas políticas feitas polo Presidente da Unión Soviética Mikhail Gorbachev a finais da década de 1980. A idea era todo unha cuestión política, co pensamento de que unha vitoria no concurso para a Unión Soviética tería impacto sobre as relacións entre a Unión Soviética e os países capitalistas de occidente. Valery Leontiev foi suxerido como o cantor para a primeira entrada da Unión Soviética no concurso, pero as ideas de Veselov non foron compartidas polo Partido Comunista da Unión Soviética, e polo propio Gorbachov, crendo ser demasiado radical o paso a tomar, e por iso a Unión Soviética non participou nunca no concurso antes de disolverse.[1]

Dez das antigas repúblicas soviéticas participaron após a súa independencia nos anos 90's e 00's: Rusia, Estonia, Lituania, Letonia, Ucraína, Belarús, Moldavia, Armenia, Xeorxia e Acerbaixán.

Referencias[editar | editar a fonte]