Festival de Eurovisión 2016

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Festival de Eurovisión 2016
Datas
Semi-final 1 10 de maio
Semi-final 2 12 de maio
Final 14 de maio
Anfitrión
Lugar Globen Arena
Estocolmo, Suecia Suecia
Presentador(es) Måns Zelmerlöw
Petra Mede
Participantes
Participantes 42 [1][2]
Países que retornan Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina
Bulgaria Bulgaria
Croacia Croacia
Ucraína Ucraína
Países que se retiran Flag of Portugal.svg Portugal
Flag of Romania.svg Romanía
Votacións
Canción gañadora "1944", Jamala
Ucraína Ucraína [3]
Festival de Eurovisión
◄2015 Wiki Eurovision Heart (Infobox).svg 2017►

O LXI Festival da Canción de Eurovisión celebrouse no Globen Arena da cidade de Estocolmo, Suecia os días 10, 12 e 14 de maio de 2016, logo de que o seu representante Måns Zelmerlöw obtivese a vitoria coa canción «Heroes» na edición de 2015.[4][5] Foi a sexta vez que Suecia organiza un Festival de Eurovisión, sendo a anterior ocasión a edición de 2013. Foi por outra banda a terceira vez de Estocolmo como cidade anfitrioa tralos festivais de 1975 e 2000.[6] O evento foi presentado de novo pola anfitrioa da edición de 2013, Petra Mede, e o gañador da edición anterior Måns Zelmerlöw.

Nesta edición participaron 42 países. Bosnia e Hercegovina, Bulgaria, Croacia e Ucraína regresaron ao festival, e Australia volveu despois de debutar como país invitado na edición pasada; por outra banda, Portugal foi o único país retirado respecto da edición anterior. Nun primeiro momento ía participar Romanía porén, trala expulsión da TVR da Unión Europea de Radiodifusión o país perdeu o dereito a participar nesta edición.[2]

O festival foi notable por ser a primeira vez desde 1975 na que o procedemento de votación cambiou de xeito considerable: cada país outorgará 1-8, 10 e 12 puntos en dúas ocasións, unha polo xurado profesional e outra polo televoto. Na final, as votacións do televoto de todos os países anunciáronse de forma conxunta, unha vez que os portavoces de todos os países anunciaron os votos do xurado do xeito tradicional. O peso do xurado e televoto foi do 50% respecto ao resultado global respectivamente.[7]

Organización[editar | editar a fonte]

As datas provisionais do certame foron anunciadas o 16 de marzo en Viena, Austria. As semifinais terán lugar o 10 e 12 de maio de 2016, e a final o día 14 de maio de 2016.

Sede do Festival[editar | editar a fonte]

Unha vez finalizado o festival de 2015, a televisión sueca SVT comenzou cos preparativos para a seguinte edición. O 24 de maio de 2015, a SVT expresou que a primera opción para albergar o Festival do 2016 era o Tele2 Arena de Estocolmo. Porén, a SVT tamén anunciou que se abriría un prazo en semanas sucesivas para recibir propostas doutras cidades e estadios.[8] O Scandinavium en Gotemburgo, ademais do Friends Arena no distrito de Solna, e o Globen Arena en Estocolmo optaron a ser a sede para albergar o Festival. Pola outra banda, o Malmö Arena de Malmö, que acolleu a edición de 2013, anunciou a súa negativa a optar a ser sede para 2016.[9] A decisión final sería comunicada pola SVT a mediados do xullo o principios de agosto.[8]

Cidade Sede Capacidade Información
Estocolmo Friends Arena 65.000 Sede da final do Melodifestivalen 2013, 2014 e 2015.
Tele2 Arena 45.000 Recibiu o Rebel Heart Tour de Madonna ou o True Tour de Avicii.
Globen Arena 16.000 Sede do Festival de Eurovisión 2000.
Gotemburgo Scandinavium 14.000 Sede do Festival de Eurovisión 1985.

O 8 de xullo de 2015, deuse a coñecer o resultado do proceso de licitación e con el a cidade sede do festival, Estocolmo; informándose ademais que o recinto sede sería o estadio Globen Arena que conta cunha capacidade de 16.000 espectadores. Así mesmo, o Holvet albergaría as diferentes delegacións de periodistas dos diversos países, mentres que o Annexet aloxaría ás delegacións dos países participantes e invitados[10]. Esta foi a terceira ocasión que a capital sueca acolleu o Festival de Eurovisión (tralas edicións 1975 e 2000), e a segunda vez que se celebra no Globen Arena (trala edición 2000).[5]

A cadea de televisión estatal SVT fixo público o presuposto co que conta para realizar o certame desta edición. O tope máximo imposto pola cadea son 125 millóns de coroas suecas, que ao cambio son aproximadamente 13 millóns de euros.[11]

Países participantes[editar | editar a fonte]

A lista oficial de participantes deuse a coñecer o 26 de novembro de 2015 sumando en total 43 países inscritos, co cal igualase o récord de participantes establecido nos festivais de 2008 e 2011. Cabe destacar o retorno de Bosnia e Hercegovina, ao confirmar a BHRT a súa participación recorrendo a patrocinios externos, así como os regresos de Bulgaria, Croacia e Ucraína, e a continuación no concurso de Australia, que debutara na anterior edición nun principio como participante excepcional para celebrar o 60º aniversario do festival. Pola contra, a cadea de televisión lusa RTP anunciou a súa retirada, sendo a terceira ocasión consecutiva na que o país retírase do festival cando este celébrase en territorio sueco. Porén, comprometeuse a retornar para o 2017.[12]

A poucos días de finalizar o festival de 2015, o Gran Ducado de Luxemburgo, por medio da cadea RTL, anunciou un ano máis a súa ausencia no Festival.[13] Pouco despois Andorra fixo o mesmo, seguido por Mónaco; países que están ausentes desde 1993, 2009 e 2006 respectivamente.[14][15]

Existieron rumores acerca do retorno de Eslovaquia, país ausente desde a edición de 2012. Porén, a cadea de televisión RTVS confirmou que non regresarían nesta edición.[16] A TRT, a cadea de Turquía, informou que non regresarían ao festival debido ao actual sistema de votación e a clasificación directa do coñecido como "Big Five".[17] Líbano, pola súa banda, deu a sorpresa este ano afirmando que estaban valorando debutar no certame, unha posibilidade que finalmente non puido concretarse.[18]

Por outra banda, delegacións de Kosovo e China anunciaron a súa intención de participar.[19][20] Porén, a UER descartou un probable debut do primeiro por non ser considerado como un estado con recoñecemento internacional á vez que a súa empresa de radiotelevisión, a RTK non é un membro activo ou asociado. Respecto á China, a UER respondeu que a posibilidade está aberta e sempre están na busca de novos elementos, existindo a posibilidade dun debut en edicións sucesivas á presente.[21].

Participación de Australia e o futuro de Eurovisión[editar | editar a fonte]

O 17 de novembro de 2015, na cidade de Glasgow, Escocia, o supervisor executivo do Festival, Jon Ola Sand, anunciou que o Grupo de Referencia da UER, o órgano reitor do Festival de Eurovisión, votou por unanimidade a favor da participación de Australia. A invitación a participar non é só para este ano e esténdese para facelo de xeito continuado e pasando polas semifinais ao igual que o resto de países, coa excepción do Big Five.[22]

Cancións e selección[editar | editar a fonte]

País e TV Título orixinal da canción Artista Proceso e data de selección
Tradución ao galego Linguas
Flag of Albania.svg Albania[23]
RTSH
"Fairytale love " Eneda Tarifa Festivali i Këngës 54, 27-12-2015
Amor de conto de fadas inglés
Alemaña Alemaña[24][25]
NDR
"Ghost" Jamie-Lee Kriewitz Unser Lied für Stockholm , 25-02-2016
Pantasma Inglés
Flag of Armenia.svg Armenia[26]
AMPTV
"LoveWave" Iveta Mukuchyan[27] Presentación canción, ??-01-2016
(cantante elixido internamente, 13-10-2015)[28]
Onda de amor Inglés
Australia Australia[29]
SBS
"Sound of Silence" Dami Im -
Són do silencio Inglés
Austria Austria[30]
ORF
"Loin d'ici" Zoë Wer singt für Österreich?, 12-02-2016
Lonxe de aquí Francés
Flag of Azerbaijan.svg Acerbaixán[31]
Ictimai
"Miracle" Samra -
Milagre Inglés
Bélxica Bélxica[32]
VRT
"What's the pressure?" Laura Tesoro Eurosong 2016, 17-01-2016
Que presa hai? Inglés
Bielorrusia Bielorrusia[33]
BTRC
"Help you fly" Ivan Eurofest 2016, 22-01-2016 [34]
Axudarte a voar Inglés
Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina[35]
BHRT
"Ljubav je" Deen, Dalal Midhat y Ana Rucner[36] Presentación canción, 19-02-2016
(cantante elexido internamente, 25-11-2015)
O amor é Bosnio
Bulgaria Bulgaria[37]
BNT
"If Love Was a Crime" Poli Genova Presentación canción, ??-03-16
(cantante elixido internamente, 19-02-16)
Se o amor fose un crime Inglés, búlgaro
Chipre Chipre[38]
CyBC
"Alter Ego" Minus One[39] Presentación canción, 01-02-2016
O outro eu inglés
Croacia Croacia[37]
HRT
"Lighthouse" Nina Kraljić -
Faro Inglés
Dinamarca Dinamarca[40]
DR
"Soldiers of love" Lighthouse X Dansk Melodi Grand Prix 2016, 13-02-2016
Soldados do amor Inglés
Flag of Slovenia.svg Eslovenia[41]
RTVSLO
"Blue and red" ManuElla EMA 2016, 27-02-2016 [42]
Azul e vermello Inglés
España España[43]
TVE
Sai yay! Barei Objetivo Eurovisión, 01-02-2016
Di hurra! Inglés
Estonia Estonia[44]
ERR
"Play" Jüri Pootsmann Eesti Laul 2016, 05-03-2016[45]
- -
Finlandia Finlandia[46]
YLE
"Sing it away" Sandhja Uuden Musiikin Kilpailu 2016, 27-02-2016[47]
Desquítate cantando Inglés
Francia Francia[48]
France 2
"J'ai cherché" Amir Haddad Elección interna, 29-02-2016
Busquei Francés e inglés
Flag of Georgia.svg Xeorxia[49]
GPB
"Midnight gold" Nika Kocharov & Young Georgian Lolitaz Elección da Canción, 15-02-2016
(cantante elixido internamente, 15-12-2015)
Ouro de medianoite Inglés
Grecia Grecia[50]
ERT
"Utopian land" Argo[51] Elección da Canción, 03-2016
(cantante elixido internamente, 09-02-2015)
Terra utópica Grego, grego póntico e inglés
Hungría Hungría[52]
MTV
"Pioneer" Freddie A Dal 2016, 27-02-2016
Pioneiro Inglés
Flag of Ireland.svg Irlanda[53]
RTÉ
"Sunlight" Nicky Byrne Elección Interna, 13-01-2016
Luz do sol Inglés
Islandia Islandia[54]
RÚV
"Hear them calling" Gréta Salóme Söngvakeppni Sjónvarpsins 2016, 20-02-2016
Escoitaos chamar Inglés
Flag of Israel.svg Israel[55]
IBA
"Made of Stars" Hovi Star The Next Star, ??-??-2016
Feito de estrelas Inglés
Italia Italia[56]
RAI
"No Degree of Separation" Francesca Michielin[57] Festival de San Remo, 13-02-2016[Nota 1]
(cantante elixido internamente, 14-02-2016)
Ningún grao de separación Inglés, Italiano
Flag of Latvia.svg Letonia[59]
LTV
"Heartbeat" Justs Supernova 2016, 28-02-2016
Latido Inglés
Flag of Lithuania.svg Lituania[60]
LRT
"I've Been Waiting for This Night" Donny Montell Eurovizijos 2016, 27-02-2016 [61]
Estiven agardando por esta noite Inglés
República de Macedonia República de Macedonia [62]
MKRTV
"Dona" Kaliopi Presentación canción, 07-03-2016
(cantante elixido internamente, 24-11-2015)
- Macedonio
Flag of Malta.svg Malta[63]
PBS
"Walk on Water" Ira Losco Malta Eurovision Song Contest 2016, 23-01-2016 [64]
Camiñando en auga Inglés
Flag of Moldova.svg Moldavia[65]
TRM
"Falling stars" Lidia Isac O Melodie pentru Europa, 27-02-2016
Estrelas fugaces Inglés
Flag of Montenegro.svg Montenegro[66]
RTCG
"Real thing" Highway[67] Presentación canción, ??-??-2016
(cantante elixido internamente, 02-10-2015)[68]
Cousa real Inglés
Flag of Norway.svg Noruega[69]
NRK
"Icebreaker" Agnete Melodi Grand Prix 2016, 27-02-2016 [70]
Quebraxeos Inglés
Flag of the Netherlands.svg Países Baixos[71]
AVROTROS
"Slow Down" Douwe Bob[72] Presentación canción, 02-03-2016 [73]
(cantante elixido internamente, 22-09-2015)[74]
Desacelerar Inglés
Polonia Polonia[75]
TVP
"Color of Your Life" Michał Szpak Elección Interna ??-02-2016[76]
A cor da túa vida Inglés
Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido[77]
BBC
"You're not alone" Joe & Jake Eurovision: You Decide, 26-02-2016
Non estás sola Inglés
República Checa República Checa[78]
ČT
"I Stand" Gabriela Gunčíková Elección Interna ??-02-2016
Estou Inglés
Flag of Romania.svg Romanía[79]
TVR
"Moment of Silence" Ovidiu Anton -
Momento do silencio Inglés
Flag of Russia.svg Rusia[80]
RTR
"You Are the Only One" Sergey Lazarev[81] Presentación canción, ??-??-2016
(cantante elixido internamente, 10-12-2015)
Ti es a única Inglés
Flag of San Marino.svg San Marino[82]
SMRTV
"I Didn't Know" Serhat Presentación canción, ??-??-2016
(cantante elixido internamente, 12-01-2016)
Non sei Inglés
Flag of Serbia.svg Serbia[83]
RTS
"Goodbye (Shelter)" Sanja Vučić ZAA -
Adeus Inglés
Flag of Sweden.svg Suecia[84]
SVT
"If I Were Sorry" Frans Melodifestivalen 2016, 12-03-2016[85]
Se eu fose pena Inglés
Suíza Suíza[86]
SRG SSR
"The last of our kind" Rykka Die Grosse Entscheidungsshow, 13-02-2016[86]
Os últimos da nosa especie Inglés
Ucraína Ucraína[87]
NTU
"1994" Jamala Final Nacional, 20-02-2016[88][90]
- Inglés e tártaro de Crimea
  1. Italia:A banda Stadio e a súa canción "Un giorno mi dirai" foron os gañadores do Festival de San Remo 2016 e tiñan o dereito de representar a Italia en Eurovisión; porén, debido a que declinaron a súa participación, a RAI anunciou á subcampioa Francesca Michielin como su representante.[58]

Artistas que regresan[editar | editar a fonte]

Sorteo de semifinais[editar | editar a fonte]

Os compoñentes do Big Five (Alemaña, España, Francia, Italia e Reino Unido) e o anfitrión Suecia teñen garantido o seu pase ña final de Eurovisión 2016 que celebrarase o 14 de maio.

Os outros 37 países terán que gañarse este posto nas semifinais. Os dez máis votados de cada semifinal conseguirán o pase á gran final. O sorteo para decidir en que semifinal actuará cada candidatura e en que metade (primeira ou segunda), levarase a cabo o 25 de xaneiro de 2016. Para o sorteo, os participantes serán repartidos en cinco bombos en razón ao seu lugar xeográfico e tendencia nas votacións. Cabe destacar que Israel solicitou a UER participar na segunda semifinal para que a súa participación non coincida coa festividade do Yom Hazikarón, día nacional dos caídos.[91] Do mesmo xeito, Alemaña votará na segunda semifinal debido a razóns de estrita programación.[92]

Bombo 1 Bombo 2 Bombo 3 Bombo 4 Bombo 5 Bombo 6
1.ª semifinal
10 de maio de 2016
2.ª semifinal
12 de maio de 2016
EuroCroacia.svg Croacia
EuroFinlandia.svg Finlandia
EuroMoldova.svg Moldova
EuroArmenia.svg Armenia
EuroGrecia.svg Grecia
EuroHungría.svg Hungría
EuroRusia.svg Rusia
EuroPaíses Bajos.svg Países Baixos
EuroSan Marino.svg San Marino
EuroAzerbaiyán.svg Acerbaixán
EuroChipre.svg Chipre
EuroMalta.svg Malta
EuroBosnia-Herzegovina.svg Bosnia e Hercegovina
EuroEstonia.svg Estonia
EuroRepública Checa.svg República Checa
EuroMontenegro.svg Montenegro
EuroIslandia.svg Islandia
EuroAustria.svg Austria
EuroLetonia.svg Letonia
EuroBielorrusia.svg Bielorrusia
EuroIrlanda.svg Irlanda
EuroSuiza.svg Suíza
EuroMacedonia.svg República de Macedonia
EuroAustralia.svg Australia
EuroLituania.svg Lituania
EuroPolonia.svg Polonia
EuroIsrael.svg Israel
EuroSerbia (2004-2010).svg Serbia
EuroAlbania.svg Albania
EuroBulgaria.svg Bulgaria
EuroDinamarca.svg Dinamarca
EuroGeorgia.svg Xeorxia
EuroRumania.svg Romanía
EuroEslovenia.svg Eslovenia
EuroNoruega.svg Noruega
EuroUcrania.svg Ucraína
EuroBélgica.svg Bélxica
Con dereito a voto:
EuroSuecia.svg Suecia
EuroFrancia.svg Francia
EuroEspaña.svg España
Con dereito a voto:
EuroAlemania.svg Alemaña
EuroItalia.svg Italia
EuroReino Unido.svg Reino Unido
  1. Romanía foi expulsada do certame pola UER o 22 de abril, semanas despois do sorteo de semifinais

Festival[editar | editar a fonte]

Semifinais[editar | editar a fonte]

O ruso Sergey Lazarev resultou vencedor na primeira semifinal .

A primeira semifinal tivo lugar o 10 de maio e a segunda o 12 de maio de 2016. Os clasificados de ambas semifinais uniranse na Final do 14 de maio co país anfitrión, Suecia e os do Big Five (Alemaña, España, Francia, Italia e Reino Unido).

Durante unha reunión do Grupo de Referencia da UER en Berlín, acordouse que a partir da presente edición os países do chamado Big Five, presentarían as súas cancións na semifinal na que lles correspondera votar, pero mantendo o seu pase directo á Gran Final. Esta norma tamén aplicarase ao país anfitrión, neste caso Suecia.[93]

Primeira semifinal[editar | editar a fonte]

País Intérprete(s) Canción Lugar Pts.
Primeira metade
01 Finlandia Finlandia Sandhja "Sing It Away" 15 51
02 Grecia Grecia Argo "Utopian Land" 16 44
03 Flag of Moldova.svg Moldova Lidia Isac "Falling Stars" 17 33
04 Hungría Hungría Freddie "Pioneer" 04 197
05 Croacia Croacia Nina Kraljić "Lighthouse" 10 133
06 Flag of the Netherlands.svg Países Baixos Douwe Bob "Slow Down" 05 197
07 Flag of Armenia.svg Armenia Iveta Mukuchyan "LoveWave" 02 243
08 Flag of San Marino.svg San Marino Serhat "I Didn't Know" 12 68
09 Flag of Russia.svg Rusia Sergey Lazarev "You Are the Only One" 01 342
Segunda metade
10 República Checa República Checa Gabriela Gunčíková "I Stand" 09 161
11 Chipre Chipre Minus One "Alter Ego" 08 164
12 Austria Austria Zoë "Loin d'ici" 07 170
13 Estonia Estonia Jüri Pootsmann "Play" 18 24
14 Flag of Azerbaijan.svg Acerbaixán Samra "Miracle" 06 185
15 Flag of Montenegro.svg Montenegro Highway "The Real Thing" 13 60
16 Islandia Islandia Gréta Salóme "Hear them calling" 14 51
17 Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina Deen, Dalal Midhat e Ana Rucner "Ljubav je" 11 104
18 Flag of Malta.svg Malta Ira Losco "Walk on Water" 03 209

Segunda semifinal[editar | editar a fonte]

A Romanía asignóuselle orixinalmente actuar no posto 12º, pero tras ser expulsado do certame por débedas coa UER, aos países que debían actuar tralo posto 13º asignóuselles o posto anterior na orde de saída.[2]

País Intérprete(s) Canción Lugar Pts.
Primeira metade
01 Flag of Latvia.svg Letonia Justs "Heartbeat" 08 132
02 Polonia Polonia Michał Szpak "Color of Your Life" 06 151
03 Suíza Suíza Rykka "The last of our kind" 18 28
04 Flag of Israel.svg Israel Hovi Star "Made of Stars" 07 147
05 Bielorrusia Bielorrusia Ivan "Help you fly" 12 84
06 Flag of Serbia.svg Serbia Sanja Vučić ZAA "Goodbye (Shelter)" 10 105
07 Flag of Ireland.svg Irlanda Nicky Byrne "Sunlight" 15 46
08 República de Macedonia República de Macedonia Kaliopi "Dona" (Дона) 11 88
09 Flag of Lithuania.svg Lituania Donny Montell "I've Been Waiting for This Night" 04 222
10 Australia Australia Dami Im "Sound of Silence" 01 330
Segunda metade
11 Flag of Slovenia.svg Eslovenia ManuElla "Blue and Red" 14 57
12 Bulgaria Bulgaria Poli Genova "If Love Was a Crime" 05 220
13 Dinamarca Dinamarca Lighthouse X "Soldiers of love" 17 34
14 Ucraína Ucraína Jamala "1944" 02 287
15 Flag of Norway.svg Noruega Agnete "Icebreaker" 13 67
16 Flag of Georgia.svg Xeorxia Nika Kocharov & Young Georgian Lolitaz "Midnight Gold" 09 123
17 Flag of Albania.svg Albania Eneda Tarifa "Fairytale" 16 45
18 Bélxica Bélxica Laura Tesoro "What's the pressure?" 03 247
País Intérprete(s) Canción
Expulsado Flag of Romania.svg Romanía Ovidiu Anton "Moment of Silence"

Final[editar | editar a fonte]

País Intérprete Canción Lugar Pts.
01 Bélxica Bélxica Laura Tesoro "What's the pressure?" 10 181
02 República Checa República Checa Gabriela Gunčíková "I stand" 25 41
03 Flag of the Netherlands.svg Países Baixos Douwe Bob "Slow down" 11 153
04 Flag of Azerbaijan.svg Acerbaixán Samra Rahimli "Miracle" 17 117
05 Hungría Hungría Freddie "Pioneer" 19 108
06 Italia Italia Francesca Michielin "No degree of separation" 16 124
07 Flag of Israel.svg Israel Hovi Star "Made of stars" 14 135
08 Bulgaria Bulgaria Poli Genova "If love was a crime" 4 307
09 Flag of Sweden.svg Suecia Frans "If I were sorry" 5 261
10 Alemaña Alemaña Jamie-Lee Kriewitz "Ghost" 26 11
11 Francia Francia Amir Haddad "J'ai cherché" 6 257
12 Polonia Polonia Michał Szpak "Color of your life" 8 229
13 Australia Australia Dami Im "Sound of silence" 2 511
14 Chipre Chipre Minus One "Alter Ego" 21 96
15 Flag of Serbia.svg Serbia Sanja Vučić "Goodbye (Shelter)" 18 115
16 Flag of Lithuania.svg Lituania Donny Montell "I've Been Waiting for This Night" 9 200
17 Croacia Croacia Nina Kraljić "Lighthouse" 23 73
18 Flag of Russia.svg Rusia Sergey Lazarev "You are the only one" 3 491
19 España España Barei "Say Yay!" 22 77
20 Flag of Latvia.svg Letonia Justs "Heartbeat" 15 132
21 Ucraína Ucraína Jamala "1944" 1 534
22 Flag of Malta.svg Malta Ira Losco "Walk on water" 12 153
23 Flag of Georgia.svg Xeorxia Nika Kocharov & Young Georgian Lolitaz "Midnight gold" 20 104
24 Austria Austria Zoë "Loin d'ici" 13 151
25 Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido Joe & Jake "You're not alone" 24 62
26 Flag of Armenia.svg Armenia Iveta Mukuchyan "LoveWave" 7 249

Controversias[editar | editar a fonte]

Expulsión de Romanía[editar | editar a fonte]

A UER deu un ultimato á cadena pública romanesa, TVR, para que efectuara o pago da súa débeda acumulada de aproximadamente 15 millóns de euros, baixo risco de perder a subministración de contidos e servizos que esta lle proporciona, entre os que se encontra o Festival de Eurovisión. A rede europea expresou á canle de xeito verbal que a súa participación no certame deste ano podía ser a súa primeira penalización, negando ademais o sinal por satélite. Tamén púxose en contacto co goberno do país, o Ministerio de Economía e o parlamento romanés para que se comprometera formalmente ao pago o antes posible.

A pesar disto, trala crise financeira pola que atravesa a cadea estatal e ante o silencio do goberno romanés ao pago da débeda, a UER decidiu o 22 de abril de 2016, a expulsión de Romanía da competición. Este país ía estar representado por Ovidiu Anton e a canción "Moment of silence", estando previsto que actuara no posto 12.º da segunda semifinal, logo de Eslovenia e antes de Bulgaria[94]. A directora xeral da UER, Ingrid Deltenre, expresou o seguinte: "Parécenos lamentable vernos obrigados a tomar esta medida. Estamos decepcionados, porque todos os nosos intentos de resolver este asunto, non tiveron ningunha resposta por parte do goberno romanés. Durante as últimas semanas, contactamos co Ministerio de Economía, para suxerir que a televisión pública romanesa inicie un proceso de insolvencia, que derive nunha profunda reestruturación da cadea. A UER é unha asociación sen ánimo de lucro que representa a 73 organismos de radiodifusión en 56 países, e o continuo endebedamento da TVR pon en perigo a nosa propia estabilidade financeira".[95]

Con esta medida, Romanía tamén perde o acceso e emisión non só de grandes eventos como Eurovisión, a Eurocopa 2016 ou os Xogos Olímpicos de 2016, senón tamén outras retransmisións deportivas, intercambio de imaxes de informativos, lexislación e normativa europea do sector, coproduccións, formación e reunións profesionais, entre outras vantaxes.[96]

Censura no uso de bandeiras[editar | editar a fonte]

Para evitar mensaxes de contido político entre o público asistente do Globen Area, o 28 de abril de 2016 a organización do festival (SVT) emitiu un comunicado prohibindo utilizar bandeiras que non sexan de Estados Soberanos, así como calquera tipo de bandeira rexional, provincial ou local. A modo de exemplo, difundiuse unha lista entre as cales atopábanse as de Kosovo, o Estado Islámico, Palestina e o País Vasco. Isto orixinou que o Goberno Vasco protestase ante o embaixador de Suecia en España pola equiparación da ikurriña á bandeira do Estado Islámico (tamén coñecida como organización terrorista ISIS) e propuxo unha posible retirada de España do concurso como forma de protesta; de igual xeito o presidente do Congreso dos Deputados de España, Patxi López, cualificou a prohibición da ikurriña como algo "inadmisible" e a Vicepresidenta do Goberno en funcións, Soraya Sáenz de Santamaría, afirmou en roda de prensa tras unha reunión do Consello de Ministros, que a ikurriña é unha bandeira "constitucional, legal e lexítima" e que o Executivo "defenderaa onde faga falta"[97][98][99] . Pola súa banda Televisión Española (TVE) solicitou unha explicación inmediata á UER do motivo da decisión adoptada polo país anfitrión.

Por outra banda, o Goberno de Kosovo e Radio e Televisión de Kosovo (RTK) fixeron o propio manifestando a súa desconformidade con esta medida, alegando que son unha nación pacífica, actualmente recoñecida como estado independente por 102 países, dos cales 30 participarán na competencia, considerando incluso a prohibición como un insulto ao seu país e os seus cidadáns; así mesmo, os executivos da canle estatal indicaron que isto lles xera preocupación, máis aínda si prodúcese a poucos días da reunión co Grupo de Referencia da UER onde se debatería o seu probable debut na edición 2017.[100]

Ás poucas horas, a UER ordenou á SVT que eliminase inmediatamente o documento que incluía os exemplos de bandeiras e que publicase no seu lugar o documento oficial sen os exemplos, rectificando deste xeito o erro cometido e pedindo desculpas ás nacións e territorios que se sentiron ofendidos por parte dos organizadores deste ano, agregando que nos próximos días realizaríase unha conferencia de prensa explicando detalladamente os incidentes ocorridos.[101]

Pese a iso, Palestina emitiu un comunicado de protesta a través do Ministerio de Cultura, indicando que: "A decisión do país organizador debe ser considerada como unha humillación á historia, a cultura e os dereitos do pobo palestino, quen teñen o dereito a izar a súa bandeira en eventos e festivais internacionais, como o fan todos os países do mundo. Esta decisión vai en contra dos esforzos internacionais para lograr a estabilidade e a xustiza para o noso pobo, que teñen o dereito a vivir en paz e con dignidade, sobre todo despois que Palestina unísese oficialmente ás Nacións Unidas e a súa bandeira se eleve fronte á súa sede"; instando á UER ofreza un desculpa pública.[102]

Finalmente, o 6 de maio, o Grupo de Referencia da UER decidiu relaxar a política de bandeiras e permitir as bandeiras rexionais e provinciais dos artistas participantes (como a bandeira de Laponia pola orixe saami da representante de Noruega, ou a de Gales pola orixe galesa dun dos representantes británicos), así como tomar un enfoque máis tolerante co resto de bandeiras, sempre que a audiencia asistente respecte a "natureza non política" do certame e non obstrúa a visión das cámaras "deliberadamente".[103]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.rtve.es/television/20151126/eurovision-2016-sera-mas-internacional-nunca-43-paises-participantes/1262561.shtml
  2. 2,0 2,1 2,2 "TVR (Romania) no longer entitled to take part in Eurovision 2016" (en inglés). 22 de abril de 2016. Consultado o 25 de abril de 2016. 
  3. "Ukraine wins Eurovision 2016" (en inglés). Consultado o 15 de maio de 2016. 
  4. Storvik-Green, Simon (23 de maio de 2015). "SWEDEN WINS 2015 EUROVISION SONG CONTEST" (en inglés). Eurovision.tv. Consultado o 28 de maio de 2015. 
  5. 5,0 5,1 "Stockholm to host 2016 Eurovision Song Contest" (en inglés). 8 de xullo de 2015. 
  6. Storvik-Green, Simon (26 de maio de 2012). "SWEDEN WINS 2012 EUROVISION SONG CONTEST". EUROVISION.TV. Consultado o 27 de maio de 2012. 
  7. "Biggest change to Eurovision Song Contest voting since 1975" (en inglés). eurovision.tv. 18-02-2016. Consultado o 18-02-2016. 
  8. 8,0 8,1 "Eurovision 2016: Preparations in full swing in Sweden." (en inglés). Esctoday.com. 26 de maio de 2015. 
  9. "El Tele2 Arena de Estocolmo, el recinto favorito para acoger Eurovision 2016" (en español). Eurocritic.es. 25 de maio de 2015. 
  10. "ESC’16: Stockholm To Host Eurovision 2016" (en inglés). eurovoix. 8 de xullo de 2015. Consultado o 11 de xullo de 2015. 
  11. "Suecia empleará 13 millones de euros en el Festival" (en español). formulatv. 24 de setembro de 2015. Consultado o 24 de setembro de 2015. 
  12. ((cita web|titulo= portugal no estara en eurovision 2016|url=http://es.esc-plus.com/esc-2016-portugal-no-estara-en-eurovision-2016/
  13. "Luxemburgo no regresará en 2016" (en inglés). 4 de xuño de 2015. 
  14. "Andorra no regresará en 2016". 
  15. "Mónaco no regresará en 2016" (en inglés). 21 de xullo de 2015. 
  16. "Eslovaquia, no regresará a Eurovisión en 2016" (en inglés). 
  17. url=http://es.esc-plus.com/esc-2016-turquia-confirma-que-no-regresara-a-eurovision/
  18. "Eurovisión 2016 iguala su récord de participación con 43 países tras la confirmación de Bulgaria y Croacia" (en español). eurovision-spain.com. 26 de novembro de 2015. Consultado o 6 de decembro de 2015. 
  19. "Kosovo will debut Eurovision 2016" (en inglés). 1 de xuño de 2015. 
  20. "China will debut Eurovision 2016" (en inglés). 1 de xuño de 2015. 
  21. "EBU denies China or Kosovo debut at 2016 song contest" (en inglés). Consultado o 9 de xuño de 2015. 
  22. "Australia participará en Eurovisión 2016 pasando por las semifinales" (en español). eurovision-spain. 17 de novembro de 2015. Consultado o 21 de novembro de 2015. 
  23. "Albania: RTSH confirms participation for Eurovision 2016" (en inglés). wiwibloggs.com. 24 de setembro de 2015. Consultado o 24 de setembro de 2015. 
  24. "Über acht Millionen Zuschauer im Ersten" (en alemán). 24 de maio de 2015. 
  25. "Alemania retira a Xavier Naidoo de la carrera a Estocolmo tras las duras críticas" (en español). eurovision-spain.com. 21 de novembro de 2015. Consultado o 5 de decembro de 2015. 
  26. "Armenia confirms for Eurovision 2016, denies Iverumours" (en inglés). wiwibloggs.com. 19 de setembro de 2015. Consultado o 19 de setembro de 2015. 
  27. "ESC 2016: Iveta Mukuchyan Representará a Armenia En Eurovisión" (en español). 13 de outubro de 2015. 
  28. "Presentación cantante armenio el 13 de octubre" (en inglés). 25 de setembro de 2015. 
  29. "Australia to return to the Eurovision Song Contest!" (en inglés). Eurovision.tv. 17 de novembro de 2015. 
  30. "ORF-Chef Wrabetz zufrieden mit Event: “Tolle Visitenkarte abgeliefert”" (en alemán). 24 de maio de 2015. 
  31. "Azerbaijan: Ictimai confirms participation in Eurovision 2016" (en inglés). 13 de setembro de 2015. 
  32. "De VRT mag volgend jaar opnieuw een artiest naar het Songfestival sturen. Ze kiest daarbij voor een formule op Eén "waarin vijf artiesten centraal staan". Dat is zopas bekendgemaakt." (en neerlandés). 24 de maio de 2015. 
  33. "Belarus: Eurovision 2016 Participation Confirmed" (en inglés). 19 de xullo de 2015. 
  34. url=http://es.esc-plus.com/esc-2016-bielorrusia-abre-el-plazo-de-inscripcion-para-la-preseleccion/
  35. "Bosnia y Herzegovina: Bosnia vuelve a Eurovision tras 3 años de ausencia". 24 de novembro de 2015. Consultado o 24 de novembro de 2015. 
  36. "ESC 2016: Elección interna de Bosnia Herzegovina". 
  37. 37,0 37,1 "Bulgaria y Croacia elevan a 43 la cifra de participantes en Eurovisión 2016". 26 de novembro de 2015. Consultado o 24 de novembro de 2015. 
  38. "ONE MORE COUNTRY HAS CONFIRMED FOR NEXT YEAR" (en inglés). 11 de setembro de 2015. 
  39. "ESC 2016: Minus One Representarán a Chipre En Eurovisión" (en inglés). 4de novembro de 2015. 
  40. "Bare rolig: Danmark er med i Eurovision til næste år" (en dinamarqués). 20 de maio de 2015. 
  41. "RTVSlO confirma participación de Eslovenia en el Festival de Eurovisión 2016". 14 de setembro de 2015. 
  42. http://es.esc-plus.com/eslovenia-revelados-los-temas-y-compositores-del-ema-2016/
  43. "TVE confirma la participación de España en el Festival de Eurovisión 2016". 14 de setembro de 2015. 
  44. "Estonia confirma su participación para Eurovision 2016" (en inglés). 27 de maio de 2015. 
  45. "Estonia: Eesti Laul 2016 Final March 5" (en inglés). eurovoix.com. 10 de setembro de 2015. Consultado o 10 de setembro de 2015. 
  46. "Finland: Eurovision 2016 Participation Confirmed" (en inglés). 28 de febreiro de 2015. 
  47. "Finlandia UMK 2016 el 27 de febrero" (en inglés). 5 de xuño de 2015. 
  48. "France 2 confirms participation in ESC 2016" (en inglés). 27 de maio de 2015. 
  49. "Georgia: 2016 Participation Confirmed" (en inglés). eurovoix.com. 15 de setembro de 2015. Consultado o 15 de setembro de 2015. 
  50. "ERT's board approves national final for Eurovision 2016" (en inglés). 29 de agosto de 2015. 
  51. "Grecia apuesta por el hip-hop étnico para Estocolmo con la banda Argo". Eurovision-Spain.com. 9 de febreiro de 2016. 
  52. "Hungría confirma su participación para Eurovision 2016" (en inglés). 25 de maio de 2015. 
  53. "Irlanda confirma su participación para Eurovision 2016" (en inglés). 27 de maio de 2015. 
  54. "Islandia confirma su participación para Eurovision 2016" (en inglés). 13 de xullo de 2015. 
  55. "Israel: Rising Star To Select Eurovision 2016 Participant" (en inglés). eurovoix.com. 15 de setembro de 2015. Consultado o 14 de setembro de 2015. 
  56. "Italy: RAI confirms participation in Eurovision 2016" (en inglés). esctoday.com. 15 de setembro de 2015. Consultado o 15 de setembro de 2015. 
  57. "¡Francesca Michielin con Nessun grado di separazione representará a Italia en Eurovisión 2016!" (en italiano). eurovision-spain. 
  58. "Stadio gana Sanremo 2016 pero no representará a Italia en Eurovisión" (en italiano). eurofestival news. 
  59. "Letonia confirma su participación para Eurovision 2016" (en inglés). 27 de maio de 2015. 
  60. "Lituania confirma su participación para Eurovision 2016" (en inglés). 13 de xullo de 2015. 
  61. http://es.esc-plus.com/esc-2016-conoce-a-los-participantes-del-eurovizijos-2016/
  62. "F.Y.R. Macedonia: MRT confirms participation, will not use Skopje Fest for its national selection" (en inglés). wiwibloggs.com. 15 de setembro de 2015. Consultado o 14 de setembro de 2015. 
  63. "Malta: Eurovision 2016 Participation Confirmed". Consultado o 27 de maio de 2015. 
  64. http://es.esc-plus.com/esc-2016-anunciada-la-lista-preliminar-de-los-participantes-del-mesc-2016/
  65. "Moldavia: Eurovision 2016 Participation Confirmed". Consultado o 13 de novembro de 2015. 
  66. "Montenegro: RTCG confirms preliminary participation in Eurovision 2016". Consultado o 1 de outubro de 2015. 
  67. "EUROVISION 2016: HIGHWAY WILL SING FOR MONTENEGRO" (en inglés). 
  68. "“Highway” to represent Montenegro at Eurovision 2016!". 2 de outubro de 2015. 
  69. "Noruega confirma su participación para Eurovision 2016" (en inglés). 27 de maio de 2015. 
  70. http://es.esc-plus.com/esc-2016-noruega-elegira-a-su-representante-el-27-de-febrero/
  71. "TrendingVandaag: AVROTROS blijft keuze inzending" (en inglés). 22 de maio de 2015. 
  72. "The Netherlands: Douwe Bob to Stockholm!" (en inglés). 22 de maio de 2015. 
  73. http://es.esc-plus.com/esc-2016-la-cancion-de-paises-bajos-sera-presentada-el-2-de-marzo/
  74. "OFFICIAL: Douwe Bob to represent The Netherlands at Eurovision 2016!". 22 de setembro de 2015. 
  75. "Poland: Eurovision 2016 Participation Confirmed" (en inglés). eurovoix.com. 9 de setembro de 2015. Consultado o 9 de setembro de 2015. 
  76. "Polonia Hara Una Eleccion Interna En Febrero" (en español). esct today.com. Consultado o 5 de outubro de 2015. 
  77. "United Kingdom: 2016 Participation Confirmed" (en inglés). eurovoix.com. Consultado o 13 de xuño de 2015. 
  78. "Czech Republic: 2016 Participation Confirmed" (en español). noticias-eurovision14.webnode.es/. Consultado o 27 de agosto de 2015. 
  79. "SEPTEMBER 15, 2015Let me try all over again: TVR confirms Romania’s participation in Stockholm" (en inglés). wiwibloggs.com. 15 de setembro de 2015. Consultado o 15 de setembro de 2015. 
  80. http://esctoday.com/105459/russia-rtr-confirms-participation-in-eurovision-2016/
  81. http://www.eurovision-spain.com/iphp/noticia.php?numero=10256
  82. "San Marino participación confirmada de forma preliminar" (en inglés). wiwibloggs.com. 15 de setembro de 2015. Consultado o 15 de setembro de 2015. 
  83. "Serbia confirma su participación" (en inglés). Eurovoix.com. 11 de outubro de 2015. Consultado o 11 de outubro de 2015. 
  84. ""Ingen Melodifestival – men kanske 2016"" (en sueco). 9 de febreiro de 2015. 
  85. "Sveriges Radio. "Alcazar vill leda Melodifestivalen 2016"" (en sueco). 9 de febreiro de 2015. 
  86. 86,0 86,1 "Suiza confirma para Eurovision 2016" (en inglés). eurovoix.com. Consultado o 20 de xullo de 2015. 
  87. "Welcome Ukraine!: Ukraine Turns Back Eurovision 2016" (en inglés). escapenews.org. Consultado o 15 de setembro de 2015. 
  88. "Ukraine starts its search for a worthy candidate" (en inglés). eurovision.tv. 26 de novembro de 2015. Consultado o 26 de novembro de 2015. 
  89. "Ukraine: Launches Eurovision 2016 Selection Search" (en inglés). eurovoix.com. 18 de novembro de 2015. Consultado o 18 de novembro de 2015. 
  90. Ucrania: Por primeira vez na historia do país no Festival da Canción de Eurovisión, a final nacional será coorganizada por unha cadea de televisión privada, STB, e a televisión pública UA: Pershyi, pertencente á NTU.[89]
  91. http://es.esc-plus.com/esc-2016-israel-confirma-y-actuara-en-la-segunda-semifinal/
  92. "‘Big Five’ and host country more prominently in the Semi-Finals". 
  93. "Eurovision 2016: Minor tweak or major change?" (en inglés). esctoday.com. 23 de setembro de 2015. Consultado o 24 de setembro de 2015. 
  94. "La UER expulsa a Rumanía de Eurovisión 2016 por el impago de una millonaria deuda" (en español). eurovision-spain.com. 22 de abril de 2015. Consultado o 22 de abril de 2015. 
  95. "La UER expulsa a Rumanía del Festival de Eurovisión 2016" (en español). rtve.es. 22 de abril de 2016. Consultado o 22 de abril de 2016. 
  96. "La UER podría negar a Rumanía su participación en Estocolmo debido a su deuda" (en español). eurovision.spain. 17 de abril de 2015. Consultado o 18 de abril de 2015. 
  97. http://www.elmundo.es/television/2016/04/29/57230c27e2704eda3c8b4656.html
  98. http://www.elmundo.es/pais-vasco/2016/04/29/57231ecce5fdea00208b45cb.html
  99. "ESC’16: KOSOVO AND SPAIN CHALLENGE FLAG RULES". 
  100. "REAGON ASHPËR MENAXHMENTI I RTK PËR SKANDALIN E EUROVIZIONIT" (en albanés). 
  101. "Eurovisión rectifica tras las explicaciones solicitadas por RTVE y pide disculpas". 
  102. "MAY 2, 2016Palestinian officials add their voices to Eurovision flag controversy PALESTINIAN OFFICIALS ADD THEIR VOICES TO EUROVISION FLAG CONTROVERSY". 
  103. "ESC’16: EBU RELAXES THE FLAG POLICY". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Austria Viena 2015
EuroSuecia.svg
Festival de Eurovisión

Estocolmo 2016
Sucesor:
Ucraína Kiev 2017