Saltar ao contido

Globen Arena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Globen Arena
Ericsson Globe
Datos
Coordenadas59°17′37″N 18°05′00″L / 59.293556, 18.083236
Localización Estocolmo, Suecia
Construción
Inauguración1989
ArquitectoSvante Berg, Lars Vretblad
Estadio
Capacidade16.000 espectadores
PropietarioSGA Fastigheter e Ericsson
OperadoraAnschutz Entertainment Group
Webhttps://aviciiarena.se
editar datos en Wikidata ]

O Globen Area de Estocolmo (en sueco, Globen, "O Globo"), oficialmente coñecido como Ericsson Globe[1] por razóns de patrocinio, é un estadio cuberto multifuncional en Estocolmo, Suecia.

Inaugurado o 19 de febreiro de 1989 tras dous anos e medio de construción, o Globen é o edificio esférico máis grande do mundo.

Nel celebráronse competicións de hóckey sobre xeo, de feito foi construído para a celebración do campionato mundial masculino deste deporte de 1989 e repetiu como sede do mundial en 1995, 2012 e 2013. Tamén se xogaron algúns partidos do Campionato Europeo de Balonmán Masculino de 2002 e do Campionato Europeo de Baloncesto Masculino de 2003. En 2015 foi sede do Campionato Europeo de Patinaxe Artística sobre Xeo de 2015.

Foi sede de numerosos concertos, por el pasaron artistas como Lady Gaga, Oasis, Britney Spears, Shakira, Jennifer Lopez, Bob Dylan, Bruce Springsteen, Luciano Pavarotti, CD9, Black Sabbath, Guns N' Roses, Rammstein, Linkin Park, Green Day, Violetta, U2, Christina Aguilera, Westlife, Metallica, Nicki Minaj , Rihanna, Beyoncé e Ariana Grande, entre outros, xa que ten capacidade para 16.000 persoas.

Ademais, en 1989 e desde 2002 até 2012 foi a sede da final do Melodifestivalen.[2][3] Foi sede dos MTV Europe Music Awards 2000 [4] e do Festival de Eurovisión 2000. Repetirá como sede do Festival de Eurovisión 2016.[5]

  1. globearenas.se (ed.). "Press release for Ericsson naming rights" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2011. Consultado o 2009-02-06. 
  2. SVT (ed.). "80-talet" (en sueco). Consultado o 2009-06-06. 
  3. SVT (ed.). "2000-talet" (en Swedish). Consultado o 2009-06-06. 
  4. Stockholm Globe Arenas (ed.). "Stockholm Globe Arenas, Company presentation, history & facts" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de agosto de 2010. Consultado o 2009-06-07. 
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2016. Consultado o 01 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]