Festival de Eurovisión 2002
| Festival de Eurovisión 2002 | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Lema: A Modern Fairytale | |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
O XLVII Festival da Canción de Eurovisión celebrouse o 25 de maio de 2002, no complexo Saku Surhall de Tallin, Estonia. Os presentadores foron Annely Peebo e Marko Matvere. Marie N foi a ganadora deste Festival, representando a Letonia coa canción "I wanna", desbancando ás máximas favoritas, Afro-diche (Suecia) e Corinna May (Alemaña).
En 2002, a Unión Europea de Radiodifusión volveu ao sistema simple usado en 1994 e 1995 para determinar que países participarían no concurso. Os países con menos puntuación (sen contar Francia, Alemaña, España e o Reino Unido, que formaban o Big Four) do ano anterior foron excluídos, omitindo tantos países como fose necesario para reducir o número de participantes a 24. Xa que logo clasificáronse os 17 primeiros clasificados da edición de 2001 e sete países relegados en 2001. En principio a Portugal correspondíalle unha praza, pero Portugal declinou participar por problemas internos, e foron substituídos por Letonia, que acabaría gañando o concurso.[1]
Esta edición tivo unha audiencia segundo a UER e televisión estona de 166 millóns de espectadores, alcanzando os maiores índices en Malta (con máis dun 90% de seguimento), Suecia e España. Neste último país, ademais, converteuse no espazo máis visto desde que existían as estatísticas de audiencia, creando grazas ao concurso de selección, Operación Triunfo, un grande eco informativo e fenómeno de masas en España.
O pavillón e escenario de Tallin, pese a albergar a uns 5.000 espectadores, quedábase lonxe da capacidade das dúas últimas sedes en Estocolmo e Copenhaguen. Foi o primeiro festival celebrado nun dos países de Europa Oriental incorporados ao certame a partir dos anos 90.
Países participantes
[editar | editar a fonte]Cancións e selección
[editar | editar a fonte]| País e TV | Título orixinal da canción | Artista | Proceso e data de selección |
|---|---|---|---|
| Lingua(s) | |||
ARD |
I can't live without music | Corinna May | Countdown Grand Prix, 22-02-02 |
| inglés | |||
ORF |
Say a word | Manuel Ortega | Song.Null.Zwei, 01-03-02 |
| inglés | |||
VRT |
Sister | Sergio & The Ladies | Eurosong '02, 17-02-02 |
| inglés | |||
PBSBIH |
Na jastuku za dvoje | Maja Tatić | BH Eurosong 2002, 23-02-02 |
| Bosníaco e inglés | |||
CyBC |
Gimme | One | Elección interna |
| inglés | |||
HRT |
Everything I Want | Vesna Pisarović | Dora 2002, 10-03-02 |
| inglés | |||
DR |
Tell me who you are | Malene Mortensen | Dansk Melodi Grand Prix, 09-02-02 |
| inglés | |||
RTVSLO |
Samo ljubezen | Sestre | EMA 2002, 16-02-02 |
| Esloveno | |||
TVE |
Europe's Living a Celebration | Rosa | Operación Triunfo, 18-03-02 |
| Castelán e inglés | |||
ERR |
Runaway | Sahlene | Eurolaul 2002, 26-01-02 |
| inglés | |||
France 3 |
Il Faut Du Temps (Je Me Battrai Pour Ça) | Sandrine François | Elección interna |
| francés | |||
YLE |
Addicted to you | Laura Voutilainen | Euroviisut 2002, 26-01-02 |
| inglés | |||
ERT |
S.A.G.A.P.O. | Michalis Rakintzis | Final nacional, 26-02-02 |
| inglés | |||
IBA |
Light a candle (Nadlik Beyachad Ner) | Sarit Hadad | Elección interna |
| Hebreo e inglés | |||
LTV |
I Wanna | Marie N | Eirodziesma 2002, 02-03-02 |
| inglés | |||
LRT |
Happy you | Aivaras | Final nacional, 14-02-02[2] |
| inglés | |||
MKRTV |
Od nas zavisi | Karolina Gočeva | Final nacional, 16-02-02 |
| Macedonio | |||
PBS |
7th wonder | Ira Losco | Malta Song For Europe, 16-02-02 |
| inglés | |||
BBC |
Come back | Jessica Garlick | A Song For Europe, 03-03-02 |
| inglés | |||
TVR |
Tell me why | Monica Anghel & Marcel Pavel | Final nacional, 03-03-02 |
| inglés | |||
C1R |
Northern girl | Prime Minister | Elección interna |
| inglés | |||
SVT |
Never let it go | Afro-dite | Melodifestivalen 2002, 01-03-02 |
| inglés | |||
SRG SSR |
Dans Le Jardin De Mon Âme | Francine Jordi | Final nacional, 02-02-02 |
| Francés | |||
TRT |
Leylaklar soldu kalbinde | Buket Bengisu & Group Sapphire | Final nacional, 15-02-02 |
| Turco e inglés | |||
Artistas que regresaron
[editar | editar a fonte]
Constantinos Christoforou (membro de One): Participou polo país insular como solista na edición de 1996.
Monica Anghel: Foi seleccionada para representar a Romanía xunto a Sincron en 1996. Con todo, non chegou a pisar o escenario, xa que aquel ano, antes do festival, celebrouse unha semifinal non televisada onde quedou eliminada.
Linguas
[editar | editar a fonte]Dos 24 temas participantes, 16 foron interpretados integramente en inglés. Dos restantes 8, catro foron cantados completamente na súa lingua oficial (Eslovenia, Francia, a Antiga República Iugoslava de Macedonia) e Suíza). Bosnia e Hercegovina, España, Israel e Turquía mesturaron a súa lingua propia con frases en inglés.
Celebración do festival
[editar | editar a fonte]| # | País | Intérprete(s) | Canción | Lugar | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|
| 1 | One | Gimme | 6 | 85 | |
| 2 | Jessica Garlick | Come back | 3 | 111 | |
| 3 | Manuel Ortega | Say a word | 18 | 26 | |
| 4 | Michalis Rakintzis | S.A.G.A.P.O. | 17 | 27 | |
| 5 | Rosa | Europe's living a celebration | 7 | 81 | |
| 6 | Vesna Pisarović | Everything I want | 11 | 44 | |
| 7 | Prime Minister | Northern girl | 10 | 55 | |
| 8 | Sahlene | Runaway | 3 | 111 | |
| 9 | Karolina Gočeva | Od nas zavisi | 19 | 25 | |
| 10 | Sarit Hadad | Light a candle (Nadlik beyachad ner) | 12 | 37 | |
| 11 | Francine Jordi | Dans le jardin de mon âme | 22 | 15 | |
| 12 | Afro-dite | Never let it go | 8 | 72 | |
| 13 | Laura Voutilainen | Addicted to you | 20 | 24 | |
| 14 | Malene Mortensen | Tell me who you are | 24 | 7 | |
| 15 | Maja Tatić | Na jastuku za dvoje | 13 | 33 | |
| 16 | Sergio & the Ladies | Sister | 13 | 33 | |
| 17 | Sandrine François | Il faut du temps (Je me battrai pour ça) | 5 | 109 | |
| 18 | Corinna May | I can't live without music | 21 | 17 | |
| 19 | Buket Bengisu & Group Sapphire | Leylaklar soldu kalbinde | 16 | 29 | |
| 20 | Ira Losco | 7th wonder | 2 | 164 | |
| 21 | Monica Anghel & Marcel Pavel | Tell me why | 9 | 71 | |
| 22 | Sestre | Samo ljubezen | 13 | 33 | |
| 23 | Marie N | I wanna | 1 | 176 | |
| 24 | Aivaras | Happy you | 23 | 12 |
* Os países resaltados conseguiron a clasificación para o Festival de 2003
Máximas puntuacións
[editar | editar a fonte]Trala votación os países que recibiron 12 puntos (máxima puntuación que podía outorgar o xurado) foron:
Mapa dos participantes
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bakker, Sietse (29-11-2002). "EBU confirmed: Portugal resigns, Latvia is in". ESCToday. Consultado o 02-05-2012.
- ↑ A final nacional gañouna o grupo B'Avarija coa canción "We all", pero posteriormente foron descualificados porque a canción publicouse antes da data establecida polas normas. Aivaras, quen acabara en segundo lugar, foi declarado ganador
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Predecesor: |
Festival da Canción de Eurovisión Tallin 2002 |
Sucesor: |