O Baku Crystal Hall foi construído entre agosto do ano 2011 e abril do 2012 co fin de albergar o Festival de Eurovisión 2012. O 2 de agosto de 2011 comezou a construción. O 5 de setembro do mesmo ano anunciouse que o futuro estadio contaría cunha capacidade para 25.000 persoas. O final da obra anunciouse para o 31 de marzo de 2012, pero por problemas meteorolóxicos atrasouse ao 16 de abril.
O evento máis importante da historia do pavillón deuse en maio de 2012 ao se celebrar aquí o Festival de Eurovisión 2012. Nese mesmo ano, Jennifer Lopez, Shakira e Rihanna tamén celebraron concertos. En marzo de 2013, Beyoncé celebrou tamén un concerto.