Saltar ao contido

Festival de Eurovisión 1957

Festival de Eurovisión 1957
Logotipo
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
Datas
 Data
3 de marzo de 1957 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
3 de marzo de 1957 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
 Precedido por
 Sucedido por
Implicados
 Organizador/a
 Gañador/a
 Presentador/a
 Compañía produtora
 Emisora orixinal
ARD Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 País
 Coordenadas
Cifras e dimensións
Nº de edición2 Editar o valor en Wikidata
Participantes10 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0hwcd Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt0313344 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O II Festival da Canción de Eurovisión tivo lugar o 3 de marzo de 1957 en Frankfurt, Alemaña. A presentadora foi Anaid Iplicjian e a vitoria foi para Corry Brokken co tema "Net Als Toen".

A segunda edición deste programa foi principalmente radiofónica, pero incrementouse considerablemente o número de espectadores a través da televisión. Aínda que Suíza gañara a primeira edición de 1956, non foi a organizadora do festival xa que non se creou aínda a norma pola que o país vencedor debía facerse cargo da organización ao ano seguinte. Nun principio considerouse a posibilidade de que cada país fixésese cargo do festival de modo rotativo, pero debido ao incremento dos países participantes, observouse que isto sería imposible.

No festival deste ano, observouse que existía unha gran disparidade na duración das cancións participantes (o tema italiano duraba 5:09 minutos, mentres que o británico só 1:52 minutos). Había un límite recomendado de 3:30 por canción pero non era aínda vinculante.

En 1957 foi a primeira vez na que o proceso de votación foi público, o que hoxe é unha das principais características do Festival de Eurovisión. Ademais, foi a primeira edición na que se contactou cos xurados por teléfono.[1]

Neste ano impúxose unha norma pola cal unicamente solistas ou dúos poderían concorrer ao festival, norma que, con modificacións, permanecería vixente ata 1970.[1]

Birthe Wilke e Gustav Winckler, representantes daneses, bicáronse ao final da súa actuación, aínda que só os posuidores de televisión puideron ser testemuñas diso.[2] Destacan tamén as participacións de Suíza, que volvía estar representada, por segunda vez consecutiva, por Lys Assia, aínda que nesta ocasión non tería tanta sorte como no festival do ano anterior e acabaría penúltima; e a representación dos Países Baixos por parte de Corry Brokken, que supoñería a súa segunda participación no Festival, foi a que finalmente se alzou coa vitoria.

Nesta edición foi cando se escoitou por primeira vez o castelán no festival, catro anos antes da entrada de España na competición. A canción alemá, Telefon, Telefon, de Margot Hielscher, incluía frases en varios idiomas, un deles o español.[1]

Cancións e selección

[editar | editar a fonte]
País e TV Título orixinal da canción Artista Proceso e data de selección
Tradución ao galego Linguas de interpretación
Alemaña Alemaña
ARD
"Telefon, Telefon" Margot Hielscher Final nacional, 17-02-57
Teléfono, teléfono Alemán, con frases en francés,
inglés, italiano e español
Austria Austria
ORF
"Wohin, kleines Pony?" Bob Martin Elección interna
Onde, pequeno poni? Alemán
Bélxica Bélxica
NIR
"Straatdeuntje" Bobbejaan Schoepen De T.V. Maakt Muziek
Melodía de rúa Neerlandés
Dinamarca Dinamarca
DSR
"Skibet skal sejle i nat" Birthe Wilke & Gustav Winckler Dansk Melodi Grand Prix, 17-02-57
O barco irase esta noite Dinamarqués
Francia
RTF
"La belle amour" Paule Desjardins Elección interna
O belo amor Francés
Italia Italia
RAI
"Corde della mia chitarra" Nunzio Gallo Festival de San Remo, 09-02-57
Cordas da miña guitarra Italiano
Luxemburgo Luxemburgo
CLT
"Amours mortes" Danièle Dupré Elección interna
Amores mortos Francés
Países Baixos Países Baixos
NTS
"Net als toen" Corry Brokken Nationaal Song Festival 1957, 03-02-57
Xusto como entón Neerlandés
Reino Unido Reino Unido
BBC
"All" Patricia Bredin A Song for Europe, 12-02-57
Todo Inglés
Suíza Suíza
SSR SRG
"L'enfant que j'étais" Lys Assia Final nacional, 11-02-57
A nena que eu era. Francés

Resultados

[editar | editar a fonte]
# País Artista(s) Canción Posición Puntos
1Bélxica BélxicaBobbejaan Schoepen Straatdeuntje 85
2Luxemburgo LuxemburgoDanièle Dupré Amours mortes 48
3Reino Unido Reino UnidoPatricia Bredin [3] All 76
4Italia ItaliaNunzio Gallo Corde della mia chitarra 67
5Austria AustriaBob Martin Wohin, kleines Pony? 103
6Países Baixos Países BaixosCorry Brokken Net als toen. 131
7Alemaña AlemañaMargot Hielscher Telefon, Telefon 48
8 FranciaPaule Desjardins La belle amour 217
9Dinamarca Dinamarca Birthe Wilke & Gustav Winckler Skibet skal sejle i nat 310
10Suíza SuízaLys Assia L'enfant que j'étais 85

Repartición de votos

[editar | editar a fonte]
Xurados [4]
Total Bélxica Luxemburgo Italia Austria Países Baixos Alemaña Francia Dinamarca Suíza
Bélxica 5 000002021
Luxemburgo 80 14300000
Reino Unido 611 0110002
Italia 7112 020010
Austria 30020 10000
Países Baixos 3153116 1437
Alemaña 8100100 600
Francia 172420016 20
Dinamarca 1000230500 0
Suíza 5010100102
A táboa está ordenada por orde de aparición.
  1. 1 2 3 http://www.eurovision.tv/page/history/by-year/contest?event=274
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 08 de febreiro de 2014.
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2013. Consultado o 08 de febreiro de 2014.
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2014. Consultado o 08 de febreiro de 2014.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Suíza Lugano 1956

Festival da Canción de Eurovisión

Fráncfort 1957
Sucesor:
Países Baixos Hilversum 1958