Festival de Eurovisión 2021
Festival de Eurovisión 2021 Open Up | |
---|---|
Datas | |
Semi-final 1 | 18 de maio de 2021 |
Semi-final 2 | 20 de maio de 2021 |
Final | 22 de maio de 2021 |
Anfitrión | |
Lugar | Rotterdam Ahoy Rotterdam, Países Baixos |
Presentador(es) | Chantal Janzen Edsilia Rombley Jan Smit Nikkie de Jager |
Director | Marnix Kaart Marc Pos Daniel Jelinek |
Supervisor executivo | Martin Österdahl |
Produtor executivo | Sietse Bakker Astrid Dutrénit |
Televisión anfitrioa | |
Apertura |
|
Acto(s) intermedio(s) |
|
Participantes | |
Participantes | 39 |
Países que debutan | Ningún |
Países que retornan | Bulgaria Ucraína |
Países que se retiran | Armenia Belarús Hungría Montenegro |
Mapa
| |
Votacións | |
Sistema de votación | Primeiro preséntanse os votos dos xurados nacionais de maneira individual, que outorgan de 1 a 8 puntos, 10 puntos (aparecen automaticamente nas pantallas), e 12 puntos no formato tradicional, dicindo en voz alta a que país lle corresponden.
En segundo lugar preséntanse os resultados do televoto, no que cada país entrega de 1 a 8, 10 e 12 puntos ás cancións preferidas. Todos eses votos súmanse e son entregados a cada país de menor a maior puntuación, de maneira conxunta. |
Cero puntos | Reino Unido[nota 1] |
Canción gañadora | Italia "Zitti e buoni" |
Festival de Eurovisión | |
◄2020 2022► |
O Festival da Canción de Eurovisión 2021 foi a 65ª edición do festival. Celebrouse en Rotterdam, Países Baixos, grazas á vitoria do mesmo país en 2019 coa canción "Arcade" de Duncan Laurence. Estaba previsto que o Festival de Eurovisión 2020 fose celebrado nos Países Baixos, antes de cancelarse dada a pandemia europea de COVID-19. Esta foi a quinta vez en que os Países Baixos celebran o festival, seguindo ás edicións de 1958, 1970, 1976 e 1980. Organizado pola Unión Europea de Radiodifusión (UER) e as emisoras anfitrioas Nederlandse Publieke Omroep (NPO), Nederlandse Omroep Stichting (NOS) e AVROTROS, o festival foi celebrado no Rotterdam Ahoy e consistiu en dúas semifinais os días 18 e 20 de maio, e unha final o 22 de maio de 2021. A UER debatiu con respecto á prórroga do festival de 2020 para o 2021, e moitos países participantes elixiron os mesmos artistas que ían representarlles en 2020. Os tres espectáculos en directo foron presentados por Chantal Janzen, Edsilia Rombley, Jan Smit e Nikkie de Jager.
39 países participaron este ano no festival, dos cales 26 reelixiron os mesmos artistas previamente seleccionados para o festival de 2020 (aínda que con distintas cancións, como ditan as normas do festival). Bulgaria e Ucraína volveron tras as súas ausencias no festival de 2019, mentres que Hungría e Montenegro non regresaron tras a súa participación en 2019. Armenia e Belarús tiñan planeado participar, pero Armenia abandonou máis tarde debido á súa crise sociopolítica provocada polo conflito de Nagorno-Karabakh e Belarús foi descualificada tras descubriren que a súa proposta violaba as normas do festival.
O gañador foi Italia coa canción “Zitti e buoni”, interpretada por Måneskin e escrita polos membros da banda Damiano David, Ethan Torchio, Thomas Raggi e Victoria De Angelis. Esta foi a terceira vitoria de Italia no festival, seguindo as de 1964 e 1990, converténdose no segundo membro do denominado “Big Five” en gañar o festival dende que se estableceu o grupo, despois da vitoria de Alemaña en 2010. Asemade, son a primeira banda en gañar o festival desde a vitoria de Lordi por Finlandia en 2006. Francia, Suíza, Islandia e Ucraína completaron os cinco primeiros postos, con Francia e Suíza conseguindo os seus mellores resultados desde 1991 e 1993 respectivamente. Foi a quinta vez que o gañador do festival non rematou co maior número de votos do xurado, dende a súa reintrodución xunto co televoto en 2009; Suíza foi o gañador do xurado, mentres que Italia gañou o televoto. Amais, por vez primeira desde o ano 1995, ningunha das cancións dos tres primeiros postos foi interpretada en inglés.
Así mesmo, por primeira vez desde que se inaugurou o sistema de voto actual, implementado en 2016, catro países recibiron cero puntos do televoto: o país organizador Países Baixos, España, Alemaña e o Reino Unido, este último sendo o primeiro país en recibir cero puntos por parte de xurado e televoto ao mesmo tempo. Esta foi a quinta vez que o país anfitrión rematou nos últimos cinco postos da clasificación dende 2015, cos Países Baixos finalizando na posición 23 na final, así como a segunda vez que o Reino Unido recibiu cero puntos no festival, seguindo ao 2003. Por vez primeira desde a súa estrea en 2015, Australia non logrou cualificarse para a final, deixando a Ucraína como o único país que nunca quedou eliminado nas semifinais desde a súa introdución en 2004.[nota 2]
A UER anunciou que o festival tivo unha audiencia de 183 millóns de espectadores en 36 mercados europeos, o que supón un aumento de 1 millón de espectadores — aproximadamente dun 0.55% — respecto á edición anterior[6], mais cun aumento considerable do sete por cento no rango de idade de 15 a 24 anos.[7]
Localización
[editar | editar a fonte]O festival de 2021 celebrouse en Rotterdam, Países Baixos,[8] despois da vitoria deste mesmo país na edición de 2019 coa canción "Arcade", interpretada por Duncan Laurence. Foi a quinta vez que os Países Baixos organizaron o festival, pois xa o fixera previamente en 1958, 1970, 1976 e 1980. O lugar seleccionado foi o recinto de 16 400 asentos do Rotterdam Ahoy, un centro de convencións e pavillón deportivo multiúsos situado en Ahoyweg, que serve como lugar para moitos eventos, incluíndo concertos, exposicións, feiras e conferencias. O Rotterdam Ahoy organizara previamente o Festival de Eurovisión Júnior 2007, e estaba previsto que acollera o Festival de Eurovisión 2020 antes da súa cancelación.
Selección da cidade organizadora
[editar | editar a fonte]- Máis información: Festival de Eurovisión 2020 § Organización e localización.
Por tradición eurovisiva, os Países Baixos recibiron os dereitos para organizar o festival de Eurovisión tras a súa vitoria na competición de 2019.[9] As emisoras neerlandesas organizadoras NPO, NOS e AVROTROS comezaron o proceso de selección o mesmo mes de gañar, o 29 de maio,[10] no que cinco cidades—Arnhem, 's-Hertogenbosch, Maastricht, Rotterdam, e Utrecht— presentaron a súa proposta durante un evento cerimonial celebrado en Hilversum o 10 de xullo de 2019.[11] O 16 de xullo, Maastricht e Rotterdam foron preseleccionadas,[12] e tras a visita de ambas as cidades por parte da NPO,[13] o 30 de agosto de 2019, Rotterdam foi anunciada como a cidade organizadora do Festival de Eurovisión 2020.[14]
Tras a cancelación do festival de 2020, a UER comezou as conversas coas emisoras NPO, NOS e AVROTROS, así como coa cidade de Rotterdam, con respecto á posibilidade de poder organizar o espectáculo en 2021 na cidade.[15] O 23 de abril de 2020, o municipio de Rotterdam aprobou un aumento no orzamento despois de que os medios de comunicación neerlandeses informasen de que a cidade necesitaría 6.7 millóns de euros adicionais para poder celebrar o evento.[16][17] A decisión foi inminente xa que a UER demandaba ser informada, como moito, a finais de abril se Rotterdam desexaba organizar ou non o festival. Se Rotterdam tivera declinado a oportunidade, NPO, NOS e AVROTROS tiñan até mediados de maio de 2020 para atoparen unha alternativa.[18]
Durante a emisión do programa Eurovision: Europe Shine a Light, estreado o 16 de maio de 2020, confirmouse que Rotterdam era a elixida para organizar o festival de 2021.[19]
Outras localizacións
[editar | editar a fonte]O evento "Turquoise Carpet", no que os participantes e as súas delegacións son presentadas antes da prensa acreditada e os fans, tivo lugar na Rotterdam Cruise Terminal o 16 de maio de 2021.[20][21]
Produción
[editar | editar a fonte]O Festival de Eurovisión 2021 foi unha coprodución entre tres organizacións televisivas neerlandesas — Nederlandse Publieke Omroep (NPO), Nederlandse Omroep Stichting (NOS) e AVROTROS — cada unha asumindo un rol diferente.[22] Sietse Bakker e Astrid Dutrénit foron os produtores executivos, mentres que Emilie Sickinghe e Jessica Stam foron os produtores executivos adxuntos.[23]
En xaneiro de 2020, a Unión Europea de Radiofusión (UER) anunciou que Martin Österdahl sería o novo supervisor executivo para Eurovisión ao rematar a edición de 2020, substituíndo a Jon Ola Sand.[24] Antes do seu nombramento, Österdahl foi un produtor executivo para as edicións de 2013 e 2016, e foi un membro do grupo de referencia de Eurovisión entre 2012 e 2018.[25]
Impacto da pandemia de COVID-19
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Pandemia de COVID-19.
O 7 de maio de 2020, as autoridades neerlandesas prohibiron todo tipo de aglomeracións no país ata que estivese dispoñible unha vacina contra a COVID-19.[26] As emisoras organizadoras asumiron a decisión, informando de como ía impactar ao evento.[27]
O 18 de setembro de 2020, a UER publicou un resumo do seu plan de continxencia coas diferentes posibilidades de celebración do festival, incluíndo:[28][29]
- O evento organizado como en anteriores ocasións (posibilidade A);
- O evento organizado con distanciamento social e con medidas contra o virus (posibilidade B);
- Dando a opción aos participantes de interpretar as cancións desde o seu propio país se non se lles permitise viaxar a Rotterdam (posibilidade C);
- O evento organizado de xeito totalmente virtual desde Rotterdam, con todas as interpretacións desde o país do participante, e a porta pechada en Rotterdam (posibilidade D) — esta opción levouse a cabo durante o Festival de Eurovisión Júnior 2020 en novembro de 2020.
En febreiro de 2021, a UER e as emisoras organizadoras informaron de que optaron por celebrar o evento de igual xeito que en anos anteriores (posibilidade A). A posibilidade C foi tamén modificada – todas as interpretacións serían interpretadas virtualmente como na posibilidade D.[30] O 2 de marzo de 2021, publicouse un protocolo de saúde e seguridade para o festival, afirmando a UER que o evento sería organizado baixo a posibilidade B, reiterando que isto podería cambiar dun momento a outro segundo as circunstancias.[31] O 30 de abril de 2021, a UER finalmente confirmou que a posibilidade B era a elixida para o festival.[32]
Características | Posibilidade A (Normal) |
Posibilidade B (1.5 metros de distancia) † |
Posibilidade C (Restricións de viaxe) |
Posibilidade D (Confinamento) |
---|---|---|---|---|
Interpretacións desde o Ahoy | Si | Si | Si | Si |
Participantes en Rotterdam | Todos | Todos/a maioría | Ningún | Ningún |
Audiencia no recinto | 100% | 0–80% | 0–80% | Ninguén |
Outros eventos en Rotterdam | Si | Adaptado | Reducido | Ningún |
Centro de prensa | 1 500 no recinto | 500 no recinto 1 000 virtual |
1 500 virtual | 1 500 virtual |
Resultado | Descartada | Seleccionada | Descartada | Descartada |
O 1 de abril de 2021, anunciouse que a audiencia permitida era un total de 3 500 en cada un dos nove espectáculos, incluíndo os tres en directo e os seis ensaios; o goberno neerlandés aprobou a proposta o 29 de abril. Todos os membros da audiencia debían ter un test negativo de COVID-19.[33][34][35]
Por precaucións fronte a pandemia, a "Turquoise Carpet" foi o único evento secundario organizado de xeito presencial no festival de 2021. Outros eventos secundarios afectados incluén: o evento de Cerimonia de Apertura, que non se celebrou; o Eurovision Village, que se celebrou do 15 ao 23 de maio de maneira virtual; e o EuroClub, que se cancelou.[36][37][38][39]
Formato
[editar | editar a fonte]Deseño visual
[editar | editar a fonte]O 18 de setembro de 2020, a UER confirmou, xunto coas posibilidades de celebración, que o deseño virtual e mais o eslogan planeados do 2020, "Open Up", serían tamén utilizados para o festival de 2021.[28] O logo oficial renovado e a estratexia da marca foi desvelada o 4 de decembro de 2020. Deseñado por Clever°Franke, é "unha presentación abstracta inspirada polo mapa do mundo e que visualmente conecta a localización das capitais dos 41 (daquela) países participantes con Róterdam como o corazón de Europa".[40][41] A identidade visual renovada, deseñada por MediaMonks e NEP, foi construída sobre patróns e 'pistas' que simbolizan aos Países Baixos xunto co eslogan.[42][43]
Presentadores
[editar | editar a fonte]O 18 de setembro de 2020, a UER tamén confirmou que o cadro de presentadores planeado para o 2020 sería recuperado e utilizado para o evento de 2021: a actriz e presentadora de televisión Chantal Janzen, o cantante e comentarista do festival Jan Smit, a cantante Edsilia Rombley, que representou aos Países Baixos en 1998 e 2007, e mais a vlogger de beleza Nikkie de Jager (NikkieTutorials).[28][44][45]
- Véxase tamén: Krista Calling e LookLab con NikkieTutorials.
Asemade, De Jager e Krista Siegfrids (representante de Finlandia en 2013) foron os presentadores do contido virtual do festival. Siegfrids presentou Krista Calling, unha serie semanal en YouTube[46] con reportaxes detrás das cámaras desde Rotterdam,[47][48][49] e De Jager presentou LookLab con NikkieTutorials[50], unha serie virtual de debate analizando e entrevistando un a un a 38[nota 3][51] dos 39 participantes, ademais da Máxima dos Países Baixos como invitada especial.[52] Koos van Plateringen, Hila Noorzai e Samya Hafsaoui moderaron as roldas de prensa do festival, mentres que Van Plateringen e Fenna Ramos presentaron a "Turquoise Carpet".[53][20]
Deseño do escenario
[editar | editar a fonte]Durante o anuncio das datas do festival de 2021, Sietse Bakker, produtor executivo do festival nese ano, informou de que o plan do escenario en 2020 sería trasladado e utilizado en 2021.[54] O deseño inspirouse no eslogan "Open Up" e na paisaxe plana típica neerlandesa. O escenario de Eurovisión foi deseñado por Florian Wieder, deseñador alemán que tamén realizou o mesmo traballo nos festivais de 2011–12, 2015, e 2017–19.[55][56] As súas características inclúen unha pantalla LED primaria xiratoria de 52 e 12 metros de ancho e altura, respectivamente, e unha pantalla LED semitransparante retractable que pode utilizarse como fondo do escenario secundario.[57][58][59] O deseño do escenario foi complementado con efectos de realidade aumentada.[60] En contraste, no ano 2019, a green room estaba posicionada no lugar principal do recinto, e abarcaba todo o espazo do chan, previamente reservado para audiencia, para facilitar o distanciamento social.[61]
Propostas
[editar | editar a fonte]O 18 de xuño de 2020, a UER anunciou que, este ano, as delegacións terían a opción de utilizar coros pregravados. Cada delegación podía, con todo, elixir se usar ou non coros, sexa ou non no escenario, ou unha combinación entre directo e pregravado. Todos os artistas principais que interpretan a melodía da canción debían ser en directo, segundo as normas.[62][63]
O 18 de novembro de 2020, a UER revelou que, como medida para garantir que todos os participantes puidesen ser parte do evento, todas as emisoras nacionais debían preparar unha gravación da actuación en directo de reserva con anterioridade ao festival que podía ser utilizada se algún participante da mesma non puidese viaxar a Rotterdam, ou se fose posto en corentena. As gravacións tiveron lugar nun estudio preparado, en tempo real (como sería no festival) sen ningún tipo de edición nas voces ou sobre a actuación en si mesma en post-produción. Publicouse tamén un conxunto de pautas de produción para asegurar a equidade e a integridade das gravacións.[64]
As demais normas para as propostas mantivéronse igual no festival de 2021. Isto inclúe que a máxima duración da canción é de tres minutos, que pode haber como máximo seis intérpretes no escenario, e que as composicións (letra e música) non deben ser lanzadas a nivel comercial antes do 1 de setembro do ano anterior.[65] Coa cancelación do evento en 2020, a UER explorou a opción de permitir que as cancións seleccionadas para o festival dese ano puidesen competir no vindeiro, en 2021, o cal debía ser debatido co grupo de referencia do Festival da Canción de Eurovisión e mais as emisoras nacionais.[15] Victoria, a representante de Bulgaria para 2020 e 2021, expresou o seu apoio a esta posible medida.[66] Con todo, o 20 de marzo de 2020, o grupo de referencia decidiu que, en concordancia coas normas do Festival de Eurovisión, as cancións de 2020 non podían ser aptas para competir en 2021.[67]
Sorteo de asignación de semifinais
[editar | editar a fonte]O 17 de novembro de 2020, a UER confirmou que o sorteo de asignación de semifinais do festival de 2021 non sería celebrado. En lugar diso, as semifinais terían a mesma aliñación de países determinada no sorteo do ano anterior, que tivo lugar o 28 de xaneiro de 2020 na casa do concello de Rotterdam e foi presentado por Chantal Janzen, Jan Smit e Edsilia Rombley. O sorteo tamén determinara en que semifinal das dúas terían que votar os seis países automaticamente cualificados – o Big Five e mais os Países Baixos. A UER tamén decidiu manter a posición na que actuaría os Países Baixos na Gran Final – 23.[68]
Os bombos utilizados inicialmente para o festival de 2020 foron:
Bombo 1 | Bombo 2 | Bombo 3 | Bombo 4 | Bombo 5 |
---|---|---|---|---|
Postcards
[editar | editar a fonte]As postcards son vídeos curtos de introdución mostrados en televisión mentres o escenario é preparado para o seguinte participante en actuar. Teñen unha duración de 40 segundos.[71] Foron gravados entre xaneiro e abril, e dirixidos por Martijn Nieman e Laurence Drenthe, con Kevin Soares como produtor executivo, as postcards de 2021 están baseadas no slogan do festival, "Open Up". Nunha desviación do concepto inicialmente planeado para o festival de 2020 debido aos problemas coas restricións de viaxe, as postcards presentaban os actos mediante imaxes filmadas no país de orixe, inseridas mediante chroma no marco dun montaxe nunha 'pequena casa' en varias localizacións nos Países Baixos, decorada con artigos persoais do/s artista/s. Ao final de cada postcard, unha 'raia' de cor específica do país chega á casa e refráctase, emulando o prisma e as transicións ao escenario, onde o teito está iluminado coas cores da bandeira do seu país usando a realidade aumentada. As postcards foron producidas por unha axencia neerlandesa demoninada IDTV, con posprodución adicional e traballo VFX pola axencia amberina STORM.[72][73][74] Os seguintes lugares foron usados para cada país participante:[75][76]
- Acerbaixán – Giethoorn
- Albania – Hoge Brug, Maastricht
- Alemaña – Scheveningen
- Australia – Sparta Stadion Het Kasteel, Rotterdam
- Austria – Nannewijd, Lagos Frisian
- Bélxica – Bourtange
- Bulgaria – Agelo
- Chipre – 's-Hertogenbosch
- Croacia – Broek op Langedijk
- Dinamarca – Nijmegen
- Eslovenia – Marker Wadden
- España – Doornspijk
- Estonia – Circuíto Park Zandvoort
- Finlandia – Heerlen
- Francia – Houtribdijk
- Grecia – Sterrenwacht Halley, Vinkel
- Irlanda – Hermitage Amsterdam
- Islandia – Zeeburgereiland, Ámsterdam
- Israel – Estación central de ferrocarril de Utrecht
- Italia – Arnhem
- Letonia – Middelburg
- Lituania – Estación central de ferrocarril de Rotterdam
- Macedonia do Norte – Dolmen D14, Eext
- Malta – Vlissingen
- Moldavia – Schiermonnikoog
- Noruega – Koppelpoort, Amersfoort
- Países Baixos – Ouddorp
- Polonia – Amsterdam Airport Schiphol
- Portugal – Markt, Delft
- Reino Unido – Gasselte
- República Checa – Almere
- Romanía – Leeuwarden
- Rusia – Bolwoningen, 's-Hertogenbosch
- San Marino – Evoluon, Eindhoven
- Serbia – Keukenhof, Lisse
- Suecia – Museumplein, Ámsterdam
- Suíza – Noordereiland, Rotterdam
- Ucraína – Parque Nacional de Veluwezoom
- Xeorxia – Porto de Rotterdam
Actos de apertura e intermedios
[editar | editar a fonte]O 4 de maio de 2021, a UER publicou información con respecto aos actos de apertura e intermedios.[77]
A primeira semifinal abriuna Duncan Laurence, interpretando "Feel Something",[78] a cantante e YouTuber destacada Davina Michelle e a actriz Thekla Reuten nun acto intermedio titulado "The Power of Water" (en galego: "O Poder da Auga"), centrándose na historia neerlandesa de xestión da auga.[79][80] Michelle interpretou a súa nova canción "Sweet Water" na súa actuación. En ambos os dous casos foi utilizada a realidade aumentada.
A segunda semifinal abriuna a breakdancer Redouan Ait Chitt (Redo) e a cantautora Eefje de Visser,[81][82] coa bailarina de ballet Ahmad Joudeh e a profesional de BMX Dez Maarsen actuando durante un intervalo;[83] os actos titúlanse "Forward Unlimited" e "Close Encounter of a Special Kind", respectivamente.
A final foi aberta co tradición desfile de bandeiras, introducindo aos vinte e seis finalistas, acompañados por un remix de "Venus" producido e interpretado por un DJ de tan só 16 anos chamado DJ Pieter Gabriel, cos copresentadores Chantal Janzen, Jan Smit e Edsilia Rombley cantando diferentes partes da canción.[84][85] Os actos intermedios incluíron as melodías de "Hero", "Ten Feet Tall" e "Titanium" interpretadas polo DJ Afrojack, os cantantes Glennis Grace (que representou aos Países Baixos no Festival de Eurovisión de 2005) e Wulf xunto cunha orquestra sinfónica composta por músicos xoves neerlandeses;[86][87] o acto intermedio "Rock the Roof", no cal seis antigos vencedores do festival — Lenny Kuhr (1969), Teach-In con Getty Kaspers (1975), Sandra Kim (1986), Helena Paparizou (2005), Lordi (2006) e Måns Zelmerlöw (2015) — interpretaron as súas respectivas cancións gañadoras – "De troubadour", "Ding-a-dong", "J'aime la vie", "My Number One", "Hard Rock Hallelujah" e "Heroes" – en varios lugares en Rotterdam;[88] e Duncan Laurence, que actuou coa súa canción vitoriosa "Arcade" e o seu novo tema "Stars".[nota 6][89][90][85] Por último, un "sketch" de baile denominado "The Human Countdown" foi interpretado durante os últimos segundos de votación.
Países participantes
[editar | editar a fonte]A UER inicialmente anunciou o 26 de outubro de 2020 que participarían 41 países no festival, sendo exactamente a mesma aliñación que estaba planeado que participase na edición de 2020. Bulgaria e Ucraína retornaron ao evento tras as súas ausencias en 2019, mentres que Hungría e mais Montenegro confirmaron que non participarían.[91]
En marzo de 2021, Armenia e Belarús confirmaron a súa retirada do festival; Armenia abandonou pola súa crise sociopolítica debida ao conflito de Nagorno-Karabakh e Belarús foi descualificada xa que a súa proposta violaba as normas da UER, reducindo así o número de países participantes a 39.[92][93]
Artistas de volta
[editar | editar a fonte]Tras a cancelación do festival de 2020, as emisoras participantes de 24 países anunciaron que seleccionarían internamente aos mesmos artistas planeados para ese mesmo ano para o festival de 2021. Amais, os artistas previamente seleccionados para representar a Estonia e Lituania en 2020 tamén gañaron as súas finais nacionais para 2021.
Descontando o 2020, o evento contou con tres representantes que tamén actuaron como vocalistas principais do mesmo país e cinco artistas que participaron noutros eventos de Eurovisión ou como vocalistas secundarios para o mesmo ou para outro país.
Artista | País | Ano/s anterior/es |
---|---|---|
Destiny Chukunyere | Malta | Festival de Eurovisiún Júnior 2015 (gañadora) |
2019 (como vocalista secundaria para Michela Pace)[94] | ||
Ksenija Knežević (membro de Hurricane) | Serbia | 2015 (como vocalista secundaria para Knez, representando a Montenegro)[95] |
Sanja Vučić (membro de Hurricane) | 2016[95] | |
Natalia Gordienko | Moldavia | 2006 (xunto con Arsenium)[96] |
Senhit | San Marino | 2011[97] |
Stefania Liberakakis | Grecia | Festival de Eurovisiún Júnior 2016 (representando aos Países Baixos como membro de Kisses)[98] |
Vasil Garvanliev | Macedonia do Norte | 2019 (como vocalista secundario para Tamara Todevska)[99] |
Vincent Bueno | Austria | 2017 (como vocalista secundario para Nathan Trent)[100] |
Semifinal 1
[editar | editar a fonte]A primeira semifinal tivo lugar o 18 de maio de 2021 ás 21:00 (CEST).[54] 16 países participaron nesta primeira semifinal. Eses países e mais Alemaña, Italia e os Países Baixos votaron nesta semifinal. Belarús tiña un posto reservado na primeira metade da semifinal, pero foi descualificada do festival por violar as normas coa súa proposta.[93] Os países destacados cualificáronse para a final.[101]
N.º[102] | País[91] | Artista[103] | Canción[103] | Lingua(s) | Posición | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|
01 | Lituania | The Roop | "Discoteque" | Inglés | 4 | 203 |
02 | Eslovenia | Ana Soklič | "Amen" | Inglés | 13 | 44 |
03 | Rusia | Manizha | "Russian Woman" | Ruso, inglés | 3 | 225 |
04 | Suecia | Tusse | "Voices" | Inglés | 7 | 142 |
05 | Australia[nota 7][104][105] | Montaigne | "Technicolour" | Inglés | 14 | 28 |
06 | Macedonia do Norte | Vasil | "Here I Stand" | Inglés | 15 | 23 |
07 | Irlanda | Lesley Roy | "Maps" | Inglés | 16 | 20 |
08 | Chipre | Elena Tsagrinou | "El Diablo" | Inglés[nota 8] | 6 | 170 |
09 | Noruega | Tix | "Fallen Angel" | Inglés | 10 | 115 |
10 | Croacia | Albina | "Tick-Tock" | Inglés, croata | 11 | 110 |
11 | Bélxica | Hooverphonic | "The Wrong Place" | Inglés | 9 | 117 |
12 | Israel | Eden Alene | "Set Me Free" | Inglés[nota 9] | 5 | 192 |
13 | Romanía | Roxen | "Amnesia" | Inglés | 12 | 85 |
14 | Acerbaixán | Efendi | "Mata Hari" | Inglés[nota 10] | 8 | 138 |
15 | Ucraína | Go_A | "Shum" (Шум) | Lingua ucraína | 2 | 267 |
16 | Malta | Destiny | "Je me casse" | Inglés[nota 11] | 1 | 325 |
Detalle de votos
[editar | editar a fonte]Semifinal 2
[editar | editar a fonte]A segunda semifinal tivo lugar o 20 de maio de 2021 ás 21:00 (CEST).[54] 17 países participaron nesta segunda semifinal. Eses países máis Francia, España e Reino Unido votaron nesta semifinal.[68] Armenia tiña inicialmente un posto reservado na segunda metade da semifinal, pero abandonou o festival debido á súa crise sociopolítica polo conflito de Nagorno-Karabakh.[92] Os países destacados cualificáronse para a final.[106]
Detalle de votos
[editar | editar a fonte]Final
[editar | editar a fonte]A final tivo lugar o 22 de maio de 2021 ás 21:00 (CEST).[54] 26 países participaron nesta final, con todos os 39 países aptos para a votación.
Detalle de votos
[editar | editar a fonte]
|
|
Puntuacións
[editar | editar a fonte]Semifinal 1
[editar | editar a fonte]Xurado
[editar | editar a fonte]Televoto
[editar | editar a fonte]12 puntos
[editar | editar a fonte]A continuación móstrase un resumo dos 12 puntos máximos outorgados polo xurado profesional de cada país e o televoto na primeira semifinal. Os países destacados deron o máximo de 24 puntos (12 puntos por xurado profesional e televoto) ao participante en cuestión.
N. | Participante | País/es que outorgaron os 12 puntos |
---|---|---|
8 | Malta | Australia, Croacia, Chipre, Irlanda, Noruega, Romanía, Rusia, Suecia |
3 | Rusia | Acerbaixán, Bélxica, Países Baixos |
2 | Israel | Italia, Macedonia do Norte |
1 | Australia | Ucraína |
Chipre | Eslovenia | |
Lituania | Israel | |
Romanía | Malta | |
Suecia | Alemaña | |
Ucraína | Lituania |
N. | Participante | País/es que outorgaron os 12 puntos |
---|---|---|
6 | Ucraína | Australia, Croacia, Italia, Lituania, Romanía, Rusia |
5 | Lituania | Chipre, Alemaña, Irlanda, Noruega, Ucraína |
2 | Croacia | Macedonia do Norte, Eslovenia |
Malta | Bélxica, Países Baixos | |
1 | Chipre | Malta |
Israel | Acerbaixán | |
Noruega | Suecia | |
Rusia | Israel |
Semifinal 2
[editar | editar a fonte]Xurado
[editar | editar a fonte]Televoto
[editar | editar a fonte]12 puntos
[editar | editar a fonte]A continuación móstrase un resumo dos 12 puntos máximos outorgados polo xurado profesional de cada país e o televoto na primeira semifinal. Os países destacados deron o máximo de 24 puntos (12 puntos por xurado profesional e televoto) ao participante en cuestión.
N. | Participante | País/es que outorgaron os 12 puntos |
---|---|---|
7 | Suíza | Albania, Austria, Dinamarca, Estonia, Xeorxia, Islandia, España |
4 | Bulgaria | Finlandia, Moldavia, Portugal, Suíza |
3 | Islandia | Letonia, Serbia, Reino Unido |
2 | Grecia | Francia, Polonia |
Moldavia | Bulgaria, Grecia | |
1 | Polonia | San Marino |
Portugal | República Checa |
N. | Participante | País/es que outorgaron os 12 puntos |
---|---|---|
8 | Moldavia | República Checa, Estonia, Francia, Letonia, Grecia, Portugal, San Marino, Serbia |
3 | Islandia | Dinamarca, Finlandia, Reino Unido |
2 | Finlandia | Bulgaria, Polonia |
Serbia | Austria, Suíza | |
1 | Dinamarca | Islandia |
Grecia | Moldavia | |
Portugal | España | |
San Marino | Xeorxia | |
Suíza | Albania |
Final
[editar | editar a fonte]Xurado
[editar | editar a fonte]Televoto
[editar | editar a fonte]12 puntos
[editar | editar a fonte]A continuación móstrase un resumo dos 12 puntos máximos outorgados polo xurado profesional de cada país e o televoto na primeira semifinal. Os países destacados deron o máximo de 24 puntos (12 puntos por xurado profesional e televoto) ao participante en cuestión.
N. | Participante | País/es que outorgaron os 12 puntos |
---|---|---|
8 | Francia | Alemaña, Irlanda, Países Baixos, San Marino, Serbia, España, Suíza, Reino Unido |
Suíza | Albania, Bélxica, Dinamarca, Estonia, Finlandia, Islandia, Israel, Letonia | |
4 | Italia | Croacia, Xeorxia, Eslovenia, Ucraína |
Malta | Australia, Noruega, Romanía, Suecia | |
2 | Bulgaria | Moldavia, Portugal |
Grecia | Chipre, Francia | |
Moldavia | Bulgaria, Rusia | |
1 | Albania | Malta |
Chipre | Grecia | |
Islandia | Austria | |
Lituania | Italia | |
Portugal | República Checa | |
Rusia | Acerbaixán | |
San Marino | Polonia | |
Serbia | Macedonia do Norte | |
Ucraína | Lituania |
N. | Participante | País/es que outorgaron os 12 puntos |
---|---|---|
5 | Italia | Bulgaria, Malta, San Marino, Serbia, Ucraína |
Lituania | Alemaña, Irlanda, Letonia, Noruega, Reino Unido | |
Serbia | Austria, Croacia, Macedonia do Norte, Eslovenia, Suíza | |
Ucraína | Francia, Israel, Italia, Lituania, Polonia | |
4 | Francia | Bélxica, Países Baixos, Portugal, España |
3 | Finlandia | Estonia, Islandia, Suecia |
Islandia | Australia, Dinamarca, Finlandia | |
2 | Chipre | Grecia, Rusia |
Grecia | Chipre, Xeorxia | |
Moldavia | República Checa, Romanía | |
1 | Israel | Acerbaixán |
Rusia | Moldavia | |
Suíza | Albania |
Outros países
[editar | editar a fonte]A elixibilidade para a posible participación no Festival de Eurovisión require unha emisora nacional membro activo da UER que poida emitir o evento a través da rede de Eurovisión. A UER enviou unha invitación para participar no festival a todos os membros activos. O membro asociado Australia non necesitou unha invitación para o festival de 2021, xa que se lle concedera permiso previamente para participar no evento até polo menos o ano 2023.[115]
Membros activos da UER
[editar | editar a fonte]- Andorra – En novembro de 2019, Demócratas por Andorra, o partido gobernante de Andorra, anunciou a súa intención de regresar ao concurso se había unha reforma dos requisitos económicos.[116] Susanne Georgi, a representante andorrana en 2009, dixo, en maio de 2020, que asegurara o orzamento necesario para que o país retornase ao evento.[117] Nese mesmo ano, o 1 de agosto de 2020, Georgi explicou nun podcast dunha páxina web fan de Eurovisión denominada Wiwibloggs' que se reunira co primeiro ministro de Andorra Xavier Espot Zamora, no cal ambos concordaron vermalmente en regresar a Eurovisión en 2022 (debido a que non quixeron participar en 2021 polas circunstancias pandémicas).[118]
- Armenia – Tendo a intención de competir en 2020, Armenia confirmouse inicialmente para o evento de 2021 cando a lista de participantes foi anunciada pola UER en outubro de 2020 e estaba previsto que actuase na segunda metade da segunda semifinal.[91][68] Con todo, o 5 de marzo de 2021, a Televisión Pública de Armenia confirmou que non poderían participar debido á crise sociopolítica na que estaba inmersa o seu país polo conflito de Nagorno-Karabakh.[92]
- Belarús – Tendo a intención de competir en 2020, Belarús foi inicialmente confirmada para o evento de 2021 cando a lista de participantes foi anunciada pola UER en outubro de 2020 e estaba previsto que actuase na primeira metade da primeira semifinal. Con todo, o 26 de marzo de 2021, Belarús foi descualificada pola UER despois de que a súa proposta "Ya nauchu tebya" de Galasy ZMesta fose rexeitada por violar as regras e non ser capaz de enviar outra de substitución elixible.[93] Seis días despois da final, a UER votou para suspender á emisora bielorrusa BTRC, alegando que estaban "especialmente alarmados pola transmisión de entrevistas aparentemente baixo coacción". BTRC recibiu dúas semanas para responder antes de que a suspensión entrase en vigor o 11 de xuño de 2021, pero non houbo resposta pública.[119] A emisora foi expulsada da UER o 1 de xullo, o que lle imposibilita futuras participacións.[120]
- Bosnia e Hercegovina – En outubro de 2020, a emisora bosniana Radiotelevisión de Bosnia e Hercegovina confirmou que o seu país non volvería en 2021, debido a problemas económicos. A última vez que participaron foi en 2016.[121]
- Eslovaquia – En xullo de 2020, un representante da Radiotelevisión de Eslovaquia (RTVS) anunciou que a emisora probablemente non participaría no evento,[122] e confirmouno definitivamente en agosto dese mesmo ano.[123]
- Luxemburgo – En xullo de 2020, RTL Télé Lëtzebuerg confirmou que Luxemburgo non ía participar en 2021, explicando que non teñen pensando "centrarse en entretemento e espectáculos musicais" e que participar "poñería á emisora baixo tensión financeira".[124] A última vez que participaron no festival foi en 1993.
- Marrocos – En resposta aos rumores que indicaban que a UER tivera conversas con Marrocos sobre a súa posible participación, Karim Sbai, o Director de Comunicacións da Sociedade Nacional de Radiodifusión e de Televisión de Marrocos, anunciou, en febreiro de 2020, que o posible regreso do país non fora aínda debatido.[125] Finalmente, Marrocos non se incluíu na lista final de participantes para 2021.[91]
- Mónaco – A emisora monegasca TMC confirmou, en setembro de 2020, que non participarían en 2021.[126]
- Montenegro – A emisora montenegrina Radiotelevisión de Montenegro confirmou, en outubro de 2020, que non participarían en 2021.[127] Xa abandonaran a competición no festival de 2020 posteriormente cancelado debido a unha serie de resultados pobres e os custos asociados coa súa participación.
- Turquía – En maio de 2020, Faruk Kaymakcı, Viceministro de Asuntos Exteriores turco e Director de Asuntos da UE, anunciou que esperaba ver a Turquía retornando ao festival.[128] Con todo, Turquía non se incluíu na lista final de participantes para 2021.[91] A última participación do país foi en 2012.
Membros asociados da UER
[editar | editar a fonte]- Casaquistán – En agosto de 2020, a UER informou de que non tiñan intencións de invitar a Casaquistán para o festival deste ano.[129]
- Estados Unidos – En xaneiro de 2020, a UER anunciou que o país podería participar se o American Song Contest tiña éxito. Algúns entes de radiofusión dos Estados Unidos son membros asociados á UER.[130]
Non membros da UER
[editar | editar a fonte]- Kosovo – En agosto de 2020, a UER informou de que non tiñan intencións de invitar a Kosovo para o festival deste ano.[129]
- Liechtenstein – En xullo de 2020, a emisora de Liechtenstein 1 FLTV anunciou que descartaran debutar en 2021. A emisora xa tentara converterse en membro da UER no pasado pero cesou os seus plans cando o seu director, Peter Kölbel, inesperadamente faleceu. Tamén necesitaría o apoio do goberno de Liechtenstein para poder asumir o custo de ser membro da UER e pagar a cota de participación do festival.[131]
Emisoras, comentaristas e voceiros
[editar | editar a fonte]A UER realizou emisións en directo de ambas as dúas semifinais e mais a Gran Final a través da súa canle de YouTube, sen comentarios. Estes foron xeobloqueados para espectadores de Australia, Grecia, Letonia, Lituania, Ucraína, os Estados Unidos e o Reino Unido. Despois das retransmisións en directo, os tres espectáculos xa estaban dispoñibles para todos os países anteriores excepto os Estados Unidos.[132][133]
Voceiros
[editar | editar a fonte]Os voceiros que anunciaron os 12 puntos dos xurados respectivos de cada país foron os seguintes:[134]
- Israel – Lucy Ayoub (copresentador do festival de 2019)
- Polonia – Ida Nowakowska (copresentadora do Festival de Eurovisión Júnior de 2019 e 2020)
- San Marino – Monica Fabbri
- Albania – Andri Xhahu
- Malta – Stephanie Spiteri
- Estonia – Sissi
- Macedonia do Norte – Vane Markoski
- Acerbaixán – Ell & Nikki (gañadoras do festival de 2011; Eldar Gasimov copresentadora do festival de 2012)
- Noruega – Silje Skjemstad Cruz
- España – Nieves Álvarez
- Austria – Philipp Hansa
- Reino Unido – Amanda Holden
- Italia – Carolina Di Domenico
- Eslovenia – Lorella Flego
- Grecia – Manolis Gkinis
- Letonia – Aminata Savadogo (representante de Letonia en 2015)
- Irlanda – Ryan O'Shaughnessy (representante de Irlanda en 2018)
- Moldavia – Sergey Stepanov (representante de Moldavia en 2010 e 2017 como parte de SunStroke Project, tamén coñecido como "Epic Sax Guy")
- Serbia – Dragana Kosjerina
- Bulgaria – Joanna Dragneva (representante de Bulgaria en 2008 como parte de Deep Zone Project)
- Chipre – Loukas Hamatsos
- Bélxica – Danira Boukhriss
- Alemaña – Barbara Schöneberger
- Australia – Joel Creasey
- Finlandia – Katri Norrlin
- Portugal – Elisa
- Ucraína – Tayanna
- Islandia – Hannes Óli Ágústsson (caracterizando a Olaf Yohansson de Eurovision Song Contest: The Story of Fire Saga)
- Romanía – Cătălina Ponor
- Croacia – Ivan Dorian Molnar
- República Checa – Taťána Kuchařová
- Xeorxia – Oto Nemsadze (representante de Xeorxia en 2019)
- Lituania – Andrius Mamontovas (representante de Lituania en 2006 como parte de LT United)
- Dinamarca – Tina Müller
- Rusia – Polina Gagarina (representante de Rusia en 2015)
- Francia – Carla (representante de Francia no Festival de Eurovisión Júnior de 2019)
- Suecia – Carola (representante de Suecia en 1983 e 2006; gañadora do festival de 1991)
- Suíza – Angélique Beldner
- Países Baixos – Romy Monteiro[nota 18]
Emisoras e comentaristas
[editar | editar a fonte]Todas as emisoras participantes poden optar por ter comentaristas in situ ou remotos que ofrezan información sobre o espectáculo e sobre as votacións á súa audiencia local. Aínda que deben emitir polo menos a semifinal na que votan e a final, a maioría das emisoras emiten os tres programas con diferentes plans de programación. Do mesmo xeito, algunhas emisoras que non participan poden querer emitir o concurso. Estas son as emisoras que confirmaron os seus plans de emisión e/ou os seus comentaristas:
País | Show/s | Emisora/s | Comentarista/s | Ref/s |
---|---|---|---|---|
Acerbaixán | Todos | İTV | Murad Arif | [135] |
Albania | Todos | RTSH 1, RTSH Muzikë, Radio Tirana 1 | Andri Xhahu | [136][137][138] |
Alemaña | Todos | One | Peter Urban | [139][140] |
Final | Das Erste, Deutsche Welle | |||
Australia | Todos[nota 19] | SBS | Myf Warhurst e Joel Creasey | [141][142] |
Austria | Todos | ORF 1 | Andi Knoll | [143] |
Bélxica | Todos | Eén | Neerlandés: Peter Van de Veire | [144][145] |
Ketnet | Audiodescripción en neerlandés | |||
Final | Radio 2 | Neerlandés: Anja Daems e Showbizz Bart | ||
Todos | La Une,[nota 20] RTBF Auvio | Francés: Fanny Jandrain[nota 21] e Jean-Louis Lahaye | [146][147] | |
Primeira semifinal e final | VivaCité[nota 22] | |||
Bulgaria | Todos | BNT 1, BNT 4 | Elena Rosberg e Petko Kralev | [148][149][150] |
Chipre | Todos | RIK 1, RIK HD, RIK Sat | Louis Patsalides | [151] |
Croacia | Todos | HRT 1 | Duško Ćurlić | [152][153] |
Final | HR 2 | Descoñecido | [154] | |
Dinamarca | Todos | DR1 | Henrik Milling e Nicolai Molbech | [155] |
Eslovenia | Ambas as semifinais | TV Slovenija 2 | Mojca Mavec | [156][157][158][159] |
Final | TV Slovenija 1 | |||
Todos | RTV 4D, Radio Val 202 | |||
España | Ambas as semifinais | La 2 | Tony Aguilar, Julia Varela e Víctor Escudero | [160] |
Final | La 1, TVE Internacional | |||
Radio Nacional, Radio Exterior, Radio 5 | Imanol Durán | [161][162] | ||
Estonia | Todos | ETV | Estoniano: Marko Reikop | [163] |
ETV+ | Ruso: Aleksandr Hobotov e Julia Kalenda | [164] | ||
ERR | Linguaxe de signos: varios intérpretes | [165] | ||
Finlandia | Todos | Yle TV1 | Finés: Mikko Silvennoinen Sueco: Eva Frantz e Johan Lindroos Ruso: Levan Tvaltvadze |
[166][167] |
Yle Radio Suomi | Finés: Sanna Pirkkalainen e Toni Laaksonen | |||
Yle X3M | Sueco: Eva Frantz e Johan Lindroos | |||
Francia | Ambas as semifinais | Culturebox, France 4 | Laurence Boccolini | [168][169] |
Final | France 2 | Stéphane Bern e Laurence Boccolini | ||
Grecia | Todos | ERT1 | Maria Kozakou e Giorgos Kapoutzidis | [170] |
ERT Second Programme, Voice of Greece | Dimitris Meidanis | [171] | ||
Final | Giorgos Katsaros | [172] | ||
Irlanda | Ambas as semifinais | RTÉ2 | Marty Whelan | [173][174] |
Final | RTÉ One | |||
Primeira semifinal | RTÉ Radio 1 | Neil Doherty e Zbyszek Zalinski | [175][176] | |
Final | RTÉ 2FM | |||
Islandia | Todos | RÚV | Islandés: Gísli Marteinn Baldursson | [177] |
RÚV 2 | Linguaxe de signos: varios intérpretes | [178][179][180] | ||
Segunda semifinal e final | RÁS 2 | Descoñecido | [181][182][183] | |
Todos | RUV.is | Inglés: Alex Elliott | [184] | |
Israel | Todos | Kan 11, Kan Educational,[nota 23] Kan Tarbut | Asaf Liberman e Akiva Novick | [185][186] |
Italia | Ambas as semifinais | Rai 4 | Ema Stokholma e Saverio Raimondo | [187][188][189] |
Final | Rai 1 | Gabriele Corsi e Cristiano Ma |