Millstreet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Millstreet
Sráid an Mhuilinn
Condado condado de Cork
Poboación 1.500 hab.
Páxina web www.millstreet.ie
Cidade da República de Irlanda Flag of Ireland.svg

Millstreet (en inglés) ou Sráid an Mhuilinn (en irlandés, ambas formas oficiais) é un pobo no leste do Condado de Cork, Irlanda, cunha poboación de, aproximadamente, 1.500 habitantes. O Festival da Canción de Eurovisión celebrouse en Millstreet en 1993. O pobo sitúase na liña de Mallow-Killarney-Tralee da rede ferroviaria de Irlanda. A igrexa católica está dedicada a San Patricio.

En outubro do 2005, o pobo celebrou o vixésimo aniversario do seu irmandamento con Pommerit lle Vicomte na Bretaña, Francia.

En xullo de 2006, Millstreet celebrou a XXIX Convención Europea de Malabarismo. Máis de 2.000 malabaristas de máis de 40 países asistiron ao evento semanal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]