Casaquistán no Festival de Eurovisión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casaquistán

Estación membro Yel Arna
(Pendente)
Final nacional
Aparicións 0
Primeira aparición
Mellor resultado
Final
Semifinal
Peor resultado
Final
Semifinal
Ligazóns externas
[ Páxina de Casaquistán en Eurovision.tv]

Casaquistán intentou participar no Festival de Eurovisión dende o Festival de Eurovisión 2007. Isto a pesar de non ser membro da Unión Europea de Radiodifusión, un requisito fundamental para participar. Casaquistán retrasmite o festival dende o ano 2007 e tamén intenta unirse á UER dende ese mesmo ano, pero isto resulta complicado xa que unha parte do país atópase fora da Zona de Radiodifusión Europea.[1]

Por outro lado o país euroasiático pretende unirse ao Consello de Europa, que segundo un dos requisitos do acceso da UER o país onde emita a canle de televisión debe ser membro da Unión Internacional de Telecomunicacións e debe atoparse na Área de Radiodifusión Europea ou que sexa membro do Consello de Europa. Polo que cando Casaquistán sexa membro do Consello de Europa poderá participar nos festivais posteriores.

Notas[editar | editar a fonte]