Operación Triunfo 2017

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Operación Triunfo 2017 é a novena edición do programa de televisión musical Operación Triunfo en España, a cal volve emitirse na 1 tras 16 anos dende a súa primeira emisión. O programa estreouse líder de audiencia, conseguindo un 19% de cota de pantalla en horario de máxima audiencia. Durante o resto das súas emisións, o programa continuou rexistrando bos datos de audiencia. O seu récord de tempada produciuse na décima gala, anotando un 19,5% de cota con máis de 2,6 millóns de espectadores.

Os finalistas Amaia Romero e Alfred García foron elixidos representantes de España no Festival de Eurovisión 2018, nunha gala celebrada o 29 de xaneiro. O 5 de febreiro Amaia Romero coroouse gañadora cun 46% dos votos. Aitana Ocaña foi segunda e a galega Miriam Rodríguez Gallego, terceira; Alfred, cuarto e o quinto posto foi para Ana Guerra.

Produción[editar | editar a fonte]

Tras varios rumores e despois do éxito obtido por OT: O Reencontro, o 26 de abril de 2017, e tras 13 anos da súa última emisión na 1 de TVE, a súa directora de contidos confirmou que o programa regresaría, cunha novena edición que contará con catorce galas, unha por semana. Incluíndo os castings e un resumo de 25 minutos das actividades na academia.​

Poderase votar de balde a través da app, votos que se sumarán aos tradicionais feitos co teléfono.

Instalacións[editar | editar a fonte]

Os estudos do Parque Audiovisual de Cataluña, situados en Terrasa, acolleron tanto o estudio de gravación como a academia. As instalacións, que ocupaban 2 200 metros cadrados, contaban cun edificio de tres plantas e un estudio de gravación de grandes dimensións.

O equipo[editar | editar a fonte]

O 30 de agosto de 2017 anunciouse que Roberto Leal sería o encargado de conducir a nova edición de Operación Triunfo.

O claustro da academia está formado por:​

  • Noemí Galera, directora da academia, presentadora de "El chat".
  • Manu Guix, director musical.
  • Vicky Gómez, coreógrafa.
  • Mamen Márquez, directora vocal e profesora de Técnica vocal.
  • Javier Calvo e Javier Ambrossi, profesores de Interpretación.
  • Joan Carles Capdevila, coach vocal e responsable do repertorio musical.
  • Laura Andrés, coach vocal.
  • Ana Amengual, profesora de Dietética.
  • Andrea Vilallonga, profesora de Imaxe e protocolo.
  • Chris Nash, profesor de Inglés.
  • Cristina Burgos, profesora de Hip/Hop.
  • Guille Milkyway, profesor de Cultura musical.
  • Magali Dalix, profesora de Fitness.
  • Pol Chamorro, profesor de Bailes de salón.
  • Sheila Ortega, profesora de Danzas urbanas.
  • Xuan Lan, profesora de Ioga.
  • Mónica Touron, profesora de medios de comunicación.

Nesta edición decidiuse que existisen tres xurados fixos e un cuarto xurado invitado por gala.​

  • Mónica Naranjo: Cantante e compositora.
  • Manuel Martos: Produtor executivo de Universal Music.
  • Joe Pérez-Orive: Director de mercadotecnia de Live Nation.

Emisión[editar | editar a fonte]

As galas emitíanse na primeira cadea da Televisión Española, é dicir, La 1, mais tamén na TVE Internacional asemade, ás 22:35 da noite dos luns. As galas volvían a ser emitidas nos sábados das súas respectivas semanas, ás 10:30 en La 1 e ás 22:55 en Clan.

Ao rematar cada gala, comezaba, nas canles La 1 e TVE Internacional, «El Chat de OT» ás 01:30 da mañá.

Nesta edición engadiuse, na canle oficial de Operación Triunfo en YouTube e na plataforma de pago Sky España, a novidade do 24h. Grazas a isto, os espectadores podían ver o que ocorría dentro da academia dende as 08:30 da mañá ata as 23:00 da noite.

Concursantes[editar | editar a fonte]

Cepeda Galicia[editar | editar a fonte]

Cepeda foi o oitavo expulsado da edición despois da súa actuación na que interpretou « Say You Won't Let Go », de James Arthur. Ao final da Gala 9, o público decidiu, cun 73% dos votos, que Cepeda debía abandonar a academia.

O primeiro sinxelo de Cepeda, titulado « Esta vez », publicouse o 1 de xuño e debutou no número 1 na lista oficial de vendas española, sendo desta maneira o primeiro concursante masculino en conseguilo.

Raoul Cataluña[editar | editar a fonte]

Raoul foi o sétimo expulsado da edición trala súa actuación na que interpretou « Every Breath You Take », de The Police. Ao final da Gala 8, o público decidiu, cun 54% dos votos, que Raoul debía abandonar a academia.

O 19 de xuño do 2019, publicou o seu primeiro sinxelo en solitario, chamado «Estaré ahí». A canción trátase dunha balada baseada en experiencias persoais do artista. O videoclip acadou máis de 200 000 visualizacións en YouTube ao longo do primeiro día do lanzamento e o sinxelo chegou a estar no posto 1 en todas as plataformas de venda dixitais.

Mireya Bravo Andalucía[editar | editar a fonte]

Mireya Bravo foi a sexta expulsada da edición logo da súa actuación na que interpretou « Ni un paso atrás », de Malú. Ao final da Gala 7, o público decidiu, cun 53% dos votos, que Mireya debía abandonar a academia.

O 22 de xuño do 2018, Mireya publicou « Tu Reflejo », o seu álbum debut. Ese mesmo día tamén lanzou o seu primeiro sinxelo, chamado « Corazón vendío », que está incluído no disco. « Tu reflejo » debutou na posición número 2 das listas de vendas de álbums españois.

Ricky Merino Illas Baleares[editar | editar a fonte]

Ricky Merino foi o quinto expulsado da edición despois da súa actuación na que interpretou « Let Me Entertain You », de Robbie Williams. Ao final da Gala 6, o público decidiu, cun 53% dos votos, que Ricky debía abandonar a academia.

O 26 de novembro do 2018, Ricky estreou o seu primeiro sinxelo « Miénteme », adaptación ao castelán de « Lie To Me », tema que compuxo antes de entrar no concurso. O sinxelo debutou no número 1 das listas de vendas das plataformas dixitais en España. O videoclip da canción, porén, foi censurado en YouTube aos tres días do lanzamento polo seu contido sexual, séndolle aplicado unha restrición de idade por parte de dita plataforma.[1]

Marina Andalucía[editar | editar a fonte]

Marina foi a cuarta expulsada da edición trala súa actuación na que interpretou « The Voice Within », de Christina Aguilera. Ao final da Gala 5, o público decidiu, cun 63% dos votos, que Marina debía abandonar a academia.

O 21 de setembro do 2018, baixo o nome de Marina Jade, lanzou o seu primeiro sinxelo titulado « Drinking Like I'm Sober », composto por Ruth Lorenzo.[2] Marina foi a primeira dos concursantes en sacar unha canción en inglés, que debutou na posición 99 de cancións máis vendidas en España e acadou máis de 450 000 visualizacións en menos de 48 horas na plataforma de YouTube.

Thalía Garrido Estremadura[editar | editar a fonte]

Thalía Garrido foi a terceira expulsada da edición logo da súa actuación na que interpretou « Cenizas », de Malú. Ao final da Gala 4, o público decidiu, cun 69% dos votos, que Thalía debía abandonar a academia.

En outubro de 2018, cando se estaba por cumprir o aniversario da súa saída do concurso, Thalía era unha das poucas concursantes da edición que aínda non publicara o seu primeiro traballo. Xusto no momento no que a artista proxectaba sacar o seu primeiro sinxelo, as súas redes sufriron o ataque dun hacker turco que, amais de xerar moitas bromas e memes, estivo a punto de rematar coa paciencia da cantante.

Finalmente, Thalía recuperou as súas contas e puido anunciar o seu primeiro sinxelo, « Quien Quiero Ser », que debutaría no mercado musical o 23 de novembro do 2018.

Juan Antonio [editar | editar a fonte]

Juan Antonio foi o segundo expulsado da edición despois da súa actuación na que interpretou « A puro dolor », de Son By Four. Ao final da Gala 3, o público decidiu, cun 91% dos votos, que Juan Antonio debía abandonar a academia.

O 7 de setembro do 2018, Juan Antonio publicou o seu primeiro sinxelo chamado « No te echo de menos », que se posicionou no número 1 de iTunes e conseguiu obter máis de 800 000 visualizacións en YouTube en menos dun mes.

Mimi Andalucía[editar | editar a fonte]

Mimi, agora máis coñecida como Lola Índigo, foi a primeira expulsada da edición, logo da súa actuación na que interpretou « A-Yo », de Lady Gaga. Ao final da Gala 2, o público decidiu, cun 53% dos votos, que Mimi debía abandonar a academia.

O 20 de xullo do 2018, xa baixo o pseudónimo de Lola Índigo, lanzou o seu primeiro sinxelo « Ya no quiero ná », o cal debutou no número 3 na lista oficial de vendas española, conseguindo vender máis de 80 000 copias e sendo certificado como dobre Disco de Platino. Amais, o videoclip acadou o millón de visualizacións en 24 horas.

Estatísticas semanais[editar | editar a fonte]

Favorito da semana[editar | editar a fonte]

Durante a semana o público podía votar ao seu concursante favorito a través da aplicación oficial. A persoa que era pregoada « favorito/a da semana » tiña o privilexio de librarse do xuízo do xurado, é dicir, asegurábase a súa estadía na academia polo menos dúas semanas máis.

Os concursantes nomeados non podían ser candidatos a « favorito/a da semana », xa que só se enfrontaban á votación de expulsión.

Gala 1 Gala 2 Gala 3 Gala 4 Gala 5 Gala 6 Gala 7 Gala 8 Gala 9 N.o de voltas no podio
Amaia Candidata Favorita Favorita Candidata Candidata Favorita Candidata Candidata 8
Aitana Favorita Candidata Candidata Candidata Candidata Candidata Candidata Favorita 8
Miriam 0
Alfred Candidato Favorito Favorito Candidato Candidato 5
Ana Guerra Favorita 1
Agoney Nomeado 0
Roi Candidato Nomeado Favorito Nomeado[3] 3
Nerea Nomeada 0
Cepeda Candidato Nomeado Nomeado[4] Nomeado Nomeado Nomeado Expulsado 2
Raoul Nomeado Expulsado 0
Mireya Nomeada Nomeada Expulsada 0
Ricky Nomeado Nomeado Expulsado 0
Marina Nomeada Expulsada 0
Thalía Nomeada Expulsada 0
Juan Antonio Nomeado Expulsado 0
Mimi Nomeada Expulsada 0
  •      Concursante favorito/a da semana.
  •      Concursante candidato/a a favorito/a da semana.
  •      Concursante nomeado/a.
  •      Concursante expulsado/a.

Votacións dos concursantes[editar | editar a fonte]

Após o xuízo do xurado, os concursantes decidían, a través dunha votación, que compañeiro/a desexaban salvar do nomeamento.

Gala 1 Gala 2 Gala 3 Gala 4 Gala 5 Gala 6 Gala 7 Gala 8 Gala 9 Gala 10 Votos totais recibidos
Amaia Roi Ana G. Cepeda Mireya Miriam Cepeda Ana G. Alfred Alfred Aitana -
Aitana Mimi Juan A. Cepeda Ricky Cepeda Cepeda Cepeda Cepeda Alfred Nomeada 2
Miriam Roi Juan A. Marina Mireya Nomeada Nomeada Raoul Alfred Agoney Roi 9
Alfred Roi Ana G. Marina Ricky Ricky Miriam Ana G. Nomeado Nomeado Ana G. 8
Ana Guerra Mimi Nomeada Cepeda Ricky Cepeda Mireya Nomeada Roi Alfred Nomeada 11
Agoney Ricky Ana G. Marina Ricky Miriam Miriam Raoul Alfred Nomeado Aitana 1
Roi Nomeado Nomeado Cepeda Ricky Cepeda Cepeda Ana G. Nomeado Alfred Nomeado 9
Nerea Ricky Ana G. Thalía Ricky Miriam Miriam Raoul Alfred Nomeada Expulsada 0
Cepeda Roi Juan A. Nomeado Ricky Nomeado Nomeado Nomeado Nomeado Expulsado 12
Raoul Roi Juan A. Marina Mireya Miriam Miriam Nomeado Expulsado 3
Mireya Mimi Juan A. Marina Nomeada Miriam Nomeada Expulsada 4
Ricky Nomeado Ana G. Marina Nomeado Nomeado Expulsado 9
Marina Mimi Ana G. Nomeada Nomeada Expulsada 6
Thalía Roi Ana G. Nomeada Expulsada 1
Juan Antonio Roi Nomeado Expulsado 5
Mimi Nomeada Expulsada 4
  •      Concursante nomeado/a, salvado/a polo voto dos seus compañeiros.
  •      Concursante nomeado/a, falto/a do voto de salvamento dos seus profesores e compañeiros.
  •      Concursante expulsado/a.

Expulsións[editar | editar a fonte]

O público votaba para salvar ao seu concursante favorito, polo tanto, o/a expulsado/a era o/a concursante coa porcentaxe de votos máis baixa:

  • Algúns dos concursantes de OT 2017 na gala dos Premios Forqué 2018.
    Gala 0: Mimi (45%) / João (39%) / Mario (16%).
  • Gala 2: Ricky (53%) / Mimi (47%).
  • Gala 3: Roi (91%) / Juan Antonio (9%).
  • Gala 4: Cepeda (69%) / Thalía (31%).
  • Gala 5: Mireya (63%) / Marina (37%).
  • Gala 6: Cepeda (53%) / Ricky (47%).
  • Gala 7: Cepeda (53%) / Mireya (47%).
  • Gala 8: Cepeda (54%) / Raoul (46%).
  • Gala 9: Roi (73%) / Cepeda (27%).
  • Gala 10: Agoney (53%) / Nerea (47%).
  • Gala 11: Ana Guerra (51%) / Roi (49%).
  • Gala 12: Ana Guerra (50,3%) / Agoney (49,7%).

Puntuacións do xurado na Gala 11[editar | editar a fonte]

Concursante Xurado Total Media
Manuel Martos Mónica Naranjo Joe Pérez-Orive Julia Gómez
Agoney 8,0 9,0 7,0 9,0 33 8,25
Aitana 9,0 8,0 8,0 9,0 34 8,5
Alfred 9,0 8,0 10,0 8,0 35 8,75
Amaia 10,0 10,0 10,0 10,0 40 10
Ana Guerra 8,0 7,0 8,0 6,0 29 7,25
Miriam 8,0 9,0 10,0 9,0 36 9

Galas[editar | editar a fonte]

Operación Triunfo 2017 contou con catorce galas normais e tres galas especiais. Logo de anunciar, en cada gala, o nome do concursante expulsado, sinalábanse aos tres concursantes con máis votos durante esa semana, e o que posuíse o maior número era pregoado favorito. Este era sempre o primeiro en cruzar a pasarela e non podía ser nomeado. Ao final da noite, dous novos concursantes eran propostos para abandonar a academia.

Gala 0 - Luns, 23 de outubro do 2017[editar | editar a fonte]

N.º Canción Aspirante Xuízo
1 «Bang Bang» (Jessie J, Ariana Grande e Nicki Minaj) Aitana Salvada polo xurado > Entra na academia
2 «Sofía» (Álvaro Soler) Mario Proposto polo xurado > Eliminado polo público > Non entra na academia
3 «No te pude retener» (Vanesa Martín) Miriam Salvada polo xurado > Entra na academia
4 «Purple Rain» (Prince) Agoney Salvado polo xurado > Entra na academia
5 «Georgia on my Mind» (Ray Charles) Alfred Salvado polo xurado > Entra na academia
6 «Don't Cha» (Pussycat Dolls) Mimi Proposta polo xurado > Salvada polo público > Entra na academia
7 «Pasos de cero» (Pablo Alborán) Juan Antonio Salvado polo xurado > Entra na academia
8 «Break Free» (Ariana Grande) Thalía Proposta polo xurado > Salvada polos profesores > Entra na academia
9 «Tú me obligaste» (Antonio José) Cepeda Salvado polo xurado > Entra na academia
10 «Girl on Fire» (Alicia Keys) Marina Salvada polo xurado > Entra na academia
11 «Adventure of a Lifetime» (Coldplay) Ricky Salvado polo xurado > Entra na academia
12 «Hoy» (India Martínez) Mireya Salvada polo xurado > Entra na academia
13 «Catch and Release» (Matt Simons) Raoul Salvado polo xurado > Entra na academia
14 «Stand by Me» (Ben E. King) João Proposto polo xurado > Eliminado polo público > Non entra na academia
15 «Qué hay más allá» (María Parrado) Nerea Salvada polo xurado > Entra na academia
16 «Starman» (David Bowie) Amaia Proposta polo xurado > Salvada polos profesores > Entra na academia
17 «Cómo te atreves» (Morat) Ana Guerra Salvada polo xurado > Entra na academia
18 «Don't Worry» (Madcon) Roi Salvado polo xurado > Entra na academia

Gala 1 - Luns, 30 de outubro do 2017[editar | editar a fonte]

N.º Canción Concursante Xuízo
1 «Runnin' (Lose It All)» (Naughty Boy con Beyoncé) Miriam Salvada polo xurado
1 Agoney Salvado polo xurado
2 «No puedo vivir sin ti» (Los Ronaldos) Aitana Favorita do público
2 Cepeda Salvado polo xurado
3 «Tu enemigo» (Pablo López e Juanes) Ricky Proposto polo xurado > Nomeado
3 Roi Proposto polo xurado > Salvado polos compañeiros
4 «Cake by the Ocean» (DNCE) Raoul Salvado polo xurado
4 Thalía Salvada polo xurado
5 «Las cuatro y diez» (Luis Eduardo Aute) Amaia Salvada polo xurado
5 Nerea Salvada polo xurado
6 «Don't you worry 'bout a thing» (Tori Kelly) Ana Guerra Proposta polo xurado > Salvada polos profesores
6 Mimi Proposta polo xurado > Nomeada
7 «¡Corre!» (Jesse & Joy) Juan Antonio Salvado polo xurado
7 Mireya Salvada polo xurado
8 «Don't Dream It's Over» (Crowded House) Alfred Salvado polo xurado
8 Marina Salvada polo xurado

Gala 2 - Luns, 6 de novembro do 2017[editar | editar a fonte]

  • Actuación grupal: «Te quiero» (José Luis Perales).
  • Artistas convidados: Morat («Yo contigo, tú conmigo») con Cepeda.
  • Xurado convidado: Wally López.
N.º Canción Concursante Xuízo
1 «A-Yo» (Lady Gaga) Mimi Expulsada polo público (47%)
2 «One Song Glory» (Musical "Rent") Ricky Salvado polo público (53%) > Salvado polo xurado
N.º Canción Concursante Xuízo
3 «Todas las flores» (Presuntos Implicados) Amaia Favorita do público (19%)
3 Ana Guerra Proposta polo xurado > Salvada polos compañeiros
4 «Malibu» (Miley Cyrus) Miriam Salvada polo xurado
4 Roi Proposto polo xurado > Nomeado
5 «Sentir» (Luz Casal) Marina Salvada polo xurado
5 Mireya Salvada polo xurado
6 «Can't Stop the Feeling!» (Justin Timberlake) Aitana Proposta polo xurado > Salvada polos profesores
6 Agoney Salvado polo xurado
7 «Will You Still Love Me Tomorrow» (Leslie Grace) Nerea Salvada polo xurado
7 Thalía Salvada polo xurado
8 «Reggaetón lento (Bailemos)» (CNCO) Cepeda Salvado polo xurado
8 Juan Antonio Proposto polo xurado > Nomeado
9 «Everytime You Go Away» (Paul Young) Alfred Salvado polo xurado
9 Raoul Salvado polo xurado

Gala 3 - Luns, 13 de novembro do 2017[editar | editar a fonte]

  • Actuación grupal: «I'm Still Standing» (Elton John).
  • Artistas convidados: Blas Cantó («In Your Bed») e India Martínez («Aguasanta»).
  • Xurado convidado: Julia Gómez Cora.
N.º Canción Concursante Xuízo
1 «A puro dolor» (Son By Four) Juan Antonio Expulsado polo público (9%)
2 «When we were young» (Adele) Roi Salvado polo público (91%) > Salvado polo xurado
N.º Canción Concursante Xuízo
3 «La quiero a morir» (Jarabe de Palo con Alejandro Sanz) Raoul Salvado polo xurado
3 Mireya Salvada polo xurado
4 «Issues» (Julia Michaels) Aitana Salvada polo xurado
5 «Mientes» (Camila) Agoney Salvado polo xurado
5 Ricky Salvado polo xurado
6 «Cuídate» (La Oreja de Van Gogh) Ana Guerra Salvada polo xurado
6 Nerea Proposta polo xurado > Salvada polos profesores
7 «Euphoria» (Loreen) Miriam Salvada polo xurado
7 Thalía Proposta polo xurado > Nomeada
8 «Complicidad» (Vanesa Martín con Manuel Medrano) Cepeda Proposto polo xurado > Nomeado
8 Marina Proposta polo xurado > Salvada polos compañeiros
9 «City of Stars» (Ryan Gosling e Emma Stone) Alfred Salvado polo xurado
9 Amaia Favorita do público (22%)

Gala 4 - Luns, 20 de novembro do 2017[editar | editar a fonte]

N.º Canción Concursante Xuízo
1 «Dancing on My Own» (Calum Scott) Cepeda Salvado polo público (69%) > Salvado polo xurado
2 «Cenizas» (Malú) Thalía Expulsada polo público (31%)
N.º Canción Concursante Xuízo
3 «Con las ganas» (Zahara) Aitana Salvada polo xurado
3 Amaia Salvada polo xurado
4 «Symphony» (Clean Bandit con Zara Larsson) Agoney Salvado polo xurado
4 Nerea Salvada polo xurado
5 «La media vuelta» (Luis Miguel) Miriam Proposta polo xurado > Salvada polos profesores
6 «Dancing in the Moonlight» (Toploader) Marina Proposta polo xurado > Nomeada
6 Raoul Salvado polo xurado
7 «Madre Tierra (Oye)» (Chayanne) Ricky Proposto polo xurado > Salvado polos compañeiros
7 Mireya Proposta polo xurado > Nomeada
8 «There's Nothing Holdin' Me Back» (Shawn Mendes) Ana Guerra Salvada polo xurado
8 Roi Salvado polo xurado
9 «Amar pelos dois» (Salvador Sobral) Alfred Favorito do público (28%)

Gala 5 - Luns, 27 de novembro do 2017[editar | editar a fonte]

  • Actuación grupal: «La revolución sexual» (La Casa Azul).
  • Artistas convidados: Romeo Santos («Imitadora») e Beatriz Luengo («Más que suerte») con Agoney.
  • Xurado convidado: Tony Aguilar.
N.º Canción Concursante Xuízo
1 «The Voice Within» (Christina Aguilera) Marina Expulsada polo público (37%)
2 «Cuando nadie me ve» (Niña Pastori) Mireya Salvada polo público (63%) > Salvada polo xurado
N.º Canción Concursante Xuízo
3 «El mismo sol» (Álvaro Soler e Jennifer López) Aitana Salvada polo xurado
3 Alfred Favorito do público (18,7%)
4 «Estoy hecho de pedacitos de ti» (Antonio Orozco) Cepeda Proposto polo xurado > Nomeado
4 Miriam Proposta polo xurado > Salvada polos compañeiros
5 «Rise Like a Phoenix» (Conchita Wurst) Agoney Proposto polo xurado > Salvado polos profesores
6 «(I've Had) The Time of My Life» (Bill Medley e Jennifer Warnes) Nerea Salvada polo xurado
6 Ricky Proposto polo xurado > Nomeado
7 «La Bikina» (Luis Miguel) Ana Guerra Salvada polo xurado
8 «Shape of You» (Ed Sheeran) Amaia Salvada polo xurado
8 Roi Salvado polo xurado
9 «Million Reasons» (Lady Gaga) Raoul Salvado polo xurado

Concursantes[editar | editar a fonte]

N.º Concursante Idade Residencia
1 Amaia Romero 19 anos Pamplona
2 Aitana Ocaña 18 anos Sant Climent de Llobregat
3 Miriam Rodríguez 21 anos Pontedeume
4 Alfred García 20 anos El Prat de Llobregat
5 Ana Guerra 23 anos San Cristóbal de La Laguna
6 Agoney Hernández 22 anos Adeje
7 Roi Méndez 24 anos Santiago de Compostela
8 Nerea Rodríguez 18 anos Gavà
9 Luis Cepeda 28 anos Ourense
10 Raoul Vázquez 20 anos Montgat
11 Mireya Bravo 20 anos Alhaurín de la Torre
12 Ricky Merino 31 anos Palma
13 Marina Rodríguez 19 anos Montequinto
14 Thalía Garrido 18 anos Malpartida de Plasencia
15 Juan Antonio Cortés 23 anos Bilbao
16 Mimi Doblas 25 anos Huétor Tájar

Aspirantes eliminados na Gala 0

17 Joao Henrique 21 anos Madrid
18 Mario Ortiz 21 anos Madrid

Notas[editar | editar a fonte]