Olympic Indoor Hall
Olympic Indoor Hall Ολυμπιακό Κλειστό Γυμναστήριο | |
---|---|
Datos | |
Localización | Maroussi, Atenas |
Construción | |
Inauguración | 1995 |
Renovación | 2004 |
Estadio | |
Superficie | Parquet |
Capacidade | 19.250 espectadores |
Propietario | Estado de Grecia |
Localía | K.A.E. Panathinaikos (HEBA) |
Eventos | |
O Olympic Indoor Hall ou OAKA Indoor Hall (en grego: Ολυμπιακό Κλειστό Γυμναστήριο, Olympiako Kleisto Gymnastirio) é unha instalación deportiva adicada especialmente á disputa de partidos de baloncesto situada no Complexo Olímpico de Deportes de Atenas (CODA, en grego: Ολυμπιακό Αθλητικό Κέντρο Αθηνών ou OAKA).
Características[editar | editar a fonte]
O Olympic Indoor Hall foi rematado en 1995 e foi o pavillón cuberto máis grande utilizado durante os Xogos Olímpicos de 2004 en Atenas, Grecia. Esta localizado na cidade dormitorio de Maroussi. Está considerado un dos máis grandes pavillóns modernos de toda Europa con capacidade para 19.250 espectadores.
É o pavillón habitual do Panathinaikos e da selección de baloncesto de Grecia.