Štark Arena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Belgrade Arena»)
Štark Arena
Belgrade Arena north.jpg
Datos
LocalizaciónFlag of Serbia.svg Belgrado, Serbia
Nomes antigosBelgrade Arena (2004–2012)
Kombank Arena (2012–2017)
Construción
Inauguración31 de xullo de 2004
ArquitectoVlada Slavica
Custo€70 millóns de EUR
Estadio
Capacidade18.386 espectadores
PropietarioCidade de Belgrado
LocalíaKK Crvena zvezda
KK Partizan
Eventos
EuroBasket 2005
Eurovisión (2008)

O Štark Arena (en serbio: Штарк арена) é un pavillón multiusos situado na cidade de Belgrado, capital de Serbia. Deseñado para a realización de diversos eventos culturais e deportivos (incluíndo baloncesto, balonmán e tenis, entre outros), ten unha superficie total que supera os 48.000 m²[1] e unha capacidade que pode chegar até os 20.000 espectadores.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

A súa construción comezou en 1992 co fin de ser sede do Campionato Mundial de Baloncesto de 1994; con todo, os efectos da Guerra de Iugoslavia na economía serbia atrasaron o desenvolvemento do recinto e finalmente, produto dos embargos e sancións establecidas contra a República Federal de Iugoslavia, o evento foi cancelado e a construción eventualmente foi paralizada durante 1995. En 1998, as faenas comezaron novamente para poder terminar o recinto antes da realización do campionato mundial de tenis de mesa, o que sería cancelado igualmente debido ao bombardeo de Belgrado produto da Guerra de Kosovo.

Tralo derrocamento de Slobodan Milošević (2000) e o fin das sancións impostas contra Serbia, os labores para finalizar o Beogradska Arena retomáronse. O recinto foi inaugurado o 31 de xullo de 2004 e tivo un custo estimado que superou os 70 millóns,[3] que a converteron nunha das areas máis grandes de Europa. Dentro dos principais eventos realizados no recinto atópanse o EuroBasket 2005, diversos campionatos deportivos continentais e o Festival de Eurovisión 2008.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Grad Beograd". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 27 de abril de 2010. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2014. Consultado o 18 de xullo de 2014. 
  3. Novosti | Vecernje novosti | Sport[Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]