Festival de Eurovisión 1997
| Festival de Eurovisión 1997 | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||
O XLII Festival de Eurovisión foi celebrado o 3 de maio de 1997 no Point Theatre de Dublín, Irlanda con 3.500 espectadores. Os presentadores foron o cantante Ronan Keating e a presentadora Carrie Crowley.
Katrina & The Waves, representando ao Reino Unido, foron os vencedores con tema "Love Shine a Light", recibindo a máxima puntuación de dez países cun total de 227 puntos, resultado que permaneceu como o máis alto ata a chegada do sistema de semifinais en 2004, edición a partir da cal permitiuse que os países eliminados puidesen tamén emitir os seus votos, aumentando considerablemente o número de votos.
Logo da controversia creada o ano anterior co sistema de preselección de países para participar no festival, introduciuse un novo sistema: os países coa media máis baixa de puntos durante os cinco anos anteriores quedarían excluídos para o festival deste ano. Deste xeito, o número de participantes activos quedaría reducido a só vinte e cinco.
Israel decidiu non participar ao coincidir a data de celebración do certáme co Día en recordo do Holocausto, sendo cedida a súa praza a Bosníaca e Herzegovina. Tamén foi a última vez que Italia participa no festival ata a edición de 2011.
Nesta edición, cinco países (Alemaña, Austria, Suecia, Suíza e o Reino Unido) utilizaron por primeira vez o sistema do voto telefónico como unha forma de contrarrestar os baixos índices de audiencia nestes países e de achegar o evento a unha audiencia máis jóven. Os resultados do televoto, foron nalgúns casos, distintos aos entregados polo xurado profesional. Islandia, por exemplo, recibiu 16 dos seus 18 puntos grazas a este sistema.
O escenario estaba inspirado no novo mundo das telecomunicacións. Anna Maria Jopek, Marcos Llunas, Alla Pugacheva, ou os vencedores Katrina & The Waves foron algúns dos nomes máis importantes desta edición.
Participantes
[editar | editar a fonte]A seguinte táboa mostra os resultados das 25 cancións participantes. Os países en letra grosa clasificaron automaticamente para a edición de 1998.
| # | País e TV | Intérprete(s) | Canción | Lingua | Lugar | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | CyBC | Hara & Andreas Constantinou | Mana mou | Greego | 5 | 98 |
| 2 | TRT | Şebnem Paker & Grup Etnic | Dinle | Turco | 3 | 121 |
| 3 | NRK | Tor Endresen | San Francisco | Noruegués | 24 | 0 |
| 4 | ORF | Bettina Soriat | One step | Alemán | 21 | 12 |
| 5 | RTÉ | Marc Roberts | Mysterious woman | Inglés | 2 | 157 |
| 6 | RTVSLO | Tanja Ribič | Zbudi se | Esloveno | 10 | 60 |
| 7 | SSR SRG | Barbara Berta | Dentro di me | Italiano | 23 | 5 |
| 8 | NOS | Mrs. Einstein | Niemand heeft nog tijd | Neerlandés | 22 | 5 |
| 9 | RAI | Jalisse | Fiumi di parole | Italiano | 4 | 114 |
| 10 | TVE | Marcos Llunas | Sin Rencor | Español | 6 | 96 |
| 11 | ARD | Bianca Shomburg | Zeit | Alemán | 19 | 22 |
| 12 | TVP | Anna Maria Jopek | Ale jestem | Polaco | 11 | 54 |
| 13 | ERR | Maarja-Liis Ilus | Keelatud maa | Estoniano | 8 | 82 |
| 14 | RTVBIH | Alma Čardžić | Goodbye | Bosníaco | 18 | 22 |
| 15 | RTP | Célia Lawson | Antes do adeus | Portugués | 24 | 0 |
| 16 | SVT | Blond | Bara hon älskar mig | Sueco | 14 | 36 |
| 17 | ERT | Marianna Zorba | Horepse | Grego | 12 | 39 |
| 18 | PBS | Debbie Scerri | Let me fly | Inglés | 9 | 66 |
| 19 | MTV | V.I.P. | Miért kell, hogy elmenj? | Húngaro | 13 | 39 |
| 20 | ORT | Alla Pugachova | Primadonna | Ruso | 15 | 33 |
| 21 | DR | Kølig Kaj | Stemmen i mit liv | Dinamarqués | 16 | 25 |
| 22 | FT2 | Fanny | Sentiments songes | Francés | 7 | 95 |
| 23 | HRT | E.N.I. | Probudi me | Croata | 17 | 24 |
| 24 | BBC | Katrina & The Waves | Love Shine a Light | Inglés | 1 | 227 |
| 25 | RÚV | Paul Oscar | Minn hinsti dans | Islandés | 20 | 18 |
Votación
[editar | editar a fonte]Sistema de votación
[editar | editar a fonte]Cada país tiña un xurado de 16 membros (fóra diso os países que ocuparon o voto telefónico) co que se outorgaba de 12, 10, 8, 7, 6, 5, 4, 3, 2 a 1 puntos aos seus dez cancións favoritas.
Táboa de votacións
[editar | editar a fonte]Procedemento de votación usado:
| Votación realizada so por televoto. |
| Votación realizada so por xurado. |
Máximas puntuaciones
[editar | editar a fonte]Trala votación os países que recibiron 12 puntos (máxima puntuación que podía outorgar o xurado) foron:
| N. | A | De |
|---|---|---|
| 10 | Austria, Irlanda, Suíza, Países Baixos, Suecia, Hungría, Rusia, Dinamarca, Francia, Croacia | |
| 3 | España, Alemaña, Bosnia e Hercegovina | |
| 3 | Noruega, Polonia, Estonia | |
| 2 | Grecia, Islandia | |
| 1 | Reino Unido | |
| 1 | Eslovenia | |
| 1 | Portugal | |
| 1 | Turquía | |
| 1 | Italia | |
| 1 | Chipre | |
| 1 | Malta |
Xurado español
[editar | editar a fonte]O xurado español para esta edición estivo presentado por José Manuel Parada e composto polo piloto Fernando González, a actriz María Esteve, o estudante Manuel do Rosario, a xornalista Yolanda Flores, o cantante Antonio Carbonell (representante en 1996), a estudante Beatriz Rojo, o monitor de equitación Fernando Arias, a cantante Miryam Fultz, a actriz Mari Carrillo, o compositor Javier López de Guereña, a cantante Eva Santamaría (representante en 1993), o deseñador Pepe Louro, a médica Ana Ojeda, o humorista Josele, a ama de casa Pilar Darder e o xornalista Manolo HH. Actuou como presidente Enric Frigola, director do Centro de Televisión Española en Cataluña. O notario foi José Manuel da Cruz Lagunero, o secretario foi Javier González e a portavoz dos votos foi Belén Fernández de Henestrosa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Predecesor: |
Festival da Canción de Eurovisión Dublín 1997 |
Sucesor: |